There are no ongoing projects, categories or tags with this search...
Click on “Enter” to search among all the projects :)
Rematei os estudos de Peritaxe Industrial na especialidade Eléctrica na Escola de Vigo no ano 1967. Traballei nunha axencia de publicidade ata a miña marcha á “mili” e ao regreso comecei a traballar nunha empresa do sector eléctrico. Ao abeiro da LRU entrei como Profesor Asociado no Departamento de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Vigo onde estiven ata a miña xubilación. Nestes anos “din ao ferro” cinco libros de enxeñería, dous deles en galego, e unha triloxía de contos ilustrada por min que leva por título “Crónicas dun filósofo tabernario”.