❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Avoaescola, unha escola infantil en galego

É un espazo educativo en galego dedicado a nenos e nenas ata os tres anos. É unha cooperativa sen ánimo de lucro, que busca que a infancia teña contacto coa lingua galega.

Galiza co Galego

A project of

Created in

0
seconds
96
Pledges
3.050€
From 3.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

QUE QUEREMOS?
Queremos abrir para o próximo curso (2014-2015) a escola infantil Avoaescola Ferrolterra.

QUE É AVOAESCOLA FERROLTERRA?
É un espazo educativo en galego dedicado a nenos e nenas ata os tres anos. É unha cooperativa sen ánimo de lucro, que busca que a infancia teña contacto coa lingua galega.

COMO XORDE AVOAESCOLA FERROLTERRA?
Xorde a partir de Galiza co Galego, un grupo de persoas que entendemos que a escola é fundamental para a pervivencia cultural e de valores dun pobo e que cremos no futuro da lingua galega e nunha pedagoxía que parte da indagación e da investigación-acción, cunha metodoloxía activa, participativa e colaborativa, en busca da consecución da autonomía dos nenos/as, fomentando valores como a igualdade, a solidariedade, a empatía, o respecto, a coeducación, a tolerancia e o coidado do medio ambiente.

A QUE DESTINAREMOS O DIÑEIRO?

A pagar os gastos de alugueiro e mantemento do local.

CANDO SE ENTREGARÁN OS AGASALLOS?

Os agasallos irán entregándose a medida que avance a axuda, algúns faranse efectivos co compromiso (inclusión no web, información), outros cando se realice a apertura (festa, visita, diploma) e o resto antes de fin de ano.

**Ampliación do agasallo:

No caso de que o nº 37.127 da serie 1, fracción 1 resulte premiado co especial no sorteo da “loteria nacional” do 24 de maio recibirás o agasallo especial de 50 € por cada euro doado.

E si envias un correo co texto “apoio Avoaescola” a [email protected] serás obsequiado cun número de catro cifras, que no caso de coincidir coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo da loteria nacional do 24 de maio, recibirás un agasallo valorado nuns 250 euros e unha peza de arte galega.**

Grazas!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Galiza co Galego

    Galiza co Galego
    Author

    about 10 years

    Grazas, faremos todo o posíbel.

  • eu

    eu

    about 10 years

    Noraboa polo proxecto e as achegas do obxectivo dos 3000euros. Esperemos que este ano e o próximo se xestionen mellor as cousas e se implique mais a xente!

  • Galiza co Galego

    Galiza co Galego
    Author

    about 10 years

    Avoaescola é unha cooperativa que está apoiada economicamente cos fondos e cotas das persoas socias da asociación Galiza co Galego. Estas entidades son sen ánimo de lucro, sociais e populares, que teñen o fin de promover e facer efectivo o ensino en galego, en valores, laico, inclusivo , democrático e pluralista, con especial atención á infancia, conforme figura nos seus estatutos.

    O formulario para formar parte de Galiza co Galego / Avoaescola, esta no web: www.galizacogalego.com. Neste espazo está toda a información.

    Para optar a traballar na escola, hai que ser socio/a da cooperativa, estando neste momento aberto o prazo para a selección de persoas educadoras. A información necesaria consultase na dirección web www.avoaescola.com e seu enlace directo é: http://galizacogalegoavoescola.blogspot.com.es/p/blog-page_3681.html.

    Para calquera aclaración e contacto: [email protected].

  • vanesa

    vanesa

    about 10 years

    Como poderia formar parte do proxecto???? Para traballar me refiro

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy