RASTREROS (2º disco)
Contribue a que podamos grabar o disco e así ti e mailos teus amigos poderedes piratealo as veces que queirades!!! Fai a tua aportación e non permitas que ninguén se quede sen poder piratealo!!!
Descripción do proxecto
O noso proxecto é o de conquistar o mundo e someter á raza humana ós nosos caprichos arbitrarios.
Segundo o noso plan, e para lograr estes obxetivos, o primeiro paso é o de grabar un disco que será un éxito mundial, e que contirá mensaxes subliminais incitando á xente a pecar, desobedecer ós pais e a toda autoridade non Rastrera, ter pensamentos impuros, codiciar os bens alleos, practicar a fornicación, ver Gran Hermano de xeito compulsivo, cantar o Despasito, e outras maldades tan abominables que de momento non as desvelaremos. O seguinte paso será colocar por todo o planeta gobernos corruptos presididos por descerebrados locuaces ó noso servicio, e que actuarán segundo os designios das grandes corporacións, para reducir á humanidade a un estado de sumisión consumista (que por certo, ten as mesmas letras que comunista).
Poñeremos a David Vidal coma entrenador do Madrid e ó cantante da Panorama coma presidente da Xunta. A moeda oficial deixará de ser o euro para pasar a selo a tallada de pulpo á feira. A xornada laboral pasará a ser de media xordada (12 horas) e o himno nacional será o tema de cabeceira do noso disco. ... e bueno, xa iredes vendo por Intereconomía, El País ou a revista Hola o desenvolvemento dos acontecementos.
A qué destinaremos as vosas achegas
Cos cartos que logremos gracias á vosa inconsciente bondade contrataremos a un loitador de sumo para que lle dé collejas a Iago Pico no seu estudio, Pousada Son, para que espabile e nos grabe o mellor disco da historia do Rock e do Bravú, cos temas que compuxemos despois do noso retiro en Machu Pichu e Rodeiro, practicando a meditación con empanada de torriscos, pan con unto e viño da Ribeira Sacra.
Co que sobre temos pensado acabar coa produción mensual da Estrella Galicia, marchar unha semana de vacaciós a Alepo, e comprar unha escaleira, unha cabra, unha trompeta e un órgano para os nosos directos. E según vaia sobrando iremos imprimindo discos e camisetas para irvos pagando, e que non vos poñades pesados, tamen pagaremos as débedas contraidas por tabernas e lupanares.
Quén somos
Rastreros nacen en Chantada a finais dos anos 80 bebendo das fontes do punk británico e nacional. Inician un camiño que lles levará a emanciparse de toda atadura a calquer etiqueta ou moda prediseñada, ata acabar grabando a ferro un estilo propio, moi marcado por la inclusión da gaita Galega nas suas melodías.
As cancións de Rastreros, teñen como fio conductor a crítica social e o rexeitamento a toda inxusticia cometida polo homo sapiens, sempre dende o humor, a ironía e ás veces o profundo cabreo.
Actualmente, tra-las novas incorporacións que veñen a aportar sangue fresca, Rastreros somos:"O Gaitas" gaita, “Richi, caixaritmos” batería, “killo Master guitar” guitarra, “Peibol perro loco” guitarra, “Dani” baixo, "Oscar, perrogaitas" na gaita Galega, e “Eléctrico, Pego ou Ruendas” berros e ouveos.
Pode ser que nos coñezas por esto:
Sobre as recompensas
Somos conscientes de que non vos importan as recompensas. Que esto o facedes porque sabedes que é a vosa obligación. Así e todo queremos premiarvos co mellor do mellor.
Ante as innumerables peticións de universidades e museos, e as insufribles súplicas de moitos mortais reeditaremos remasterizado o noso primeiro disco "A piñón fixo".
Busca as recompensas que incluen a nevera oficial de RASTREROS para disfrutar da praia ou do monte.
Ós que non solicitades a entrega a domicilio, irémosvos entregando as recompensas nos concertos que iremos dando, ou ben en lugares pactados o máis preto posible da vosa localidade (sólo para Galicia)
Calendario previsto
Na segunda quincena de septembro compaxinaremos as festas no noso palacio de Miami co remate da grabación do disco.
Unha vez rematada a grabación e masterización, entregaremos as recompensas de “descarga dixital anticipada”.
O mes de outubro adicarémolo á fabricación de CDs, camisolas, etc... Finalmente o pistoletazo de saída para a entrega de tódalas recompensas será o 11 de novembro, moitas de elas darémolas en man no Castañazo Rock en Chantada, coincidindo coa presentación ó gran público do disco.
O resto delas, xunto coas do envio postal entregarémolas á maior brevedade posible.
Obxectivos adicionais se se supera o obxectivo
Se,coma nos dixo un bruxo observando as entrañas dunha pega, superamos o obxetivo, faremos unha tirada de posters promocionais coa imaxe do disco, que quedarán que nindiola na túa habitación.
+ Info
www.rastreros.net
facebook
Twitter
4 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
À Revolta Entre A Mocidade
Avante camaradas, que a música boure bem alto no país do Faro. Vemo-nos no averno ou na tasca do sistema.
ManuelCruzRodriguez
O acontecemento musical máis importante desde Woodstock!!!
ManuelCruzRodriguez
O acontecemento musical máis importante desde Woodstock!!!
samuelportodacal
Xa lle din a volta o peto!!