O noso proxecto consiste na edición dun libro destinado a Educación Primaria ilustrado por Leandro Lamas.
Trátase dun traballo moi útil para os centros de ensino, xa que del poden tirarse numerosas actividades relacionadas, especialmente, co medio ambiente e a saúde.
Portada e unha páxina do libro
Se todo sae ben, posteriormente venderemos os libros a un prezo módico (entre 5 e 10€) e cos cartos que recademos pretendemos financiar outro dos nosos calendarios didácticos, así como a seguinte exposición de Lapis Verdes.
(QUEN SOMOS)
O colectivo didáctico medio-ambiental Lapis Verdes é unha asociación legalmente constituída formada por ensinantes que imparten clases en centros diversos de Ferrolterra.
Lapis Verdes naceu no 2004 coa intención de realizar actividades relacionadas co medio ambiente. Dende aquel entón fomos facendo algunhas cousas entre as que podemos salientar, por estar relacionadas con este asunto, os almanaques didácticos e as exposicións.
Como saben os que nos coñecen , xa levamos feitos catro almanaques e catro exposicións que seguen a circular polos diferentes centros de ensino que o solicitan, cun interese lucrativo nulo.
Almanaque 2011
Unha das exposicións que facemos
Tamén realizamos moitas outras actividades como, por exemplo, a recuperación do Bosque dos Nenos, charlas sobre medio ambiente ou saídas didácticas. Algúns teñen a ben valorar o noso traballo desinteresado e, por exemplo, en 2008, recibimos o premio Diario de Ferrol
(CALENDARIO PREVISTO)
Tan axiña como tarden na editorial a preparalo o libro sairá á venda. Entre maquetación e edición, calculamos que dous ou tres meses serán suficientes.
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.