❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Elelelos: músicas de tradición oral no Concello de Bueu

Retrouso de Cela quere editar un traballo discográfico que escolme 15 anos de recollas a informantes en todo o Concello de Bueu e supoña unha homenaxe dos músicos do grupo aos seus maiores, con 12 cancións tradicionais reinterpretadas. Precisamos da túa axuda!

Retrouso de Cela

A project of

Category

Created in

0
seconds
173
Patron
3.723€
From 1.600€
Contribute to the project
View project in Castellano


Novo obxectivo: un videoclip
Aínda que non é ouro todo o que reloce, pois da cantidade conseguida hai que descontar marxes, custo de camisolas, gastos de envío, etc, coa chegada aos 3600€ de obxectivo acadamos un fito que nos deixa confiados en que todo irá ben no plano económico (moitas grazas!!).

Nestas 40 horas que restan, os cartos que nos fagades chegar destinarémolos ao soño que comentabamos como tal (como inalcalzable) desde o comezo, pero que agora case tocamos coa puntiña dos dedos: poder gravar un videoclip.

Iso non ten un prezo concreto, claro. Dependerá dos fondos logrados, a calidade e recursos para destinar. Pero coméntannos que facelo medio ben (en plan ultramodesto) pode saír por 500€. de aí, ata o infinito ;).

Novo obxectivo: custo total de Elelelos
Ao chegarmos aos 1600€, acabades de garantir que o proxecto vaia adiante: moitísimas grazas. Pero o custo da gravación e da edición é moito maior. Retrouso de Cela adiantou outros 2.000€ para poder arrincalo. Axudádenos a sufragar o total de Elelelos! Xuntos, podemos facer grandes cousas!

Que é iso de Elelelos?
A Asociación Cultural Retrouso de Cela quere editar un traballo discográfico que escolme o froito de quince anos de recollas de campo a persoas maiores de todo o Concello de Bueu.

Un disco estará cheo das mellores gravacións, pezas tradicionais desta área morracense que abrangue a riqueza pandeireteira da Illa de Ons, gaiteiros da Portela e de Cela, tocadores de filharmónica en Cela e a riqueza melódica de áreas como Beluso, Xexide ou Ermelo. Todo isto glosado no libreto con datos dos informantes e unha breve explicación técnico musical.

O outro disco conterá un tributo de Retrouso de Cela a estes informantes e ás músicas que nos teñen transmitido, con 12 pezas interpretadas en base ao explicado polas persoas maiores e engadindo pequenas pinceladas en coherencia con elas.

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
A Asociación Retrouso de Cela financiou inicialmente a gravación do disco homenaxe e estase a traballar na escolma do disco das recollas. Os cartos son necesarios para o proceso de edición e mellora de todos os audios, así como a xeneración do libreto e as copias dos discos. De lograr ese paso, imprescindible, trataremos de, xuntos, recompilar os cartos para todo o proxecto.

CALENDARIO
Tras conseguirmos o voso financiamento vía Verkami, o calendario de produción ha ser:

Decembro: edición e mellora dos audios dos dous discos.
Decembro e xaneiro: Redacción e deseño do libreto.
Febreiro: copias listas para a súa distribución.

O noso plan, polo tanto, é poder facer a entrega das recompensas en febreiro de 2014. Algunha delas (a entrega de 10 pezas en mp3) poderá entregarse mesmo antes: en decembro de 2013.

Gaspar Broullón axudounos coa creación do vídeo e contamos coa colaboración de Luís Davila co debuxo das Retrocamisolas!

Axúdanos coa túa achega!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Retrouso de Cela

    Retrouso de Cela
    Author

    over 5 years

    Hola Laura
    Estamos aún acabando la producción del disco. Está grabado, editado; estamos con el libreto, que queremos mimarlo mucho con la información de los informantes que nos enseñaron las canciones e imágenes ilustrativas. Esto nos ha retrasado un poco. Esperamos tenerlo todo listo a finales de abril. En todo caso, te confirmo que tenemos apuntadas tus preferencias (camiseta negra de mujer jeje) y guardada tu dirección para cuando hagamos el envío. Disculpa las molestias. Para contactar, escríbenos a retrouso@gmail.com, por favor. Un abrazo y gracias!!

  • Laura López

    Laura López

    over 5 years

    Hola, he rellenado la página con las características de envío que me mandasteis al correo y no he recibido nada aún, es normal? Ya os he realizado la misma pregunta hace un mes pero no he tenido ninguna respuesta, cómo podría ponerme en contacto?

  • Retrouso de Cela

    Retrouso de Cela
    Author

    almost 6 years

    Polo momento o único que sabemos dos mecenas é o usuario que puxeron para facer o pagamento. Mandarémosvos un email (a través de Verkami) no que vos pediremos os vosos datos para saber o nome que queredes que apareza no libreto, o voso enderezo e tamén cor, talla e tipo de camiseta (de "de home" ou "de muller").

  • marcoos44

    marcoos44

    about 6 years

    Como vos dicimos os talles e as cores das camisetas?

#02 / 10 coplas por unha eleLela e fin de campaña

Achégase a fin do proxecto, amigh@s!

Nesta úlyima semana hai dúas citas ben concretas:

  • Venres 13: no Luar, na TVG, estrearemos en público unha das pezas do disco Elelelos: a Muiñeira da Illa de Ons.
  • Sábado 14: a partir das 21.30h, Foliada dos Elelelos no Aturuxo.

Polo demais, estas son as coplas finalistas da app de Facebook que durante dúas semanas recolleu participacións para gañar unha boneca eleLela. Agora, un xurado de Retrouso escollerá a gañadora entre estas dez. Cal é a que máis che gusta a ti?

Heiche de dar para un manto,
heiche de dar para un velo,
pero non quero que durmas,
na miña cama de ferro.
Paula Calvar

Cabicastro pola Udra,
a Udra polo Sentulo;
os amores de Taresa
quedan a pescar en Curro.
Laura Prado

Mórrome pola peneira,
mórrome por peneirar,
mórrome por ter amores
na outra banda do mar.
Marqués Coruñés

Mariñeiros que andamos penando,
por aquelas oliñas do mar,
traballando sempre noite e dí­a,
pra ganar un pedazo de pan.
Xoán Mui Novas

read more

#01 / Por que 3.600€ como obxectivo?


Ocórrensenos dúas boas preguntas que podedes facervos co cambio de obxectivo e que cremos importante aclarar, para evitar malentendidos e marmuracións, ;).

1. E por qué precisades 3.600€?
2. Entón, por qué antes puxestes 1.600€ como obxectivo?

1. E por qué precisades 3.600€?
Porque é o custo real que nos leva facer o proxecto de dobre cedé Elelelos. E podémosvos asegurar que cústanos iso... tirando moooito de amigos, abusando de confianzas e buscando os prezos mínimos e aforrando en todo o posible. Velaquí un resumo de en qué marchan os cartos e en qué NON os gastamos:

En qué marchan os 3.600€
- 1.600€: vanse en todo o traballo de gravación, mesturas, masterización e arranxos das recollas. Son varios días de gravación en estudo (iso que xa aforramos unha chea usando instalacións do Concello de Bueu ás… read more

6€
0 backers

Envío anticipado en mp3 de cinco cancións de cada disco (recollas e reelaboracións) + Ser mencionado como mecenas no libreto.

12€
44 backers

1 copia do traballo discográfico (dobre cedé) + Ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe envío postal.

20€
71 backers

1 copia do traballo discográfico (dobre cedé) + 1 "RetroCamisola" (deseño de Luís Davila) + Ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe envío postal.

25€
49 backers

1 copia do traballo discográfico (dobre cedé) + 2 "RetroCamisolas" (deseño de Luís Davila) + Ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe envío postal.

50€
7 backers

Envío anticipado en mp3 de cinco cancións de cada disco + 4 copias do traballo discográfico (dobre cedé) + 1 "RetroCamisola" (deseño de Luís Davila) + Ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe envío postal.

100€
2 backers

Envío anticipado en mp3 de cinco cancións de cada disco + 9 copias do traballo discográfico (dobre cedé) + 2 "RetroCamisolas" (deseño de Luís Davila) + e ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe envío postal.

300€
0 backers

1 actuación da Asociación Retrouso de Cela (instrumental) para presentar o disco + 1 copia do traballo (dobre cedé) + 1 "RetroCamisola" + Ser mencionado como mecenas no libreto do disco. Inclúe unha actuación de ata unha hora e o desprazamento a calquera punto das comarcas do Morrazo, Pontevedra ou Vigo (noutras áreas, desprazamento á parte).

400€
0 backers

1 actuación da Asociación Retrouso de Cela (música e baile) para presentar o disco + 1 copia do traballo (dobre cedé) + 2 "RetroCamisolas" + Ser mencionado como mecenas no libreto. Inclúe unha actuación de ata unha hora e o desprazamento a calquera punto das comarcas do Morrazo, Pontevedra ou Vigo (noutras áreas, desprazamento á parte).

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.