❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"Aprendendo a ladrar"

Xardín Desordenado está formado por músicos con orixe no Jazz, que solicitamos colaboración para que as nosas poetas (Rosalía, Chus Pato, Olga Novo, Yolanda Castaño, etc) soen a swing, a blues, a bossa, e escóitense nos teatros e nos bares.

Xardin desordenado

A project of

Category

Created in

0
seconds
107
Patron
3.410€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

QUEDAN 7 DIAS!!!

Xardín Desordenado é unha reunión de músicos que, hai algún tempo, decidimos achegarnos ás librarías e ás bibliotecas, para gozar da poesía sen solemnidades. Non encontramos mellor modo de apoderarnos dos poemas que convertilos en cancións: swing, blues, bossa... que mostramos logo en auditorios e recintos culturais, pero tamén nos bares e nas rúas. O proxecto consolidouse nun CD sobre textos de poetas homes que xa foi amplamente difundido.

"Aprendendo a ladrar" será o noso segundo disco. Un proxecto que reúne cancións compostas sobre textos de poetas galegas, no que realizamos un percorrido dende Rosalía de Castro ata as autoras contemporáneas. O listado inclúe poetas das últimas décadas: Carmen Krukemberg, Marica Campo, Marta Dacosta, Luz Pichel, Enma Pedreira, Yolanda Castaño, Maria Lado...etc. Ao longo do CD quedan en evidencia as evolucións temáticas e estilísticas da poesía feminina, así como o papel da muller na sociedade. Unha evolución que Xardín Desordenado resume no título "Aprendendo a ladrar" tomado dun poema de Olga Novo, incluído no proxecto.
Como no noso anterior disco,utilizaremos diversos ritmos e climas musicais, acomodándoos ao argumento e talante de cada un dos poemas; a coherencia do proxecto lógrase mediante os arranxos cálidos - que proporcionan os nosos instrumentos acústicos - e mediante as voces de Marlene e Santiago Ferragud.

Facebook Xardin Desordenado

Soundcloud Xardin Desordenado

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
A recadación destinarase á gravación e edición do disco: gastos de estudo, mestura, masterización, deseño e fabricación dos CDs

CALENDARIO
Os músicos entraremos no estudo este mes de maio. Durante os meses de maio e xuño realizarase a gravación, mestura e masterización. En paralelo traballarase nas fotos e o deseño do disco. Espérase que todos estes traballos estean listos a finais do mes de xuño, para envialo a fábrica.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Benxamin

    Benxamin

    over 5 years

    En el texto de este enlace aparece OLGA NUEVO.
    Por favor ... rectifíquese a OLGA NOVO

    "Aprendendo a ladrar" tomado de un poema de Olga Nuevo, incluido en el proyecto.
    Como en nuestro anterior disco, utilizaremos diversos ritmos y climas musicales,

15€
46 backers

SEGUNDO DISCO DE XARDIN DESORDENADO
Disco "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + Mención nos créditos do disco como mecenas do proxecto + Mención no concerto presentación.

25€
14 backers

PRIMER + SEGUNDO DISCO
Disco "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + Mención nos créditos do disco como mecenas do proxecto + Mención no concerto presentación + Primer disco de Xardín desordenado.

35€
3 left (of 25)

SEGUNDO DISCO + ROSALÍA DE CASTRO "XARDINEIRA" *


(*) RECOMPENSA LIMITADA SÓ PARA MECENAS


CD de edición limitada e exclusiva (25 e só 25 exemplares en todo o mundo), con catro temas ineditos sobre "Cantares gallegos", de Rosalía de Castro +Disco "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + Mención nos créditos do disco como mecenas do proxecto + Mención no concerto presentación.

40€
10 backers

XORNADA INESQUECIBLE COA XENTE DE XARDIN DESORDENADO
Participación na gravación e aparición nun Video-clip + Convite a cervexa (en singular) cos membros dá banda ao final dá gravación +
Disco "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + Mención nos créditos do disco como mecenas do proxecto + Mención non concerto presentación.

50€
12 backers

PARTICIPACIÓN EN CONCERTO INTIMO
Presentación privada en concerto íntimo (máximo 15 persoas) con gravación de vídeo de recordo +
Disco "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + Mención nos créditos do disco como mecenas do proxecto + Mención no concerto presentación.

200€
3 backers

CONCERTO DÚO
Toco na túa casa, no teu local, na túa libraría... formato dúo + 2 Discos "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + O teu nome nos agradecementos do disco.
(Gastos de desprazamento non incluídos se é fóra da provincia de Pontevedra).

300€
0 backers

CONCERTO TRÍO
Toco na túa casa, no teu local, na túa libraría... formato trío + 2 Discos "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + O teu nome nos agradecementos do disco.
(Gastos de desprazamento non incluídos se é fóra da provincia de Pontevedra).

500€
0 backers

CONCERTO BANDA COMPLETA
Toco na túa casa, no teu local, na túa libraría... Banda completa + 2 Discos "Aprendendo a ladrar" asinado (previo á distribución en tendas) + O teu nome nos agradecementos do disco.
(Gastos de desprazamento non incluídos se é fóra da provincia de Pontevedra).

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.