❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

50º aniversario do Barrio das Flores

50 anos non se cumpren tódolos días! No Barrio queremos celebralo cun evento festivo e cultural que lembrarás outros 50 anos máis!

Categoría

Creado en

A Coruña
0
segundos
11
Achegas
378€
De 4.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

50º Aniversario do Barrio das Flores

Non tódolos días se cumpren 50 anos! Por iso, no Barrio das Flores queremos celebralo por todo o alto, cun evento festivo e cultural que lembraremos durante outros cincuenta anos máis.

Somos a Plataforma Veciñal do Barrio das Flores. Dende esta asociación temos organizado os Mercados das Flores nos anos anteriores, atraendo ao barrio a milleiros de persoas que desfrutaron de boa música, comida, entretemento e mercadillos de produtos artesanais, coleccionables e curiosos.

Este ano, con motivo do 50º aniversario do Barrio, queremos facer algo especial, organizando un evento durante os días 8, 9 e 10 de setembro.

Comezamos o día 8 de setembro cunha velada de boxeo organizada polo club deportivo Ludus Box. Este día contaremos coa presenza dunha orquestra que amenizará a velada. Durante esta xornada terán lugar tamén actividades infantís.

O día 9 de setembro organizaremos o Flores Rock, con grupos de primeira liña, que iremos presentando nas próximas semanas.

Por último, o día 10 de setembro, volverá o tan esperado Mercado das Flores, despois dunha pausa de tres anos. Sabemos que levades esperando por este evento e a nosa intención é recuperalo para sempre. Os máis pequenos poderán desfrutar das actividades que temos preparadas para eles.

Esta iniciativa pretende sacar á xente á rúa, dando a coñecer o barrio ao resto da cidade e creando un espazo cultural e social único.

A qué destinaremos as vosas achegas

As doazóns destinaránse á organización do evento, a preparación de merchandising e pago aos artistas convidados.

Sobre as recompensas

Prevemos entregar as recompensas durante o festival para os que acudan e durante a semana seguinte para os demáis. Podes atopar máis detalles sobre elas á dereita.

+ Info

Web do Mercado das Flores
Facebook

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies