❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Óscar Fojo - "De ventos e lúas"

Crowdfunding para o primeiro disco en solitario de Oscar Fojo "De ventos e lúas"

Oscar Fojo

A project of

Category

Created in

0
seconds
202
Pledges
4.930€
From 4.750€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Diante dunha folla en branco atópome buscando as ideas e as palabras que describan quen son e que fago neste mundo. Non é fácil.

Trato de resumirme pero os recordos enchen a noite e non son quen de poñerlles orde.
Quixera comezar polo principio pero segue a ser difícil.

Foto: Oscar Millarengo
Foto: Oscar Millarengo

Dende moi cativo sinto moitas músicas que petan forte aquí dentro do peito. Sinto como o primeiro día os bombos daquelas zambas e chacareras que soaban no carro dos meus vellos, as cantadas nas tabernas que mamei en Ferrol, as rondallas... Sinto as primeiras guitarras distorsionadas que chegaban aos ouvidos das vellas cintas que herdaba das miñas irmás.

Veñen á mente un sinfín de lembranzas de cancións, de escenarios e compañeir@s de todos os proxectos dos que algunha vez formei parte...
Creo que é agora... Creo que é o momento de cantar e contar en primeira persoa neste meu primeiro disco en solitario "De ventos e lúas".
Queredes formar parte e facelo posible?

Foto: Oscar Millarengo
Foto: Oscar Millarengo

Sobre as recompensas

En canto as recompensas por ser mecenas deste proxecto podedes conseguir o propio disco co voso nome impreso, invitacións para a presentación do mesmo, camisolas e concertos... Animádevos a facer a vosa achega!! !

Sobre min

Despois de toda a vida adicándome á música en diferentes agrupación de moi variados estilos musicais, decídome a dar un paso máis alá e facer un disco en solitario. Na última decada fun o compositor e letrista das bandas "El Viejo Caracol" e "Blah!", mais estiven tamén como guitarrista e batería de outros grupos de rock, folk, pop da Galiza : Charetas, Zinza, Morecegos, Retobato, Os Derradeiros...

EL VIEJO CARACOL
BLAH!

A que destinaremos as vosas achegas

As vosas achegas serán destinadas á gravación, mistura e masterización do disco, así como para a edición das copias físicas do mesmo.
Tamén parte delas serán destinadas aos envíos das recompensas e ás comisións de Verkami.

Estudio de gravación: 2500€

Deseño e edición copias CD: 1500€

Envío recompensas: 250€

Gastos de xestión Verkami e outros: 500€

TOTAL: 4750€

Calendario previsto

A gravación do disco está prevista para marzo/maio do 2018.
A saída do disco estímase para xuño/xullo así como o envío das recompensas.

+ Info

Facebook

Prensa

Ferrol360

La Voz de Galicia
Radio Voz (video)

Radio Fene

Diario de Ferrol

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

12 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Serxio

    Serxio

    about 6 years

    Mecenando que é xerundio e máis xusto e necesario.

  • Fausto Hastlo Siezmo

    Fausto Hastlo Siezmo

    about 6 years

    A ver queñeee !!

  • Fausto Hastlo Siezmo

    Fausto Hastlo Siezmo

    about 6 years

    A ver queñeee !!

  • Fausto Hastlo Siezmo

    Fausto Hastlo Siezmo

    about 6 years

    A ver queñeee !!

  • simona

    simona

    about 6 years

    NORABOOAAAA!!

  • Malena López Leira

    Malena López Leira

    about 6 years

    Moita sorte! Desexando escoitalo!

  • Manuel Argüeso Lamas

    Manuel Argüeso Lamas

    about 6 years

    Moita sorte e dalle forte!!!!

  • Virginia Santiago

    Virginia Santiago

    about 6 years

    Agardo que chegues ó máis alto. Un biquiño. Saúde!

  • marga bouza

    marga bouza

    about 6 years

    feito! saúde

  • Cani Fojo Garrido

    Cani Fojo Garrido

    about 6 years

    Xa no 50%!!!cassssiiiiiii

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy