In order to interact successfully and get the best performance from our website, we recommend upgrading your browser to a more recent version or using another browser such as Chrome or Firefox.

Discover the 10 most exciting projects of 2018!

Ophiusa - Xogo de cartas da historia do Reino de Galiza.

Ophiusa: A terra dos mil ríos. É un xogo de mesa para tódalas idades. Componse de 54 cartas que representan varios dos acontecementos máis destacados da sociedade, a cultura e a política galega.

Mentis

A project of

Category

0
seconds
82
Patron
2.094€
From 999€
Contribute to the project

A nova páxina web de MENTIS

Ophiusa representou o primeiro paso para o noso proxecto. Grazas a vosa axuda non só verá a luz o xogo de Ophiusa, senón que MENTIS comeza a traballar en novos xogos cunha nova e orixinal liña de traballo. Xogos para o intelecto, imaxinativos, creativos e artísticos. O noso obxectivo é expandirnos máis aló das fronteiras do país.
Nestes intres estamos traballando na páxina Web que verá a luz a finais de novembro. Manterémosvos informados.

PD: Pouco menos de 44 horas para o remate da campaña e acabamos de acadar o noso segundo obxetivo. Non haberá ninguén que se anime a dar un novo impulso?

RECTA FINAL

Xa entramos na recta final da campaña. O primeiro darvos as gracias por facer posible este proxecto, e anunciar a nosa presencia no Culturgal deste ano, a gran feira da cultura galega, que terá lugar entre os días 5 e 7 decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí estaremos presentando o proxecto e facendo partidas demostrativas. Aqueles que queirades achegarvos seredes benvidos.

VIDEO DISPOÑIBLE: Unha ollada as cartas.

Xa podedes botarlle un ollo á maqueta previa e coñecer a distribución das cartas.
En breve, o titorial do xogo.

PRIMEIRO LOGRO: CONSEGUIDO!!!

Moitísimas grazas polas achegas, a difusión e o apoio de todos.

Ophiusa xa é unha realidade. Agora a polo seguinte obxectivo: Facer unha boa tiraxe e distribuílo nas librarías do país, así que o novo reto serán 1999€.
Para conseguilo queremos engadir unha recompensa moi especial, tanto para aqueles de vos que xa aportáchedes como para aqueles que desexen unirse o proxecto.
Cada xogo incluirá a maiores tres cartas mestras, unha por cada cor principal: Vermello, azul e verde. Estas cartas virán en branco para que as poidades personalizar cun acontecemento importante do voso entorno: unha data histórica da vosa vila, o voso aniversario, o día da estrea de Songoku... As cartas poderán ser usadas no xogo como substitución dos tres comodíns.

Ophiusa: A terra dos mil ríos.

É un xogo de cartas para tódalas idades.
Componse de 54 cartas que representan varios dos acontecementos máis destacados da sociedade, a cultura e a política galega. Aínda que non é preciso ningún tipo de coñecemento previo da historia para poder xogar.
Ophiusa, ademais de ser un entretido xogo de mesa, tamén desenrola unha importante labor didáctica, que axudará os xogadores a organizar cronoloxicamente os seus coñecementos da historia.

Quen somos?

Moitos xa nos coñecedes, somos Fernando M. Cimadevila, editor de Contos Estraños e autor de libros como "O mundo secreto de Basilius Hoffman" ou a serie infantil "As aventuras do Apalpador", e José María Picón, ilustrador e fotógrafo, que realizou múltiples capas tanto para Contos Estraños e Urco editora como para outras editoriais de fora do país, ademais de ter un bo feixe de capas para discos de música ás súas costas.

Xogando a Ophiusa:

A mecánica de xogo de Ophiusa está baseada nos dous xogos de mesa máis populares do país.

Por unha banda temos o tradicional xogo de naipes, onde os xogadores deben escoller a carta que xogar dende a man.
E por outra parte, temos a estratexia posicional do dominó, onde as cartas deben ser colocadas seguindo unhas regras baseadas na súa data histórica e nas cores das propias cartas.

O obxectivo do xogo será facerse co maior número de cartas ao final da partida,.
Nesta, cada xogador representa unha provincia, e as cartas que correspondan a estas provincias, valen o dobre para ese xogador.
Tamén hai cartas especiais, como son os comodíns, que permiten ser xogadas sen ter en conta a súa data histórica.

A que destinaremos as vosas achegas.

Serán destinadas a impresión do xogo, así como dos pósters cronograma e os adhesivos. O material será de alta calidade imprimindo en cartón especial de naipes de 300Gr. Os pósters serán en tamaño A3 e incluirán unha cronografía dos acontecementos históricos.

Calendario previsto

O xogo atópase completamente rematado, polo que no prazo de 30 días unha vez finalizado o crowfounding recibiredes as vosas recompensas

+ Info

Facebook de Ophiusa

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

12 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Mentis

    Mentis
    Author

    about 4 years

    Ola, para facer pedidos podes dirixirte o noso mail, wearementis@gmail.com para as librarías temos un desconto do 30%-40% dependendo da cantidade.
    Moitas grazas e un saúdo.

  • Ricardo Rodríguez

    Ricardo Rodríguez

    about 4 years

    Bo día, son da librería Ourensana "Sindicato del cómic", e estaba interesado en saber se o distribuides por librerías e cómo tiñamos que facer.
    Moitas gracias

  • Mentis

    Mentis
    Author

    over 4 years

    Ola, podes escribirnos o noso mail wearementis@gmail.com
    Un saúdo.

  • Alberto

    Alberto

    over 4 years

    Acabo de descubrirvos!!! Cómo ou onde pode comprarse un xogo??
    Moitas grazas!

  • Mentis

    Mentis
    Author

    over 4 years

    Ola, estamos rematando de preparar o xogo, e a nosa intención é envialo para a semana que ven ou en todo caso antes do día 10. Esta finde pediremos os enderezos. Ou en todo caso como imos anunciar, estaremos no Culturgal onde tamén podedes recollelos.
    Apertas

  • Monstro da Empanada

    Monstro da Empanada

    over 4 years

    Ola!!
    Vades pedir os enderezos pronto? Eu tiña pensado regalar Ophiusa polo nadal e pouco queda xa!!

    Un saúdo.

  • Mentis

    Mentis
    Author

    over 4 years

    Ola, Tito. Efectivamente, o prazo o establece Verkami en 40 días, que son os que temos para recadar os fondos. Esperamos ir conseguindo os novos obxectivos e ver o xogo nas librarías. Moitas grazas.

  • Tito

    Tito

    over 4 years

    Anque consigades o seguinte obxectivo, o prazo de participación é inamovible, ¿non si?
    Isto é, ¿teño 36 días para apoiar-vos xuntedes os cartos que xuntedes?

  • Mentis

    Mentis
    Author

    over 4 years

    Ola, Anxo. Comproba na parte esquerda da páxina do Verkami que teñas a listaxe de achegas, que van dende os 2€ até os 250€, (avísanos se tes problemas para visualizala) lembra tamén que os cartos non se adiantan, e dicir, so pagarías cando remate o prazo do proxecto e só no caso de que este consiga o seu obxectivo principal, que neste caso está a piques de ser acadado e que continuará igualmente con novos obxetivos e agasallos. Moitas grazas polo teu interese.

  • Anxelo

    Anxelo

    over 4 years

    Non se di nada do prezo que se debe pagar (adiantar). ¿Canto sería?

#04 / GRANDE ÉXITO!! MOITÍSIMAS GRAZAS A TODO O MUNDO!!!

Rematamos o fin tras 40 días o crowfounding. Cando o lanzamos nunca imaxinamos que a resposta da xente fose tan abafante. Non só conseguimos o noso principal obxectivo en tres días, senón que a día de hoxe conseguimos duplicalo.
Comezamos xa coa impresión do xogo e esperamos que o poidades ter nas mans en aproximadamente 30 días. Queremos mantervos informados e seguir en contacto, resolvendo calquera dúbida que teñades ou engadindo novos pedidos o que xa tendes feito.
Unha aperta moi grande para todos vos.

#03 / A nova páxina web de MENTIS

Ophiusa representou o primeiro paso para o noso proxecto. Grazas a vosa axuda non só verá a luz o xogo de Ophiusa, senón que MENTIS comeza a traballar en novos xogos cunha nova e orixinal liña de traballo. Xogos para o intelecto, imaxinativos, creativos e artísticos. O noso obxectivo é expandirnos máis aló das fronteiras do país.
Nestes intres estamos traballando na páxina Web que verá a luz a finais de novembro. Manterémosvos informados.

PD: Pouco menos de 44 horas para o remate da campaña e acabamos de acadar o noso segundo obxetivo. Non haberá ninguén que se anime a dar un novo impulso?

#02 / Recta final

Xa entramos na recta final da campaña. O primeiro darvos as gracias por facer posible este proxecto, e anunciar a nosa presencia no Culturgal deste ano, a gran feira da cultura galega, que terá lugar entre os días 5 e 7 decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí estaremos presentando o proxecto e facendo partidas demostrativas. Aqueles que queirades achegarvos seredes benvidos.

#01 / PRIMEIRO LOGRO: CONSEGUIDO!!!

Moitísimas grazas polas achegas, a difusión e o apoio de todos.

Ophiusa xa é unha realidade. Agora a polo seguinte obxectivo: Facer unha boa tiraxe e distribuílo nas librarías do país, así que novo reto serán 1999€.
Para conseguilo queremos engadir unha recompensa moi especial, tanto para aqueles de vos que xa aportáchedes como para aqueles que desexen unirse o proxecto.
Cada xogo incluirá a maiores tres cartas mestras, unha por cada cor principal: Vermello, azul e verde. Estas cartas virán en branco para que as poidades personalizar cun acontecemento importante do voso entorno: unha data histórica da vosa vila, o voso aniversario, o día da estrea de Songoku... As cartas poderán ser usadas no xogo como substitución dos tres comodíns.

2€
0 backers

Xornaleiro:
Adhesivos Ophiusa + Agradecemento nos créditos

5€
0 backers

Campesiño:
Póster cronograma + Adhesivos Ophiusa + Agradecemento nos créditos.

15€
36 backers

Artesano:
Xogo + Agradecemento nos créditos + Gastos de envío gratuítos.

18€
3 backers

Emigrado:
Xogo + Agradecemento nos créditos + Gastos de envío Internacionais gratuítos

20€
30 backers

Fidalgo:
Xogo + Póster cronograma + Adhesivos + Gastos de envío gratuítos.

30€
5 backers

Crego:
2 xogos + 2 Pósters cronograma + Adhesivos + Gastos de envío gratuítos.

50€
4 backers

Cabaleiro:
Paquete Libraría
5 xogos + Agradecemento nos créditos + Gastos de envío gratuítos

60€
0 backers

Abade:
Presentación e demostración do xogo para librarías e centros de ensino.

80€
0 backers

Marqués:
Paquete Libraría II
5 xogos + Logo da empresa ou entidade no reglamento do xogo + Gastos de envío gratuítos.

90€
2 backers

Bispo:
Paquete Libraría III
10 xogos + Agradecemento nos créditos + Gastos de envío gratuítos

120€
1 backer

Rei:
Paquete Libraría IV
10 xogos + Logo da empresa ou entidade no reglamento do xogo + Gastos de envío gratuítos.

250€
1 patron (sold out)

Cacique:
Paquete Libraría V
10 xogos + Logo da empresa ou entidade na propia caixa do xogo + 10 pósters cronograma + Adhesivos + Presentación e demostración do xogo para Librarías e centros de ensino + Gastos de envío gratuítos

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.