2015 — VERKAMI: 5 años haciendo historia del crowdfunding
×
Este es el blog de Lírica GastroNímica para a diáspora galega. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

A #LiricaGastroNimica consegue o seu obxectivo!! Enviaremos máis de 40 paquetes de libros

Este pasado martes finalizou a campaña que desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia puxéramos en marcha para suplir a falta de axudas da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que nos deixara este ano con 0 euros para facer os nosos envíos gratuítos de libros á xente da diáspora, actividade central para nós durante os últimos anos, como se pode comprobar nas novas do noso blog oficial.

Grazas a 36 mecenas, galegas e galegos xenerosos e fraternos coa nosa diáspora, máis de 40 paquetes con libros de cociña galega, antroponimia e poesía viaxarán por todo o mundo até moi diversos lugares onde moran galegos e persoas de ascendencia galega que tamén se sinten membros diso que nós chamamos a Nación Mundial Galega.

Nos vindeiros días irémonos poñendo en contacto tanto cos mecenas como coas persoas beneficiaras dos envíos, ás que lles iremos enviando os seus libros por rigorosa orde de solicitude até esgotarmos os 806 € conseguidos, unha vez descontados os lóxicos gastos de campaña (Verkami, bancos, impostos, etc.).

Dámosvos oitocentas grazas a todas as persoas que axudastes a facelo posible, facendo voso o lema de Libri Fratresque Gallaeciae (libros e irmáns galegos): con achegas económicas, con difusión, etc.

Lembramos a todos que Fillos de Galicia facémolo entre todos, e que é unha organización democrática aberta á participación como socios ou colaboradores de calquera persoa interesada no mantemento da galeguidade na diáspora. Contacta connosco se queres seguirnos axudando dalguna outra maneira :-)

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario