"Pensar é como vivir dúas veces"
Cicerón
Xosé Manuel Beiras é unha das figuras políticas e intelectuais máis destacadas dos últimos 50 anos en Galicia. Referente ideolóxico para boa parte do nacionalismo e a esquerda deste país, o seu pensamento e a súa acción están detrás dalgunhas das iniciativas políticas e sociais máis dinámicas dos últimos anos, non só no territorio galego. Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos.
E, con todo, estaba pendente abordar nun documental algo do que é, cal é a súa vida, cales son as súas vidas.
Hoxe Beiras está –relativamente- arredado da actividade pública. Pero mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, Beiras. Vivir2Veces non quere ser un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras.
Con el, repasamos a súa traxectoria seguindo dúas pistas: dunha banda, os lugares que mellor o identifican; e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas. Ese repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do noso protagonista: a conversa.Ninguén, e menos Beiras, vive illado. Buscamos o encontro con algunha da xente coa que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.
Beiras. Vivir2Veces ten, naturalmente, dúas vidas. Dunha banda, a dunha longametraxe documental que fará o seu percorrido por festivais, salas, plataformas, televisións... Doutra, a dun webdoc, un espazo online onde sexas ti quen seleccione o material, onde poidas acceder ás charlas íntegras, ás reflexións sen cortes, onde debullar con calma na procura dos detalles.
Procuramos construír un espazo público de consulta online que permita a cada espectador elaborar a súa propia imaxe crítica sobre canto se reflexiona no proxecto, obter datos específicos de cada tema, gozar ao seu ritmo por este camiño cheo de historias.
A cada unha das vantaxes, beneficios ou obras que podes adquirir sendo mecenas dun proxecto de crowdfunding chamámolas recompensas. Segundo os teus intereses e a túa achega podes acceder a todas as que che propoñemos a continuación
Beiras. Vivir2Veces é a primeira longametraxe de OlloVivo, unha produtora audiovisual constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón, tres profesionais independentes que buscaron un espazo onde desenvolver xuntos proxectos que, por algunha razón, se saísen do seu traballo habitual en cinema e televisión. OlloVivo é un lugar de encontro desde o cal Jorge, Gaspar e Pepe procuran unha ollada propia, comprometida cunha historia e cuns personaxes. Beiras. Vivir2Veces é, ademais, un proxecto codirixido por Gaspar, Pepe e Jorge, un traballo colectivo para construír unha historia libre e necesaria.
Guionista e produtor executivo de longa traxectoria e recoñecemento, no campo da ficción participou en series como Vidago Palace, Luci, Grand Nord, Hispania, As Leis de Celavella ou Mareas Vivas. Dirixiu a longametraxe documental A Seara, así como o desenvolvemento de numerosos proxectos documentais e televisivos como Cos pes na terra, A viaxe de Leslie, Eloxio da Distancia ou Hai que mollarse. Actualmente é produtor executivo e creador da serie Hierro para Movistar+
Dirixiu 2 longametraxes de ficción, O Ano da Carracha e 18 Comidas, coa que colleitou numerosos premios internacionais. En televisión leva dirixido multitude de series tanto para TVG (Terras de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares, Luci) como para cadeas españolas (El Comisario, RIS, Pelotas ou Sé quién eres). Tamén dirixiu os documentais Torre de Breoghán, ¿Qué culpa tiene el tomate? ou Días de reparto. Gañador do Goya á mellor montaxe por O Descoñecido, actualmente está a dirixir a serie Hierro para Movistar+
Vén de producir a súa primeira longametraxe documental, Esquece Monelos, o documental galego máis galardoado dos últimos anos. No campo televisivo destaca na realización de formatos de realidade (Deportes Imposibles – para a cadea A&E- Buscando Ardebullo, ÉcheAsí, TocToc, ou De quen ves sendo? – para TVG) e na montaxe de documentais e programas de televisión
En OlloVivo estamos tamén encantados de presentarvos a outros grandes profesionais que son fundamentais para este proxecto.
Vivir2Veces xorde das conversas co guionista, produtor e promotor cultural Fernando Rodríguez para achegármonos xuntos á figura de Beiras. Súa é a idea orixinal desta viaxe. Fernando ten publicado media ducia de libros entre os que destacan A Mala Idea, Miradas Ausencias e El tiempo todo, locura. No terreo documental ten producido obras como Patifas, Seis Estrelas ou Voluntarios no Camiño.
Un dos directores de fotografía máis destacados do audiovisual galego na actualidade. Responsable, entre outras, da imaxe da longametraxe Esquece Monelos, que lle valeu o seu primeiro premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, Jaime compaxina o seu traballo como responsable de fotografía en publicidade, documental e ficción co manexo de steadycam en todo tipo de producións para cinema e televisión.
Os fondos obtidos co crowdfunding irán destinados integramente á produción da longametraxe documental e das recompensas para os mecenas. Desde o primeiro día pensamos que a mellor vía de financiamento deste proxecto era o micromecenado. Queríamos unha película feita por e para cidadáns a quen, coma a nós, lles resultaría demasiado estraño que un documental como Beiras. Vivir2Veces non se realizase. Rodaremos esta película sen outro apoio financeiro que a achega de quen decida participar neste mecenado e completaremos o orzamento coa nosa propia achega laboral e creativa.
O obxectivo mínimo para poder sacar adiante este proxecto eran 10.000 euros que acadamos en menos dun mes coa colaboración de máis de 200 mecenas. Decidimos entón ampliar a 12.500 euros co obxectivo de mellorar os medios e os tempos da longametraxe e o webdoc, dando un pequeno salto de calidade que nos permita contar mellor esta historia. O gasto repártese nas seguintes partidas:
18 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Fernando Tenreiro
Éxitos a todo o equipo neste necesario documental. Saúdos!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Antonio González Rodríguez
É unha obriga. Este pais necesita saber a súa esencia
Antonio González Rodríguez
É unha obriga. Este pais necesita saber a súa esencia
Oscar Sanchez Gracia
Soy de Madrid e internacionalista, pero admiro a este político. Mucha suerte con el proyecto,
Valentí Acconcia
¡Felicidades equipo y a seguir a por todas!
Montserrat Recalde
👏👏👏