❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

GUIA DEFINITIVA DAS AVES DA GALIZA

A recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego. Unha guía perdida, culta, naif e definitiva.

Category

180%
4
days
347
Patron
9.880€
From 5.500€
Contribute to the project

BENVIDOS

Benvidos á campaña de subscrición popular da Guía definitiva das Aves da Galiza. Somos Nacho Munilla e Pancho Lapeña e recorremos a vos para editar e publicar esta guía de aves a medio camiño entre a realidade e a ficción científica.

Na Guía definitiva das Aves da Galiza describimos 33 especies de paxariños comúns da avifauna do noroeste ibérico e informamos sobre as trazas que mellor as describen; sobre a súa bioloxía, hábitats, costumes e personalidade. Incluimos tamén unha sección de etnografía e folclore paxareiro, por veces popular, por veces literaria.

Tódolos paxaros van ilustrados nas súas cores e levan a carón a súa copla, canción ou poema manuscrito. As ilustracións son de Pancho e os textos de Nacho. Na composición do libro contamos con David Carballal.

Concretamente, o proxecto consiste na maquetación e edición de 800 copias dun libro de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset reciclado e con cubertas duras de 15 x 21 cm.

.

.

HISTORIA DA GUÍA

O 11 de novembro de 1944 a imprenta da editorial londinense John Constable & Sons, resulta gravemente afectada por un dos mísiles V2 cos que o agoniante réxime nacionalsocialista alemán pretendía, á desesperada, tornar o curso da guerra. Por entre as cuantiosas perdas provocadas polo incendio que ao longo dos seguintes días devastaría prelos e almacéns figuraban os caixóns nos que se embalaran os mil exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, de Salvador Lueiro, listos para seren enviados por barco ao Centro Galego de Bos Aires.

E ben podería rematar aí a historia da Guía, esvaída en fume e cinza, de non ser porque a casualidade quixo que tivésemos a sorte de dar cunha caixa que durmía nos arquivos da Biblioteca Alexander do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Esa caixa contiña os poucos restos da Guía que se salvaran do lume, e foi a partires deses restos que nos imaxinamos a Guía.

Foto feita a correr dos poucos restos que sobreviviron ao lume
Foto feita a correr dos poucos restos que sobreviviron ao lume

SALVADOR LUEIRO

Esta nosa guía inspírase no personaxe de Salvador Lueiro, naturalista, ornitólogo, ilustrador e divulgador científico. A figura de Salvador encarna unha certa maneira de estar e de comprometerse. Ao rescatar a súa obra perdida, naif, culta e definitiva queremos homenaxear a toda esa xente de ciencia e ben obrigada a marchar á forza desta terra nosa.

E PORQUÉ DEFINITIVA?

É definitiva porque foi concebida como obra de divulgación útil e atractiva para para pequenos e maiores, para legos e iniciados, para espíritos sistemáticos e para espíritos románticos.

F.A.Q (PREGUNTAS MOITO REPETIDAS):

1. A guía vosa é unha guía convencional? Non, para nada. Non é convencional porque é máis para ler que para consultar.
2. Vale esta guía vosa para iniciarse no amor ás aves? Si. E non hai outra mellor.
3. E vale para iniciarse na observación das aves? Se cadra sí, mais non dun xeito convencional.
4. Máis é unha guía de campo? De campo, de campo… Ten as tapas duras e non colle nun peto.
5. Cóstavos concretar as vosas respostas? Mmm
7. Choverá mañán? Seica.

Munilla & Lapeña

Nacho Munilla e Pancho Lapeña, malia non estar unidos por unha relación de parentesco, comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación das aves e dos lugares nos que elas viven, sexan mares ou montañas. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a filosofía. Se cadra é por iso que debuxa e pinta as aves cun aquel humorístico, inspirador e poético.

O DESTINO DAS VOSAS ACHEGAS

SOBRE AS RECOMPENSAS

Para numerar os exemplares empregaremos unha numeradora manual, concretamente o modelo P-7 da casa ARTES. Sinaturas e dedicatorias farémolas con rotulador ou cun marker non moi groso.

As dedicatorias exclusivas constan dun mínimo de catro versos co nome da persoa e do paxariño que ti queiras. Xa que logo, dinos un nome, a idade (aproximada, é para nos facer unha idea) da persoa que leva ese nome e máis escolle un dos paxariños da Guía. Nos compoñeremos unha dedicatoria con eses dous datos. Se nos queres facilitar máis datos desa persoa á que lle queres dedicar o teu exemplar da Guía para os incluir na dedicatoria es benvido. A ver o que sae. Non garantimos a rima en consonante.

CALENDARIO PREVISTO

Nestes momentos a edición está practicamente completada pois so fica rematar a maquetación. Poñerémonos coa maquetación de contado así que contamos con mandar o libro ao prelo dentro dun mes. Despois haberá que contar con 3 semanas de imprenta. Se todo vai ben a recibirás o teu libro persoal, único e intransferibel dúas semanas despois de pechar a campaña a moito tardar. Contamos con facer unha rolda de presentación da Guía polas 5 principais cidades de Galicia.

ENTREGA DOS EXEMPLARES
Un dos propósitos da rolda de presentación da Guía é o de facilitarvos a recollida dos vosos exemplares. Mais se non vos é posible asistir contade con que os gastos de envío van incluídos nos importes indicados nas recompensas. Iremos anunciando os lugares das presentacións conforme vaiamos pechando as datas.

+ Info

Dado que nos non formamos parte de rede social dixital ningunha e tampouco non é probable que o fagamos no futuro, temos pensado parasitar as redes das nosas numerosas amizades. As nosas amizades están avisadas e mais pertencen e participan dos máis floridos eidos da cultura alternativa galega: filosofía, arte contemporánea, deseño gráfico, artes escénicas, kabuki, creación literaria, música, ensino, conservación da natureza e ensino, entre outros.

Se queres saber algo máis de Nacho preme aquí
Se queres saber algo máis de Pancho preme aquí
Se queres saber algo máis sobre David preme aquí

FAQ

  • COMO INDICAR OS NOMES (PERSOAS E PAXAROS) DA DEDICATORIA

    Para facernos chegar os nomes que queredes que aparezan na dedicatoria poemizada e persoalizada (achegas de 25 e 30 euros) existen varias opcións:
    1. Usar a sección de "comentarios"
    2. Premer no botón "Pregunta ao autor/a"
    En calquera caso despois que remate a campaña nos poñeremos en contacto con vos para confirmar ou recabar eses datos.

  • COMO INDICAR A LÁMINA QUE PREFIRES

    Para indicarnos a lámina que preferides (achegas de 30 euros) as opcións son :
    1. Usar a sección de "comentarios"
    2. Premer no botón "Pregunta ao autor/a"
    En calquera caso despois que remate a campaña nos poñeremos en contacto con vos para que confirmedes a vosa escolla.

  • PODEMOS FACTURAR?

    Efectivamente, podemos facturar.

Do you have any other queries or questions?

19 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Silvia Calvo

    Silvia Calvo

    1 days

    Moitas gracias por esta preciosidade

  • Juliolaxe

    Juliolaxe

    3 days

    Xílgaro, e o nome Albiña

  • diegocp

    diegocp

    4 days

    Lavandería para Lois

  • Marieta

    Marieta

    4 days

    Anduriña para Inès

  • Bárbara Reims

    Bárbara Reims

    5 days

    Lavandeira para Diana

  • fredi

    fredi

    14 days

    Xa poderes presentar na Terra dos vigotudos!!!

  • Segundo

    Segundo

    15 days

    Lamina seleccionada -> lavandeira

  • Segundo

    Segundo

    15 days

    Segundo -> Almixelo

  • Segundo

    Segundo

    15 days

    Natalia -> Azulenta

  • Verme

    Verme

    16 days

    Carriza para Mariña

#10 / MELLORAS NA EDICIÓN PARA UNHA GUÍA AÍNDA MÁIS FERMOSA

Queremos aproveitar que a campaña está a marchar moi ben para introducir melloras na edición e facermos un libro aínda máis fermoso.

Aumentámoslle o tamaño a 17 x 24 cm (na foto do final vos facedes unha idea do aumento; non lle fagades caso ao texto, está en noruego).

Tamén melloramos a calidade do papel e máis a calidade da encadernación.

O luns entramos en imprenta!!

á esquerda o tamaño orixinal (15 x 21 cm) á dereita o novo tamaño (17 x 24 cm)
á esquerda o tamaño orixinal (15 x 21 cm) á dereita o novo tamaño (17 x 24 cm)

#09 / A CAMPAÑA DA GUÍA CHAMA A ATENCIÓN DOS MEDIOS!!

Bo día, mecenas!

Grazas ao voso impulso a Guía está a chamar a atención dos medios de comunicación.

Se queredes ler a fantástica entrevista que nos fixo Fernando Sarasketa para O Barbanza premede aquí

E ademáis, este luns ao redor das 16:30 estaremos na Radio Galega!!

Flor especial para un domingo de choiva
Flor especial para un domingo de choiva

#07 / LISTA DE PAXARIÑOS PARA AS DEDICATORIAS

Aproveitando que a maquetación está a piques de rematar adiantamos un par de recortes coa lista de paxariños da Guía para que fagades a vosa escolla para as dedicatorias (achegas de 25 e 30 euros).

Tedes tempo para escoller -os que aínda non o fixestes- ate o fin da campaña (24 de novembro; e nese tempo podedes mudar de escolla cantas veces queirades). Ao final da campaña poñerémonos en contacto con todos vos para confirmar tanto o nome do paxaro como o nome da persoa da dedicatoria.

De todos modos, se alguén quere unha dedicatoria co nome dalgunha ave que non esté na lista pois supoño que non haberá problema. A equipa de poetas está lista ;-)

E se alguén se anima a compoñer a súa propia dedicatoria pois tamén é benvido. A equipa de poetas encargarase de transcribila.

#06 / PREDICIÓN ORNITOLÓXICA: CHEGARON OS MALVISES

Recibimos informes máis que fidedignos de que os malvises xa son chegados ás montañas de Cervantes e Ancares.

O tordo malvís, por nome científico Turdus iliacus, tivo un papel moi importante no nacemento desta guía.

É unha desas aves que veñen pasar o inverno canda nos.

Moitos dos que se achegan a Galiza veñen de Islandia, despois de cruzar as Illas Británicas e centos de kilómetros de mar.

Son grandes consumidores de froitos de acivro.

#03 / PREDICIÓN ORNITOLÓXICA

Atopámonos hoxe nunha xornada de transición á espera da entrada dunha fronte de paporrubios, picafollas, merlos e picas dos prados procedentes do norte de Europa. No mar, paso de mascatos de moderado a forte.

Vos imaxinades que houbese unha predición ornitolóxica semellante á predición do tempo?. E que a xente a consultase de cotío?. Que aspecto terían os mapas desa predición? Cales serían os seus símbolos?

20€
116 backers
GUIA NUMERADA E ASINADA

Un exemplar da Guía numerado cun deses cacharriños de numerar a man e asinado polos autores cun marker non moi groso.

25€
63 backers
GUIA CON DEDICATORIA EXCLUSIVA E PERSOAL

Un exemplar da Guía numerado e asinado polos autores con dedicatoria exclusiva.

Tes que nos dar o nome da persoa ou personiña protagonista da dedicatoria e máis escoller un paxariño. Garantimos unha dedicatoria exclusiva de catro versos (mínimo).

30€
96 backers
GUIA CON DEDICATORIA EXCLUSIVA E PERSOAL E MÁIS LÁMINA DE PAXARIÑO A ESCOLLER

Un exemplar numerado e asinado polos autores
+ Dedicatoria exclusiva
+ Lámina (25 x 40 cm) dun paxariño a escoller.

Tes que nos dar o nome da persoa ou personiña protagonista da dedicatoria e máis escoller un paxariño. Garantimos unha dedicatoria exclusiva de catro versos (mínimo).

Dinos tamén cal destas láminas prefires: carriza, lavandeira ou xílgaro.

35€
38 backers
DESCONTO POLA COMPRA DE 2 (DOUS) EXEMPLARES

Por suposto todos eles numerados e asinados por Pancho e Nacho

45€
9 backers
DESCONTO POLA COMPRA DE 3 (TRES) EXEMPLARES

Todos eles numerados e asinados por Pancho e Nacho. Faltaría máis!

50€
13 backers
DESCONTO POLA COMPRA DE 4 (CATRO) EXEMPLARES

Disque todos eles numerados e asinados!

60€
12 backers
DESCONTO POLA COMPRA DE 5 (CINCO) EXEMPLARES

Seique todos eles numerados e asinados!!

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.