REPETIMOS EN PAPEL!
Pikara Magazine é unha revista dixital que ofrece desde 2010 xornalismo e opinión sobre todo tipo de temas sociais, cunha mirada feminista. Na actualidade recibe máis de 100.000 visitas ó mes; vén de converterse nun referente para as feministas do Estado español e América Latina, pero tamén nun proxecto atractivo para un público amplo non necesariamente activista.
En 2013 saíu á venda o primeiro número de Pikara Magazine en papel e superou todas as nosas expectativas. Editamos unha primeira tirada de 1000 exemplares, que se esgotaron en moi pouco tempo e voltamos imprimir 700 máis. A revista en papel presentouse en máis de 20 librerías e, en todas as ocasións, a acollida ten sido un éxito. A revista en papel serviu para que nos acheguemos fisicamente ás nosas lectoras e lectores, ademais recollimos infinidade de mostras de agarimo, afagos e críticas; unha experiencia que nos animou a consolidar a aposta de editar un número en papel ó ano.
Co aprendido no primeiro ano (sobre todo en canto a prazos e formas de distribución), este ano podemos garantir que o número dous será moi atractivo e que chegará ás vosas mans sen sobresaltos nin demoras.
QUE HAI DE NOVO?
Este novo número recollerá unha escolma do publicado en pikaramagazine.com no seu segundo ano, entre novembro de 2011 e novembro de 2012. Repetiremos portada e contraportada das nosas ilustradoras Emma Gascó e Señora Milton; a segunda será ademais a encargada de maquetar esta edición.
Priorizamos as reportaxes, entrevistas e análises en profundidade que invitan a unha lectura sosegada que o consumo rápido de contidos que impera en internet. Como reflexo da actualidade política, destaca a presenza de textos relacionados co dereito ó aborto. Pero esta vez, para ofrecer alicientes a quen nos sigue cada semana online, incluíremos algún contido inédito, como textos de dúas colaboradoras que se incorporaron a Pikara máis recentemente, Alicia Murillo e Mar Gallego.
POR QUE É BOA IDEA APORTAR Ó CROWDFUNDING?
É unha forma de pre-mercar a revista, con vantaxes e comodidades. Custarache un euro menos que nos puntos de venda, recibirala en casa e antes de que se poña á venda en outros establecementos. Eso se pones 7 euros (no caso da Península ibérica). Pero mediante o crowdfunding tamén ofrecemos diferentes fórmulas para que recibas merchandising de Pikara, para que apoies o noso proxecto e que o teu apoio se reflicta na nosa web.
POR QUE CAMBIAMOS OS PREZOS DO Nº1?
No ano pasado, por novatas, non fumos conscientes de todos os gastos que implicaba o crowdfunding, calculamos mal o custo das recompensas e dos gastos de envío. Ademais, o ano pasado eleximos unha empresa de correos aparentemente máis barata que finalmente nos deu un mal servizo. Este ano utilizaremos Correos, cuxas tarifas son superiores, pero o servizo máis fiable. Parécenos que 7 euros (que en tendas serán 8 euros) é un prezo razonable, para unha revista anual, en cor, con papel de calidade, deseño coidado e contidos atractivos, gastos de envío incluídos.
Ademais, o ano pasado non tivems en cont que os envíos ás illas son moito máis custosos, nin pensamos que puidera haber demanda desde outros países. Por tanto, este ano marcamos tramos en función de a onde temos que enviar a revista. Queremos chegar a América Latina, onde temos moitas lectoras, pero nese caso é inviable mandar revistas soltas; propoñemos que a xente se organice para facer encargos de 10 revistas. En caso de outros países europeos, os packs tamén sairán máis económicos que mercar unha soa revista.
EN QUE GASTAREMOS OS CARTOS?
Primeiro obxectivo: 4.500 euros
O presuposto mínimo vai destinado a costear a impresión de 2.000 exemplares de 72 páxinas a cor (3.258,32 euros) e os gastos de xestión e bancarios. Pero non vai alcanzar para cobrir completamente os gastos de merchandising (por exemplo: 500 bolsos custan 775 euros) e distribución (calculamos que gastaremos 1.600 euros en envíos como mínimo). Por iso marcamos oos seguintes obxectivos:
Segundo obxectivo: 6.000 euros
Para poder costear, sen influír no presuposto anual da revista, os gastos de maquetación, ilustración, fotografía e coordinación do proxecto, así como o custe das viaxes e aloxamentos para poder voltar facer presentacións.
Tercer obxectivo: 8.000 euros
Xa logrado que a edición impresa sexa un proxecto sostible e autoxestionado, o que recaudemos ata finalizar o prazo servirá para costear unha posible segunda tirada (no caso de que se esgote a primeira, algo bastante probable) e para contribuír á sostibilidade de Pikara Magazine.
Calendario previsto
Xuño: Elaboración da revista
Xullo: Peche de maquetación e envío a imprenta
Agosto: Elaboración de recompensas e preparación de envíos
Setembro (primeira quincena): Envío de revistas e recompensas xs mecenas.
Setembro (segunda quincena): Venda da revista en establecementos
19 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Ana Guzmán
Hola, yo no recibí mi revista....
Pikara Magazine
Autor/a
Hola, Virginia
Ya no. En septiembre la revista estará en muchas librerías. Colgaremos una lista con todas las direcciones entonces.
Un abrazo,
virginia
Hola! Quiero apoyar el crowdfunding, aún se puede?
Pikara Magazine
Autor/a
Kaixo!
Acabamos de publicar un post con la imagen de los nuevos bolsos: http://www.verkami.com/projects/9247-pikara-magazine-en-papel-no2/blog/14908-nervios-merchan-adelantos
Para chapas también tenemos 4 diseños nuevos con muuuuy buena pinta :)
Esperamos que os gusten.
Un abrazo y mila esker!
VIr
Kaixo! aunque soy socia y al igualque el añopasado, estoy valorando laopción de volver a apoyar y después regalar la revista. Para saber que tipos de apoyo hacer,¿cuál es el diseño de chapas y bolso? es nuevo o es el del año pasado? eskerrikasko
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola!
Para librerías damos la opción de aportar 100 euros a cambio de 20 revistas. 10 se venden enseguida ;)
Un saludo
Arko
¿Se podría pedir el pack de 10 revistas para vender en una librería?
Pikara Magazine
Autor/a
¡Buenos días! Casi no nos quedan ejemplares del primer número de Pikara. De todas formas, quizá podamos dar con algún número en alguna de las librerías en las que está a la venta. Si quieres más información, escríbenos a [email protected]
Un abrazo
Becaria atribulada
Hola. ¿Habría alguna posibilidad de añadir una opción que incluyese, junto con este segundo número en papel, la compra también del primero? Un saludo.
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola! No tenemos ejemplares suficientes del primer número como para incluirlo como recompensa. En alguna de las librerías puede que quede algún ejemplar. Puedes escribirnos a [email protected] y te ayudamos a dar con alguno de los últimos ejemplares.
Un abrazo y ¡gracias!