❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

GUIA DEFINITIVA DOS PEIXES DA GALIZA

Unha guía naif, culta e definitiva para coñecer os peixes e peixiños dos mares galegos.

Category

0
seconds
361
Pledges
10.945€
From 6.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Benvinda

Benvidas e benvidos á páxina do proxecto de subscrición popular da Guía definitiva dos peixes da Galiza. Somos Pancho Lapeña e Nacho Munilla e solicitamos á vosa axuda para sacar adiante esta nosa segunda guía definitiva.

O que a guía contén

Na «Guía Definitiva dos Peixes da Galiza» describimos 51 peixes dos mares galegos, damos conta dos seus múltiples nomes e máis arrexuntamos algúns dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan.

Presentados e representados por parellas en fermosas ilustracións orixinais, a meirande parte deles cumpren coas condicións seguintes: son de tamaño pequeno ou mediano; son comúns; e son doados de observar nas augas das costas atlánticas ibéricas no radio de acción dunha persoa que saiba mergullar a pulmón (ou cando menos propulsarse pola superficie da auga cos óculos de mergullo postos).

A guía é igualmente útil en todo tipo de peixarías.

Aqui un exemplo dunha observación que será doadísima de identificar coa axuda da nosa guía:

Definitivaa?

É definitiva porque quere ser o segundo volume dunha colección de guías definitivas (a primeira foi a Guía definitiva das aves da Galiza). As definitivas son guías concebidas como obras de divulgación totais, úteis e atractivas para pequenos e maiores, para legos e iniciados, para espíritos sistemáticos e para espíritos románticos.

As orixes desta guía

O proxecto que propiciou este libro de peixes que tes nas mans é consecuencia dunha teima impulsora que ficou latente por moitos anos no corazón do máis novo de nos, de Pancho, a quen sempre lle buliu no corpo a idea de desfacer o galimatías dos nomes dos peixes na Galiza.

Despois de ter asistido ao longo dos anos a centos de debates espontáneos entre xentes do mar sobre cal era ou cal non era o nome de tal ou cal peixe, un día da primeira decena do mes de xaneiro de 2017, segunda feira, Lapeña, toucado de pucho de la, calzado cunhas deportivas Converse e vestido cunha camiseta mordida na fita do pescozo, pantalon de camuflaxe multipetos e casaco, saíu da casa no seu carro, levando por únicas armas un cartafol con 26 láminas orixinais de peixes en parellas disposto a comezar coa recompilación dos nomes que se lle dan aos peixes no país.

Nos catro portos que percorrera naquela primeira aventura faláronlle dela. Nos catro lle dixeron que xa unha muller pasara por alí hai moitos anos preguntando como preguntaba el polos nomes dos peixes. E foi por iso, porque o seu plan orixinal xa non tiña sentido, que o traballo previsto sobre o léxico asociado aos peixes mudou, ao mesmo dia de comezar, nunha investigación detectivesca sobre a identidade dunha lexicógrafa que se lle adiantara 50 anos. A solución do enigma, a chave da identidade desa muller foi resultado dun xiro insospeitado nun lugar ata certo punto inverosímil: a máis traxica e deserta das illas galegas, Coelleira.

A illa Coelleira, lugar tráxico aínda que propicio ás revelacións.
A illa Coelleira, lugar tráxico aínda que propicio ás revelacións.

Sobre nós mesmos

Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros. Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación dos mares e das criaturas que neles viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a filosofía. Pancho é un gran mergullador, Nacho deféndese mellor na superficie.

Do destino das vosas achegas

Concretamente, o proxecto consiste na maquetación e edición de 1000 exemplares dun libro ilustrado de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset reciclado e con cubertas duras de 17 x 24 cm.

Os cartos que pedimos vanse invertir logo en tres partidas.

  • Partida grande: Imprenta = 5500 euros;

  • Partida mediana: Maquetación = 750 euros;

  • Partida pequena: Outros menesteres = 250 euros;

A suma das anteriores partidas debería dar os 6500 euros que marcan o noso obxectivo!!

Calendario previsto

Nestes momentos a edición está practicamente rematada e xa comezaron as labores de maquetación a cargo de Masako Hattori. Contamos logo con rematar a edición durante a campaña convosco para xa mandar o libro ao prelo canto antes. Despois haberá que contar con 2-3 semanas de imprenta. Se todo vai ben a xente recibirá o seu libro persoal, único e intransferible ao pechar a campaña. Si, queremos telo listo para o Nadal.

Reparto das recompensas

Enviaremos as recompensas polo Correo, os libros en sobres con camisa de burgullas e as láminas en sobres de cartón estreitiños e grandeiros. Chegaravos unha notificación a casa para que pasedes a recoller a vosa recompensa pola Oficina de Correos.

+ Info

Dado que non formamos parte de rede social dixital ningunha non temos perfil que vos amosar. Mais se de verdade queredes facervos unha idea boa das nosas habilidades editoriais por favor visitade a páxina de Verkami do noso anterior proxecto a Guia definitiva das aves da Galiza. Varios dos deseños de Pancho pódense contemplar aquí. Nacho desenvolve a súa actividade profesional baixo o paraugas de MunillaBiodiversidade.

FAQ

  • SOBRE COMO INDICAR A ESCOLLA DA LÁMINA

    Ao rematar a campaña enviaremos un formulario no que poderedes indicar a lámina ou láminas da vosa elección. Desculpade as molestias por non ter informado antes.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

19 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Concha do Jas

    Concha do Jas

    over 3 years

    Grazas Nacho e Pancho, polo saber e polo arte! Un pracer!

  • moucho

    moucho

    over 3 years

    A canto te-la faneca?

  • Tambo Bottles

    Tambo Bottles

    over 3 years

    Encantado con esta guía de peixiños

  • Raquel Boo Anderson

    Raquel Boo Anderson

    over 3 years

    Unha guía xenial!

  • netguillerm

    netguillerm

    over 3 years

    Peixe pau e cabaliño. Grazas

  • Tomás

    Tomás

    over 3 years

    Cabaliño e Peixe-pau,grazas,saúdos.

  • Krrisi

    Krrisi

    over 3 years

    Deseando tener la guía!!!

  • José Manuel Olivares

    José Manuel Olivares

    over 3 years

    Magnifica obra y magnífico esfuerzo. !enhorabuena !

  • Santi

    Santi

    over 3 years

    lamina cabaliño

  • Bruno Vilela

    Bruno Vilela

    over 3 years

    Mui boa pinta. Desejando tela nas maos.

#07 / CAMPAÑA REMATADA

Aínda que aínda compre resolver un par de entregas algo complicadas en lugares ignotos, damos por finalizada esta marabillosa campaña de subscrición popular da Guía definitiva dos peixes da Galiza. Estamos listos para outra!!

Para calquera comunicación escribídenos a [email protected] ou ben chamade ao 671 572 689. Esta canle de Verkami tamén fica aberta.

As vosas recompensas xa deberían de ter chegado hai tempo. Se non é así por favor facédenolo saber.

Moitísimas grazas de novo pola vosa axuda e confianza.

Abrazos fortes

Nacho e Pancho

#06 / ENVÍOS A TODA MÁQUINA!!

As primeiras recompensas foron entregadas en Correos o día 4 de xaneiro. A día d'hoxe máis do 80% das recompensas foron postas nas máns da boa xente que atende as oficinas da rúa do Franco e xa saíron guías para Groenlandia, Paises Baixos, Estados Unidos e Italia. O noso agradecemento especial á persoa que ven recoller as caixas cos sobres coa furgoneta (estes días andamos os dous fatal do lombo!).

Unha morea de recompensas listas para entregar en Correos. O do cartace de Le Corbusier é para impresionar
Unha morea de recompensas listas para entregar en Correos. O do cartace de Le Corbusier é para impresionar

Recibiredes unha notificación para que pasedes pola Oficina de Correos máis a carón da vosa casa. Libros e láminas van en sobres separados así que é posible que non vos cheguen á vez. Se collestes varias recompensas diferentes é posible tamén que cada unha vaia polo seu lado. Desculpade se isto vos ocasiona algún atranco.

E desculpade… read more

#05 / OS PEIXES SON CHEGADOS!!

o primeiro exemplar en saír da imprenta
o primeiro exemplar en saír da imprenta

Os libros son chegados e axiña comezaremos coa distribución das recompensas.

O día de peche da campaña, o luns 28, enviaremos un formulario no que indicar os datos que necesitamos: enderezo postal, lámina da vosa escolla (nas recompensas con lámina), etc.

A distribución será polo correo postal. Chegarávos un aviso a casa para que pasedes pola oficina de Correos a recoller o envío.

Estamos moi emocionados co nacemento desta nosa segunda criatura literaria.

Estamos moi agradecidos polo voso apoio neste ano difícil e revirado.

Moitas grazas e moita saúde.

boga, boga apalpador
boga, boga apalpador

#04 / OS PEIXES NO PRELO!!

Contentes e emocionados, asistimos á cerimonia de botadura do libro, na máquina offset de Agencia Gráfica, a nosa imprenta de cabeceira.

O control de calidade é exhaustivo, a cargo de persoas altamente cualificadas:

Tudo bem!!
Tudo bem!!

#02 / PASAMOS DO 50%!!

Obrigadísimos ás persoas todas que están a impulsar esta travesía. O barco navega dereito e albíscanse xa as luces do porto!!

Proa á illa
Proa á illa

#01 / XA CHEGAMOS AO 25% DO NOSO OBXECTIVO!!

Hoxe ás 20:00 chegamos ao 25% do noso obxectivo. Estamos emocionados!! Moitisísimas grazas polas vosas aportacións. Con mecenas coma vós esta travesía vai ser ben doada.

Alí ao lonxe, xa falta menos!
Alí ao lonxe, xa falta menos!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy