En Esclat Gospel Singers estamos de celebración! Co gallo do 15º aniversario, propoñémonos un novo reto co novo espectáculo "From the heart of Africa": gravar o concerto que faremos en directo coa Big Latin Band no Teatre Kursaal de Manresa o 27 de novembro. Ademais, contaremos coa inestimable colaboración dos valentes da nosa canteira, Esclat Gospel Junior, que participarán tamén na gravación, canda nós.
Coa gravación e edición a cargo do grande mestre David Casamitjana publicaremos un ComboPack de CD + DVD que esperamos ter no mercado contra o mes de febreiro de 2017.
From the heart of Africa será o noso sexto disco, e nel poderemos escoitar cancións provenientes do gospel africano, despois de que o noso director, Ramón Escalé, procurase por terras de Uganda unhas fermosas melodías e cancións con moito ritmo e mensaxe.
A que destinaremos as vosas achegas
O custo total da produción do CD + DVD é de 5.300 €.
Este orzamento inclúe todos os gastos necesarios para acadar o obxectivo, é dicir, gravación e edición do concerto, produción do CD + DVD e making-of. Tamén inclúe os custos de deseño, fotografía e impresión do CD + DVD, así como as recompensas para todos aqueles que queirades participar no noso proxecto, facéndoo deste xeito, tamén, un chisco voso.
Canto ás recompensas
Entregaremos as recompensas na festa que Esclat Gospel Singers que queremos organizar con todos os nosos mecenas, xa que entre todos veremos acadado o obxectivo que nos propuxeramos.
Esta festa farémola coincidir coa presentación do CD + DVD, que contamos con que sexa contra o mes de febreiro ou marzo (manterémosvos informados). Se non podedes vir á festa, facédenolo saber, e porémonos en contacto convosco para vos facer chegar a recompensa.
Se tendes algunha dúbida, queredes máis información, ou incluso se queredes facer unha achega que non está contemplada nas recompensas, enviádenos un correo-e a [email protected] e contestarémosvos tan pronto como nos sexa posible.
Calendario previsto
Contamos con que a edición do CD + DVD estará a punto, o máis tardar, nuns tres meses, xa que a gravación do concerto será en directo, feito que nos aforrará tempo dabondo.
Unha vez que teñamos editada a gravación en ambos os dous formatos, organizaremos a festa cos nosos mecenas e entregaremos as recompensas.
Aos que non poidades achegarvos á festa, contamos con facérvolas chegar por correo ordinario nun prazo máximo dun mes.
Información adicional
Se queredes saber máis sobre nós e estar ao día do noso proxecto, visitade a web, (https://www.facebook.com/EsclatGospelSingers), a páxina de Facebook ou seguídenos polo twitter.
E se o que queredes é ver as nosas imaxes e vídeos, non dubidedes en acceder a instagram e youtube, e veredes como é o noso traballo.
Moitas grazas polo anticipo! Non temos dúbida de que, contigo, podemos conseguilo!
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.