EN QUE CONSISTE O PROXECTO?
OBXETIVO: TUERKA TEATRO. A COMPAÑÍA
O xardín das Pernas Roubadas é a primeira fase dun proxecto máis amplo. O noso verdadeiro obxetivo con esta montaxe é o de constituir unha compañía de teatro que explore novos sistemas de produción e distribución que permitan a súa subsistencia fora das canles tradicionais. Na Tuerka entendemos o teatro, ante todo, como unha arte social polo que buscamos contidos que, máis alá de seren mero entretemento, reflictan a realidade social actual devolvéndoa así ao seu lexítimo dono: o público.
A OBRA: O XARDÍN
Neste sentido encontramos no texto de O Xardín Das Pernas Roubadas de Xoán Carlos Mejuto un excelente punto de partida. “O Xardín” é unha comedia aceda que, a través do humor absurdo, fainos reflexionar sobre os problemas do día a día, dende os feitos máis cotiás ata conflitos se cadra máis complexos. Ambientada nunha illa extraña e inquietante, na que moran uns personaxes pouco comúns, reflicte unha realidade situada máis perto da nosa do que nos gostaría recoñecer.
A COMPAÑÍA: TUERKA TEATRO
Tuerka Teatro nace do encontro dun grupo de creadores e artistas, vencellados á actividade que se realiza na sala de microteatro La Tuerka27, situada en A Coruña, e dende a necesidade de aprofundar e consolidar a súa relación creativa, deciden dar o que consideran o seguinte paso natural deste proceso en marcha: a creación dunha compañia de teatro.
ONDE IRÁN DESTINADAS AS VOSAS APORTACIÓNS?
As vosas aportacións irán dirixidas a financiar o decorado, o vestuario, o ambiente sonoro e lumínico, asi como outros elementos escénicos do espectáculo. O que procuramos é a continuidade da compañía polo que o diñeiro recadado contribuirá a por en marcha o motor que o fará posible.
AS RECOMPENSAS
Colaborar co Xardín reporta unha serie de recompensas-agasallos que podedes ver no menú situado á dereita da páxina. Dende chapas e camisetas a entradas ou publicidade e mencións especiais.
SIGUE "O XARDÍN" PASO A PASO
O camiño que nos levará á estrea o vindeiro 31 de outubro do 2013 no Teatro Rosalía da cidade da Coruña, farase longo e estará cheo de atrancos, anécdotas, impedimentos, acertos e fracasos.
Para que poidades estar ó tanto de todas as novas que vaian acontecendo ó redor do proxecto, poñemos á vosa disposición a nosa páxina web e as nosas redes sociais. A continuación, vos deixamos un calendario coas datas máis relevantes da fase de produción.
Calendario de Produción de O Xardín das Pernas Roubadas:
-Cierre do reparto e equipo técnico: 1 de xullo
-Diseño espazo escénico: do 1 ó 31 de xullo
-Diseño de vestiario: do 1 ó 31 de xullo
-Diseño de maquillaxe e perruquería: do 1 ó 31 de xullo
-Promoción do espectáculo: do 1 de xullo ó 25 de outubro
-Diseño de luces e ambiente sonoro: do 5 ó 31 de agosto
-Construción decorado e atrezzo: do 2 ó 27 de setembro
-Ensaios: do 9 de setembro ó 18 de outubro
-Probas de vestiario: do 1 ó 4 de outubro
-Probas de maquillaxe e perruquería: do 1 ó 4 de outubro
-Ensaios xerais e de luces: 24 e 25 de outubro
-Estrea no Teatro Rosalía (A Coruña): 31 de outubro
0 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.