❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Lírica GastroNímica para a diáspora galega

Apelamos á fraternidade pangalega para suplir o rexeitamento da Xunta de Galicia a financiar este ano os nosos envíos de libros aos galegos que moran fóra da terra. Queremos enviar 40 paquetes con libros de poesía, gastronomía e onomástica a 40 emigrantes ou descententes. Axúdanos a facelo realidade

Fillos de Galicia

A project of

Category

Created in

0
seconds
36
Pledges
806€
From 775€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

OBXECTIVO INICIAL CONSEGUIDO!! (775 €)

A falta de apenas 1 día para rematar o crowdfunding, AMPLIAMOS O OBXECTIVO para enviar 110 paquetes (330 libros) xa que temos recibido ese número de solicitudes, superando con moito os 40 libros previstos inicialmente. Así...

  • Para enviar 40 paquetes x 3 libros, xa logramos os 775 euros.

- Para enviar 45 paquetes, precisariamos 865 euros.

- Para enviar 50 paquetes, precisariamos 955 euros.

- Para enviar os 110 paquetes, precisariamos 2.035 euros.


Hai 3 anos a solidariedade entre a xente galega e da diáspora permitiunos enviar ducias de libros para espallar a nosa antroponimia por todo o mundo. Hoxe apelamos de novo á fraternidade pangalega para suplir o desleixo da Xunta de Galicia, que neste 2016, por 1ª vez desde 2002, deixou Fillos de Galicia, a entidade pioneira no uso de Internet para tender pontes coa nosa diáspora, sen ningunha axuda económica. As nosas solicitudes de subvención (para gastos de funcionamento e para realizar envíos gratuitos de libros) foron rexeitadas baseándose en que non figuramos inscritos nun rexistro do que eles mesmos nos sacaron.

Así é que vos convidamos a colaborar, a toda a xente de Galiza e da diáspora, para enviarmos unha nova remesa de libros (desta volta 3 títulos diferentes publicados pola nosa asociación nestes últimos anos):

Lema da campaña

Ademais do nome e etiqueta de #LiricaGastroNimica (un xogo de palabras cos contidos dos 3 libros que imos enviar), usaremos o lema de Libri Fratresque Gallaecia, parafraseando o lema histórico dos irmandiños.

A que irán destinadas as vosas achegas

Coas vosas achegas financiaremos o envío postal dos libros a calquera lugar do mundo onde unha galega ou un galego nolo solicite. Dado que 2 dos 3 libros son edicións non venais e que xa están editados, non suporán un custo. A Antoloxía poética si que é unha edición con prezo de venda, e inclúese no orzamento o seu custo.

Para o cálculo do custo dos envíos estimamos o caso que prevemos será máis habitual (envío dos 3 libros fóra de Europa).

Desglose do orzamento:

  • Envíos: 427 €.

  • Campaña e impostos: 188 €.

  • Custo Antoloxías: 160 €.

  • TOTAL = 775 €.

Sobre as recompensas

As recompensas para os/as mecenas son de dous tipos, combinables:

  • Cada libro levará escrita unha indicación co nome da persoa mecenas que o financiou, opcionalmente cunha nota a xeito de dedicatoria (como fixemos hai 3 anos).

  • Despois, algúns mecenas recibirán eles mesmos algunhas das obras distribuídas tamén no seu domicilio, como recompensa. Tamén se incluirá nalgunhas das recompensas o ensaio «O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes».

(Para máis detalles véxase cada tipo de achega na columna da dereita.)

Pero a principal recompensa non é para as persoas que poñen os cartos, senón para cada persoa que, na diáspora, ha recibir esta mostra de solidariedade cultural.

Hai 3 anos a xente de Verkami sorprendíanse de que os/as mecenas galegos/as puidesen poñer cartos para enviar unhas recompensas en forma de libros que non lles chegarían a eles senón a persoas descoñecidas, moitas veces a milleiros de km de distancia, aos que só unía a pertenza a iso que chamamos a Nación Mundial galega. E ducias de persoas demostráronlles que cando se trata da diáspora galega, a xenerosidade dos galegos e galegas, sen importar onde naceran, non mira recompensas particulares, senón apoiar e financiar os pequenos ou grandes fitos colectivos da trasmisión cultural galega no mundo. Onte foi a construción dos históricos Centros Galegos; hoxe é facer unha pequena achega mediante

Internet para enviar polo mundo decenas de libros coa nosa cultura...

Ah, e por suposto, os propios destinatarios dos libros poden tamén ser mecenas e pagar así polo seu propio envío e se cadra polo dalgunha persoa máis.

Calendario previsto

Os libros hanse enviar inmediatamente se faga efectivo o importe das achegas, xa que os libros e o material para os empaquetarmos xa o temos. Prevemos polo tanto que os libros cheguen ao seu destino ao longo do mes de novembro, tendo prazos de envío máis longos para os destinos alén mar.

+ Información

A campaña no blog de Fillos
Solicitar a recepción dos libros como beneficiario/a dos envíos
A campaña en Twitter
A campaña en Facebook

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#07 / Rematada a campaña, publicamos os resultados en cifras

Hoxe saiu para Cuba o derradeiro dos libros que puidemos enviar grazas ás xenerosas 36 persoas galegas que puxeron os cartos que a Xunta do PP non quixo poñer para facer posible esta fermosa campaña. Con iso quedan esgotados os fondos conseguidos e damos por rematada a compaña.

Podedes ver as cifras no blog oficial da nosa asociación.

Grazas de novo a todas e todos os que axudastes coa vosa solidariedade a facer realidade o lema da campaña: "Libri Fratresque Gallaeciae" (Libros... e irmaos galegos!).

#06 / Hoxe enviamos as recompensas en forma de libros aos mecenas

Hoxe sábado 5 de novembro depositamos na oficina de Correos todos os paquetes de libros destinados ás persoas que fostes mecenas (lembrade: só se fuches mecenas con achegas de 22, 36 ou 100 € has recibir libros). Só nos falta unha persoa por enviarnos o seu enderezo postal, e esperamos que nola faga chegar nos vindeiros días para completar o 100% das recompensas físicas.

Unha vez descontados os gastos de campaña e estes gastos de envío dos libros a algúns mecenas, o resto será dedicado a enviar os libros ás persoas da Diáspora que os solicitaron, é dicir, ao obxectivo principal da campaña #LiricaGastroNimica.

Seguiremos informando do desenvolvemento da campaña, tanto aquí como nas páxinas e perfís oficiais da nosa asociación nas redes sociais. Non deixes de seguirnos se aínda non o fas! :-)

https://twitter.com/fillosdegalicia
https://www.facebook.com/Fillos-de-Galicia/

#05 / A #LiricaGastroNimica consegue o seu obxectivo!! Enviaremos máis de 40 paquetes de libros

Este pasado martes finalizou a campaña que desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia puxéramos en marcha para suplir a falta de axudas da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que nos deixara este ano con 0 euros para facer os nosos envíos gratuítos de libros á xente da diáspora, actividade central para nós durante os últimos anos, como se pode comprobar nas novas do noso blog oficial.

Grazas a 36 mecenas, galegas e galegos xenerosos e fraternos coa nosa diáspora, máis de 40 paquetes con libros de cociña galega, antroponimia e poesía viaxarán por todo o mundo até moi diversos lugares onde moran galegos e persoas de ascendencia galega que tamén se sinten membros diso que nós chamamos a Nación Mundial Galega.

Nos vindeiros días irémonos poñendo en contacto… read more

#04 / Temos 1 día máis para lograr facer máis envíos de libros!

Hai apenas unhas horas que logramos o obxectivo previsto e polo tanto a #LiricaGastroNimica será unha realidade: enviaremos os 40 primeiros envíos previstos de libros.

Agora temos 1 día máis (fixéramos mal o cálculo e a campaña remata o martes 25 ás 15 h peninsular española) para lograr máis achegas que nos permitan facer máis envíos, e así dar resposta a esas 70 persoas que fixeron solicitudes de libros que aínda non temos diñeiro para atender (un total de 110).

Así que durante estas derradeiras horas de campaña aínda podemos facerlle difusión, sabendo que será unha realidade, e que agora só cabe mellorala ampliando o número de libros enviados, e o número de persoas beneficiarias dos mesmos!

Grazas a todas as persoas que o fixestes posible e esperamos poder facer moitos máis envíos, finalmente!

#03 / Creamos un GIF animado con comentarios das persoas solicitantes

Vimos de publicar nas redes sociais un arquivo en formato GIF animado que reproduce algúns dos comentarios das numerosas persoas de orixe galega que solicitaron recibir os nosos libros. Isto é, das persoas que serán as principais beneficiarios da solidariedade dos nosos mecenas, e que a Xunta de Galicia despreciou negándonos este ano calquera axuda para este fin.

Compartímola convosco tamén aquí para que coñezades o que esta iniciativa fai sentir a tanta da nosa xente que, lonxe da nosa (da súa) terra, devecen por recibir estes vehículos de cultura e de fraternidade que son os nosos 3 libros.

Nestes intres (día 20 de outubro, 18 horas Hora Galega) estamos no 62% do diñeiro preciso e faltan apenas 4 días para que remate o crowdfunding, e polo tanto solicitamos toda a vosa axuda, en forma de… read more

#02 / Antoloxía poética da diáspora galega: un libro único a piques do seu X aniversario

Un dos 3 libros que queremos enviar á nosa xente da Diáspora é a Antoloxía poética da diáspora galega, un libro pioneiro en dar voz aos poetas da Galiza exterior, que no ano 2017 cumprirá 10 anos da súa publicación.

Se nos axudas a que a #LiricaGastroNimica chegue a bo porto e logremos durante esta semana que apenas nos resta até a data de remate do crowdfunding poderán viaxar moitos exemplares deste libro de poemas a diversas partes do mundo onde unha persoa de orixe galega quere desfrutar os seus poemas cargados de galeguidade, poemas a cargo de **Alfredo Pedro Guisado, José E. Conde Masdiaz, Juan Antonio Aguilar Abad, David Ferreiro Nieto, Guido Roberto Lanzós, Fernando Somoza Varela, Stella Maris Latorre, Lito Caramés, Margarida Santos , Amauta Castro, Neli Rodríguez, Manuel Casal Lodeiro, Enríque Rodríguez Álvarez, Roberto César Hermida, Antonio José Francisco Rey, Leónidas Lúa Lacorme, Patricia Sanjorge, Roxelio Diz Fuentes,

David Pereda, e Manuel Diz Ramos.**

read more

#01 / Novas achegas: 5 e 9 euros para a #LíricaGastroNímica

Desde hoxe na campaña da Lírica GastroNímica tamén se poden facer achegas máis económicas cás inicialmente indicadas: por 5 e 9 euros tamén podes axudar a enviar estes 40 paquetes de libros galegos polo mundo.

Fixemos este esquema visual para ver máis doadamente, dunha ollada, por cada tipo de achega qué conseguimos (por unha banda en tema de envío de libros á xente da Diáspora, e pola outra a xeito de recompensa para cada mecenas que nos axuda):

Grazas a toda a xente que xa comezastes axudas! Grazas irmaos e irmás! :-)

Libri Fratresque Gallaeciae!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy