There are no ongoing projects, categories or tags with this search...
Click on “Enter” to search among all the projects :)
Non sei cando nin onde, nin por qué, nin sei se sei por onde andaba. Sempre, nunca, ás veces perdín uns papeis que dis que que din que me faltaban. Atopar, os atopei e por moito que probei, non fun quen de entender o que as palabras me contaban, entón decidín que non, que non ía ser quen son, que non ía ser quen son… Cantas noites que soñei non durmín, chorei e rin a gargalladas... e o meu tempo así marchou, levouno a mesma lúa pola cara. Con todo e nada quedei e por pouco que probei, non fun quen de entender onde carallo me agochaba, entón decidín que non, que non ía ser quen son, que non ía ser quen son… Pola escuridade vou, abrindo portas a ver se nalgunha estou…