❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

RASTREROS. 2º disco

A FIN DO MUNDO ESTÁ CERCA! Contribúe con nós a acelerar o proceso financiando a gravación do novo disco

RASTREROS

A project of

Category

Created in

0
seconds
125
Pledges
4.584€
From 4.000€
Contribute to the project
View project in Català and Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

RASTREROS (2º disco)

Contribue a que podamos grabar o disco e así ti e mailos teus amigos poderedes piratealo as veces que queirades!!! Fai a tua aportación e non permitas que ninguén se quede sen poder piratealo!!!

Descripción do proxecto

O noso proxecto é o de conquistar o mundo e someter á raza humana ós nosos caprichos arbitrarios.

Segundo o noso plan, e para lograr estes obxetivos, o primeiro paso é o de grabar un disco que será un éxito mundial, e que contirá mensaxes subliminais incitando á xente a pecar, desobedecer ós pais e a toda autoridade non Rastrera, ter pensamentos impuros, codiciar os bens alleos, practicar a fornicación, ver Gran Hermano de xeito compulsivo, cantar o Despasito, e outras maldades tan abominables que de momento non as desvelaremos. O seguinte paso será colocar por todo o planeta gobernos corruptos presididos por descerebrados locuaces ó noso servicio, e que actuarán segundo os designios das grandes corporacións, para reducir á humanidade a un estado de sumisión consumista (que por certo, ten as mesmas letras que comunista).

Poñeremos a David Vidal coma entrenador do Madrid e ó cantante da Panorama coma presidente da Xunta. A moeda oficial deixará de ser o euro para pasar a selo a tallada de pulpo á feira. A xornada laboral pasará a ser de media xordada (12 horas) e o himno nacional será o tema de cabeceira do noso disco. ... e bueno, xa iredes vendo por Intereconomía, El País ou a revista Hola o desenvolvemento dos acontecementos.

A qué destinaremos as vosas achegas

Cos cartos que logremos gracias á vosa inconsciente bondade contrataremos a un loitador de sumo para que lle dé collejas a Iago Pico no seu estudio, Pousada Son, para que espabile e nos grabe o mellor disco da historia do Rock e do Bravú, cos temas que compuxemos despois do noso retiro en Machu Pichu e Rodeiro, practicando a meditación con empanada de torriscos, pan con unto e viño da Ribeira Sacra.

Co que sobre temos pensado acabar coa produción mensual da Estrella Galicia, marchar unha semana de vacaciós a Alepo, e comprar unha escaleira, unha cabra, unha trompeta e un órgano para os nosos directos. E según vaia sobrando iremos imprimindo discos e camisetas para irvos pagando, e que non vos poñades pesados, tamen pagaremos as débedas contraidas por tabernas e lupanares.

Quén somos

Rastreros nacen en Chantada a finais dos anos 80 bebendo das fontes do punk británico e nacional. Inician un camiño que lles levará a emanciparse de toda atadura a calquer etiqueta ou moda prediseñada, ata acabar grabando a ferro un estilo propio, moi marcado por la inclusión da gaita Galega nas suas melodías.

As cancións de Rastreros, teñen como fio conductor a crítica social e o rexeitamento a toda inxusticia cometida polo homo sapiens, sempre dende o humor, a ironía e ás veces o profundo cabreo.

Actualmente, tra-las novas incorporacións que veñen a aportar sangue fresca, Rastreros somos:"O Gaitas" gaita, “Richi, caixaritmos” batería, “killo Master guitar” guitarra, “Peibol perro loco” guitarra, “Dani” baixo, "Oscar, perrogaitas" na gaita Galega, e “Eléctrico, Pego ou Ruendas” berros e ouveos.

Pode ser que nos coñezas por esto:

Sobre as recompensas

Somos conscientes de que non vos importan as recompensas. Que esto o facedes porque sabedes que é a vosa obligación. Así e todo queremos premiarvos co mellor do mellor.

Ante as innumerables peticións de universidades e museos, e as insufribles súplicas de moitos mortais reeditaremos remasterizado o noso primeiro disco "A piñón fixo".

Busca as recompensas que incluen a nevera oficial de RASTREROS para disfrutar da praia ou do monte.

Ós que non solicitades a entrega a domicilio, irémosvos entregando as recompensas nos concertos que iremos dando, ou ben en lugares pactados o máis preto posible da vosa localidade (sólo para Galicia)

Calendario previsto

Na segunda quincena de septembro compaxinaremos as festas no noso palacio de Miami co remate da grabación do disco.

Unha vez rematada a grabación e masterización, entregaremos as recompensas de “descarga dixital anticipada”.

O mes de outubro adicarémolo á fabricación de CDs, camisolas, etc... Finalmente o pistoletazo de saída para a entrega de tódalas recompensas será o 11 de novembro, moitas de elas darémolas en man no Castañazo Rock en Chantada, coincidindo coa presentación ó gran público do disco.

O resto delas, xunto coas do envio postal entregarémolas á maior brevedade posible.

Obxectivos adicionais se se supera o obxectivo

Se,coma nos dixo un bruxo observando as entrañas dunha pega, superamos o obxetivo, faremos unha tirada de posters promocionais coa imaxe do disco, que quedarán que nindiola na túa habitación.

probable portada do disco
probable portada do disco

+ Info

www.rastreros.net
facebook
Twitter

FAQ

  • Non me dou coas novas tecnoloxías. O do pago con tarxeta por internet levoo moi mal. Hai algunha outra opción?

    Hai. Pero tes que te poñer en contacto con nós por algún medio. Nós facemos o pago por tí e ti dasnos os cartos en persoa. De tódolos xeitos se tes unha direción de email mellor, porque así irémoste informando periódicamente de cómo vai todo, de se che tocou algún premio nos sorteos que iremos facendo, ou da entrega das recompensas.

  • Na "Festa no Averno" haberá barra libre? e comida a fartar? Qué día será?

    Homeeeeeeeee! cómo non vai haber? Ninguén pasará fame nin sede, e verá saciadas as súas ansias de Rockanroll. A data será o día 28 de outubro, para xantar e festa toda a tarde. O lugar permanecerá en secreto ata pouco antes. Comunicaremoslle ós agraciados o emprazamento exacto, pero podemos dicirvos que será en Chantada.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • À Revolta Entre A Mocidade

    À Revolta Entre A Mocidade

    over 6 years

    Avante camaradas, que a música boure bem alto no país do Faro. Vemo-nos no averno ou na tasca do sistema.

  • ManuelCruzRodriguez

    ManuelCruzRodriguez

    over 6 years

    O acontecemento musical máis importante desde Woodstock!!!

  • ManuelCruzRodriguez

    ManuelCruzRodriguez

    over 6 years

    O acontecemento musical máis importante desde Woodstock!!!

  • samuelportodacal

    samuelportodacal

    over 6 years

    Xa lle din a volta o peto!!

#12 / GRACIÑAS!!

GRACIÑAS A TODAS E TODOS OS QUE COLABORÁSTEDES. Agora poñémonos a traballar para ser merecedores da vosa confianza e para que disfrutedes tanto coma nós do novo disco. Aínda ides facer que choremos e todo! Ñif! Da gusto con xente coma vos!

Nun mes contamos que recibades a versión dixital do novo disco!

E en breves recibiredes novas e preguntarémosvos cómo queredes recibir as recompensas.

Unha aperta

#11 / Avance do novo disco

Como recompensa final, aparte das que aínda podedes coller por colaborar, deixamosvos o avance do que será o novo disco (aínda sen mistura nin masterización, pero con toda a enerxía).

Aínda quedan recompensas espectaculares das que teñen plazas limitadas!!!

Como recompensa final, aparte de las que podeis coger por colaborar, os dejamos el avance de lo que será el nuevo disco (todavía sin mezclas ni masterización, pero con toda la energía).

Aún quedan recompensas espectaculares de las que tienen plazas limitadas!!!

#10 / ESTO ESTÁ CONSEGUIDO!!

Prácticamente. Pero non nos paramos ahí xa que hai moita xente que sabemos que espera a última hora para pedir a sua recompensa e ímosnos pasar. Así que o plan era facer unha tirada de posters que serviran tamén como cartel publicitario para concertos e para recordo. Houbo quen nos dixo de facer unha edición máis cuidada do disco. Vós, como mecenas do proxecto ,¿qué opinades? Deixade o voso comentario no blog sobre o que debemos facer co excedente. Por outra banda, este venres publicaremos o video que fixemos co primeiro tema que grabamos: LEOPOLDO. Vos como mecenas recibiredes o link antes ca ninguén para que poidades disfrutar do tema que mostrará unha parte do que será o disco novo (pero tede en conta que a mistura aínda non é a definitiva e está sen masterizar, é unha forma de agradecervos a vosa confianza e apoio)

![]

#06 / Resultado do sorteo de 2 camisolas do CASTAÑAZO ROCK

Os gañadores de unha camisola do CASTAÑAZO ROCK no sorteo realizado na nosa guarida foron:

Ofillodoviñas

anamyryam

Noraboa ós agraciados. Deixámosvos un video co desenrolo do sorteo e aproveitamos para voltar a darvos unha forte aperta e o agradecemento pola vosa achega.

#05 / Superado 50%

Xa superamos o 50% en menos da metade do tempo!!!

E para celebralo deixamos o apoio duns amigos. E xa vos iremos ensinando todos os apoios que recibimos, que son moitos.

Moitas grazas a todos por ser nosos mecenas!
Ver Video

#03 / Moitas Grazas!!!

Moitas Grazas a todos e todas as mecenas que contribuístedes ata agora. Sen a vosa axuda o proxecto do novo disco rastrero non podería ver a luz. Pero aínda nos falta moita xente, e sabemos que hai persoas con dificultades para facer a sua aportación en Verkami. Por eso queriamos pedirvos axuda para que lle botedes unha man á xente que ou ben non ten acceso a internet, ou se manexa mal coas novas tecnoloxías para que faga esa aportación que tanto ben lle vai facer ó mundo. Ah! E non dubidedes en presumir de ser os mecenas do disco que dará que falar outros 21 anos. Graciñas

Muchas gracias a todas y todos los mecenas que habéis contribuído hasta ahora. Sin vuestra ayuda el proyecto del nuevo disco rastrero no podría ver la luz. Pero aún nos falta mucha gente, y sabemos que hay personas con dificultades para hacer su aportación en Verkami. Por eso os queríamos… read more

#01 / Superado 25%

Superada a cuarta parte do obxetivo, dar gracias a todas e todos. Imos a moi bon ritmo. Deixamos unha mensaxe de apoio duns colegas.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy