"Dentro" é un proxecto de curtametraxe da que queremos que formes parte.
Mónica leva un par de días sen atender as chamadas. Damian, o seu mozo, vai ao taller de Antonio, un escultor para o cal Monica posa a miúdo. Ela non está alí, pero ao ver a cantidade de esculturas con seu rostro, Damian entende que Monica pasa co escultor mais tempo do que lle dicía. Motivo polo que comezará un enfrontamento verbal que deixará ao descuberto segredos que Antonio levaba ocultando moito tempo, algúns mesmo a si mesmo. Segredos que se cobrarán as súas vítimas cando Mónica regrese...
Ramino Alonso
Yo también (Antonio Naharro, 2009).
Celda 211 (Daniel Monzón, 2009).
Una palabra Tuya (Ángeles González Sinde, 2008).
Salir Pitando (Álvaro Fernández Armero, 2007).
La suerte dormida (Ángeles González Sinde, 2003).
Un burka por amor (Antena 3).
Hospital Central (Telecinco).
El comisario (Telecinco).
Carolina Clemente
No habrá paz para los malvados (Enrique Urbizu, 2011).
Implosión (Sören Voigt, 2011).
Tres metros sobre el cielo (Fernando Gonzáles Molina, 2010).
Bandolera (Antena 3).
Cuéntame cómo pasó (TVE).
Hospital Central (Telecinco).
Lalola (Antena 3).
Javier Prieto
Dame un verso (Facundo Tosso y Carolina Corvillo, 2013)
El teorema de Erastos (Mario Manso, 2011)
La violence: veriètès (Paloma Rodera [TeatroAlPunto] 2013)
El valor de las mujeres (Iñigo Rodríguez-Claro [Trampolín Teatro] 2013)
Cabaret, el musical (Maria Rosa Martos [No es culpa nuestra] 2012)
DIRECCIÓN
Facundo Tosso (Dame un verso, El regalo, Gliese 179).
GUIÓN
Carolina Corvillo (Dame un verso, Acaba conmigo, Reliquias).
XEFE DE PRODUCIÓN
Cecilio Chaves (Oniric, Block&breafast, Sapiens).
FOTOGRAFÍA
Ismael Issa (Oniric, The Zombie King, Morente, Deranged).
MONTAXE
Alejandro Lázaro (Balada triste de trompeta, Los crímenes de Oxford, El patio de mi carcel, La comunidad).
DESEÑO DE SON/MESTURAS
Federico Pajaro (Justin y la espada del valor, La partida, La dama y la muerte).
EFECTOS VISUAIS
Rubén Algarra (Mamá, Invasor, No habrá paz para los malvados, Eva, Transsiberian).
DIRECCIÓN ARTÍSTICA
Víctor López (El adivino, Cortocircuito, Django Aspiring Filmmaking Contest winner [Spain]).
MAQUILLAXE
Aurora García Rabadán (Sor, My Gay Grant, Hasta que la muerte nos separe).
SON DIRECTO
Javier Duch (Patatas, Más allá de la noche, Machetes).
MÚSICA
Ignacio Falcón (Dame un verso, Confluyendo, Apariencia).
Levar a cabo unha curtametraxe sempre require dun grande esforzo humano e económico. No caso de "Dentro" este esforzo promete ser maior dada a natureza da súa historia. Recrear fielmente o taller dun escultor e a obra de toda unha vida é o reto ao que nos enfrontamos e ao que te invitamos a formar parte.
*Deseño de produción * (escenografía, atrezzo, vestiario, maquillaxe).
Maquinaria de rodaxe (aluguer cámara, steadycam, grip, monitores, outros).
Axudas e desprazamentos (catering [22 persoas/día], desprazamento equipo).
Gastos xerais (discos duros, fotocopias, teléfono en rodaxe, localización, gasolina).
Seguro (seguro de responsabilidade civil).
ADEMAIS DOS GASTOS DA RODAXE TEREMOS:
Gastos de distribución: copias en DVD, envíos a festivais, proxeccións...
Gastos da plataforma crowdfunding: A realización dun crowdfunding leva asociado unha serie de impostos, gastos de xestión, comisións bancarias, envíos, etc.
Recompensas: Deseño e produción de todo o material gráfico, audiovisual e ornamental que se entregará aos mecenas segundo o tipo de recompensa que elixisen.
- * Na parte superior dereita desta web encontrarás o sitio para facer a túa achega. Toda axuda é ben recibida, agradecida e recompensada.*
** Para os envíos internacionais hai habilitada unha recompensa adicional de 10 € para poder facer fronte ao envío.
*** Para as recompensas que requiran presenza física (Preestrea, O Hitchcock) non está incluído o aloxamento nin desprazamento.
A preprodución de "Dentro" leva en marcha dende outubro do 2013. Neste tempo traballamos os deseños, storyboards, concept art, etc.
A partir de febreiro comezaremos coa construción das esculturas e os decorados. Este será un proceso longo que temos previsto rematar en abril.
A rodaxe está prevista para mediados de maio do 2014.
A fase de posprodución (montaje, deseño de son, gravación da banda sonora, mesturas, VFX e etalonaje) comezará en xuño e rematará a mediados setembro do 2014.
A preestrea está prevista para novembro do 2014. Despois comezará a fase de distribución a festivais.
As recompensas, salvo as que requiran presenza física (convite á preestrea, por exemplo), comezaranse a enviar a partir de agosto de 2014.
Se tes algunha dúbida sobre o proxecto, sobre como funciona o crowdfunding ou simplemente queres coñecernos mellor, podes contactar connosco a través das seguintes vías:
Email: [email protected]
www.dentro-corto.com
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.