❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Edición do primeiro disco de MARTELO

MARTELO conclúe un ano trepidante no que o proxecto poderoso e contundente do power rock trio galego non deixou indiferente a ninguén que tivera a sorte de toparse con eles ao vivo. MARTELO editará o seu primeiro disco con 13 temas combativos, orixinais e corrosivos. Apoia e difunde!! Aquí e agora!!

MARTELO

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Moana, Pontevedra, Spain
0
segundos
55
Achegas
2.045€
De 2.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

MARTELO conclúe un ano trepidante no que o proxecto poderoso e contundente do power rock trio galego non deixou indiferente a ninguén que tivera a sorte de toparse con eles ao vivo. MARTELO editará o seu primeiro disco con 13 temas combativos, orixinais e corrosivos. Apoia e difunde!! Aquí e agora!!

MARTELO é power rock de orixe galega dirixido por Xacobe Martínez Antelo (baixo e voz), Manuel Cebrián (guitarra) e Max Gómez (batería).

QUÉ QUEREMOS FACER

Editar o primeiro ataque discográfico.

PARA QUÉ PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN

Os cartos solicitados serán para a última fase do proxecto discográfico. O disco está gravado por Xurxo Pinheiro, e agora toca Misturar, Masterizar, Deseñar e Fabricar os discos. Parece pouca cousa, pero é unha das partes máis costosas de todo o proceso, e por eso solicitamos apoio, para que sexa o mellor e o máis rápido posible. Canto máis recursos teñamos, mellor será a edición, e mellores serán as condicións de traballo dos técnicos, deseñadora, fotógrafo, etc... Detrás de MARTELO hai moita máis xente do que te poderías imaxinar. Como o proxecto está tan avanzado, as recompensas non se farán esperar. Un motivo máis para sumarte á campaña e axudar na súa difusión!!!

CALENDARIO PREVISTO

A nosa previsión é iniciar iniciar a campaña de Verkami a mediados de Xullo. E polo tanto, a finais de Agosto teríamos a campaña rematada. Se todo vai como esperamos, antes de que remate setembro, estarán tódalas recompensas enviadas. O merchandising de MARTELO que entra nas recompensas estará listo nunha semana dende que deamos a orde, e a fabricación do disco tardará dúas semanas. Só faltas ti!!!

www.martelorock.com / facebook / @martelorock

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies