❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O Xardín das Pernas Roubadas

O Xardín das Pernas Roubadas é a primeira fase dun proxecto máis amplo: o de constituir unha compañía de teatro que explore novos sistemas de produción e distribución que permitan a súa subsistencia fora dos canais tradicionais e que produza obras que reflexen a realidade social do momento

Tuerka Teatro

A project of

Category

Created in

0
seconds
86
Pledges
6.045€
From 6.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

EN QUE CONSISTE O PROXECTO?

OBXETIVO: TUERKA TEATRO. A COMPAÑÍA

O xardín das Pernas Roubadas é a primeira fase dun proxecto máis amplo. O noso verdadeiro obxetivo con esta montaxe é o de constituir unha compañía de teatro que explore novos sistemas de produción e distribución que permitan a súa subsistencia fora das canles tradicionais. Na Tuerka entendemos o teatro, ante todo, como unha arte social polo que buscamos contidos que, máis alá de seren mero entretemento, reflictan a realidade social actual devolvéndoa así ao seu lexítimo dono: o público.

A OBRA: O XARDÍN

Neste sentido encontramos no texto de O Xardín Das Pernas Roubadas de Xoán Carlos Mejuto un excelente punto de partida. “O Xardín” é unha comedia aceda que, a través do humor absurdo, fainos reflexionar sobre os problemas do día a día, dende os feitos máis cotiás ata conflitos se cadra máis complexos. Ambientada nunha illa extraña e inquietante, na que moran uns personaxes pouco comúns, reflicte unha realidade situada máis perto da nosa do que nos gostaría recoñecer.

A COMPAÑÍA: TUERKA TEATRO

Tuerka Teatro nace do encontro dun grupo de creadores e artistas, vencellados á actividade que se realiza na sala de microteatro La Tuerka27, situada en A Coruña, e dende a necesidade de aprofundar e consolidar a súa relación creativa, deciden dar o que consideran o seguinte paso natural deste proceso en marcha: a creación dunha compañia de teatro.

ONDE IRÁN DESTINADAS AS VOSAS APORTACIÓNS?

As vosas aportacións irán dirixidas a financiar o decorado, o vestuario, o ambiente sonoro e lumínico, asi como outros elementos escénicos do espectáculo. O que procuramos é a continuidade da compañía polo que o diñeiro recadado contribuirá a por en marcha o motor que o fará posible.

AS RECOMPENSAS

Colaborar co Xardín reporta unha serie de recompensas-agasallos que podedes ver no menú situado á dereita da páxina. Dende chapas e camisetas a entradas ou publicidade e mencións especiais.

SIGUE "O XARDÍN" PASO A PASO

O camiño que nos levará á estrea o vindeiro 31 de outubro do 2013 no Teatro Rosalía da cidade da Coruña, farase longo e estará cheo de atrancos, anécdotas, impedimentos, acertos e fracasos.

Para que poidades estar ó tanto de todas as novas que vaian acontecendo ó redor do proxecto, poñemos á vosa disposición a nosa páxina web e as nosas redes sociais. A continuación, vos deixamos un calendario coas datas máis relevantes da fase de produción.

Calendario de Produción de O Xardín das Pernas Roubadas:

-Cierre do reparto e equipo técnico: 1 de xullo

-Diseño espazo escénico: do 1 ó 31 de xullo

-Diseño de vestiario: do 1 ó 31 de xullo

-Diseño de maquillaxe e perruquería: do 1 ó 31 de xullo

-Promoción do espectáculo: do 1 de xullo ó 25 de outubro

-Diseño de luces e ambiente sonoro: do 5 ó 31 de agosto

-Construción decorado e atrezzo: do 2 ó 27 de setembro

-Ensaios: do 9 de setembro ó 18 de outubro

-Probas de vestiario: do 1 ó 4 de outubro

-Probas de maquillaxe e perruquería: do 1 ó 4 de outubro

-Ensaios xerais e de luces: 24 e 25 de outubro

-Estrea no Teatro Rosalía (A Coruña): 31 de outubro

Páxina Web

Facebook

Twitter

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#01 / CORENTA DÍAS...

Foron corenta días. Corenta días de dúbidas, de traballo, de discusións, de momentos nos que ás veces chegamos a pensar que estábamos sós no noso propósito.

Un obxectivo, unha cifra, e corenta días para chegar a ela, para alcanzala.

A sensación de telo conseguido, a alegria polo traballo ben feito, non son nada comparado coa certeza de que non, non estábamos sós, de que tiñamos compañía na nosa viaxe, e sodes tantos os que camiñastes ao noso carón, dunha maneira ou doutra., que non saberíamos por onde comezar cos agradecimentos. Vós sabedes ben quen sodes, e non imos facer aquí unha lista, porque de verdade, sería interminable.

O que sí queremos é que saibades que a partir de agora imos traballar con outro pulo, con outra seguridade, porque sabemos que estades aí, respaldándonos, e non vos queremos defraudar.

Moitas grazas a todos, porque este xardín non sería posible sen vós.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy