❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Rehabilitación da Casa Tomada, espazo social de intervención artística

A Casa Tomada é un espazo sustentábel de ocio creativo destinado ás artes e á cultura: música, cine, teatro, obradoiros, acción social... Este espazo constrúese nunha antiga nave da Estación de trens da Coruña, que precisa traballo para ser unha proposta alternativa na cidade. Dásnos unha man?

Casa Tomada

A project of

Category

Created in

0
seconds
172
Patron
4.799€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

/////////////////////////////////// GRAZAS!!! :)

A Casa Tomada é un espazo de cultura e divertimento; un espazo para vivir e crear experiencias desde a autoxestión. Queremos programar, de maneira estábel, concertos, teatro e artes escénicas, cinema, actividades de ocio familiar, intervencións artísticas e obradoiros, ciclos divulgativos...

Para todo isto contamos cun emprazamento privilexiado, cheo de historia. Estamos nun antigo almacén da Estación de ferrocarrís da Coruña, un edificio que precisa restauración para que poida albergar todas as actividades que queremos facer nel; para que se converta nun lugar de encontro, autosustentábel e lúdico aberto a toda a cidadanía.

Queremos recoñecer a túa decisión de escolleres un espazo sociocultural responsábel e crear coa túa achega un punto de encontro onde desenvolver e impulsar o ocio creativo e dar soporte ás propostas artísticas actuais. Queremos que te sintas sempre en casa.

PARA QUE PRECISAMOS OS CARTOS?
A nave está en estado de semiabandono. Precisa reformas no chan, nas fiestras, nas portas, nos baños... tamén cómpre mellorar accesibilidade e seguridade. Asemade, gustariamos de ofrecer tamén algúns servizos como zona de lectura, recuncho de xogos, aparcadoiro de bicicletas etc.

Queremos afrontar estas necesidades empregando materiais reciclábeis ou que proveñan do refugallo (rebocos e pinturas naturais, paletas de madeira, cristais desbotados, teas reutilizábeis...), mais a pesar de que imos traballar coas nosas propias mans, precisamos da túa axuda para pagar moito dese material, adaptar as estancias para as facermos habitábeis e funcionais, decorar os interiores, adquirir medios audiovisuais... En definitiva, investir na calidade do espazo para o desfrute colectivo.

QUEN SOMOS?
Detrás da Casa Tomada estamos persoas e colectivos provenientes de mundos profesionais moi diversos (arquitectas, electricistas, deseñadores gráficos, contábeis, cineastas, profesores, creativos audiovisuais, músicos...) con ampla experiencia nos seus campos respectivos; reúnenos o entusiasmo, a capacidade de traballo e a confianza nun modelo de lecer accesíbel, que nos inclúa a todos e todas.

CALENDARIO
Os traballos de rehabilitación do espazo xa comezaron! Froito do noso propio esforzo xa dotamos de electricidade e auga as instalacións, cambiamos algúns cristais rompidos, preparamos varias das paredes para o seu posterior pintado, acondicionamos parte das entradas ao local... Mais aínda queda moito por facer!

No mes de maio imos seguir turrando moi duro: revestir carpintarías, mellorar a accesibilidade, readaptar os espazos, pintar, limpar, decorar... co fin de poder ter, entre os meses de xuño e xullo, un local adecuado para nós e para ti.

Se nos apoiares a través de Verkami, pronto che poderemos ofrecer unha alternativa real na cidade para o teu lecer. Cos cartos recadados cadraremos as contas e botaremos a andar o espazo da Asociación Casa Tomada. Agardamos por ti!

...

“Todo estaba callado en la casa. De día eran los rumores domésticos, el roce metálico de las agujas de tejer, un crujido al pasar las hojas del álbum filatélico. La puerta de roble, creo haberlo dicho, era maciza. En la cocina y el baño, que quedaban tocando la parte tomada, nos poníamos a hablar en voz más alta o Irene cantaba canciones de cuna.[...] Muy pocas veces permitíamos allí el silencio, pero cuando tornábamos a los dormitorios y al living, entonces la casa se ponía callada y a media luz, hasta pisábamos despacio para no molestarnos.”
Julio Cortázar, Casa tomada

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

12 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 6 years

    ¡Qué tal, Vanesa!

    Esperemos que la fiesta de inauguración coincida lo mejor posible para todo el mundo. Según vayáis viendo las novedades en las redes y en la web a través de fotos, vídeos y demás os podréis ir haciendo a la idea de cuándo podrá estar la cosa en su punto.

    De todas maneras las personas que tengáis derecho a la fiesta recibiréis en su momento una invitación personal, para preservar el secretismo ;)

    El cómo y el cuándo está todavía por ver...

    ¡Un abrazo!

    David

  • Vanesa

    Vanesa

    about 6 years

    Ola y enhorabuena por la idea!. Ya soy mecenas asi que solo espero que la fiesta me coincida bien con mis turnos de trabajo, sería una pena perdérmela!. ¿Nos iréis informando no? :)

  • Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 6 years

    Hahaha! Na Asociación gústannos máis os números posteriores a 20 que os anteriores, sobre todo cando se trata de mercar vestidos bonitos para festas de gala. Até aí podo ler :P

    David

  • pj

    pj

    about 6 years

    Se eu son un deses contribuintes :p! Jo, pero o meu temor era a inauguracion na segunda e terceira semana de xullo, que non andarei por aqui :,(

  • Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 6 years

    Ola, pj:

    O proxecto de rehabilitación continúa nos prazos previstos, independentemente de que xa conseguiramos a cantidade mínima inicial. Así e todo, á vez que seguen os traballos no espazo e continúa a campaña para recadar fondos, estamos empezando a organizar as actividades para os comezos.

    Cando sexa o momento publicaremos esas primeiras actividades. Se todo vai como esperamos, andado xullo poderemos abrir. Conta tamén con que temos programada unha 'festa secreta de inauguración' para as persoas que escolleron certas contribucións, de aí que non poidamos ser máis concretos ;) Só vos pedimos un pouquiño más de paciencia.

    Apertas,

    David

  • pj

    pj

    about 6 years

    Agora que xa acadastes a cantidade esperada, tedes xa unha estimación de que semana abrirá?

  • Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 6 years

    Hola, Ferdinando:

    La Casa Tomada es la sede de la Asociación cultural sin ánimo de lucro del mismo nombre, inscrita en el 'Rexistro de asociacións' de la Xunta de Galicia. El espacio está cedido en régimen de alquiler por Adif, que es la concesionaria del mismo.

    Creemos que el espacio es suficientemente reconocible y la información que se puede obtener, incluso aquélla que nosotros no ofrecemos de manera 'oficial', es clara al respecto. Nosotros estamos rehabilitando un espacio con el permiso de sus dueños.

    Por otra parte, tanto tú como cualquier otra persona que quiera saber más sobre nosotros y sobre el proyecto puede encontrarnos en los foros adecuados. Este sábado estaremos en la I Feira de Economía Social de A Coruña, organizada por Intermon Oxfam. Será una oportunidad inmejorable para conocer esta y otras iniciativas comunitarias.

    Un saludo

    David

  • ferdinando

    ferdinando

    about 6 years

    la casa tomada cuenta con el visto bueno de los organismos gubernamentales?
    mi miedo es.."siembras en tierra ajena y hasta la semilla pierdes" y supongo que sera el miedo de muchos no me gustaria invertir y que a la semana rompan todo.

  • Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 6 years

    Buenos días, Rocío:
    Gracias por tus piropos. Nosotros también llevamos tiempo pensando que en A Coruña hay sitio para un proyecto como éste y tenenemos muchas ganas de comprobar si estamos en lo cierto.
    Por ahora la rehabilitación sigue su curso, casi a marchas forzadas, al tiempo que todas las personas involucradas atendemos nuestras ocupaciones personales. Nos gustaría dedicarle mucho más tiempo en la puesta a punto del espacio, pero bueno, con el apoyo que estamos recibiendo estamos muy contentos y motivados.
    Estaremos encantados de recibirte cuando quieras, aunque no estamos allí siempre. Esta semana llevamos ya 3 días, incluido hoy, en los que pasamos casi todo el día porque los trabajos son intensos. Normalmente estamos más hacia el fin de semana, que es cuando nuestros quehaceres particulares nos dan un poco más de respiro.
    Este finde, por ejemplo, algunas personas de la Asociación estaremos en la plaza de Pontevedra de A Coruña participando en la I Feira de Economía Social, organizada por Intermon Oxfan. Puedes pasarte, si te coincide, a conocernos un poco más.
    Mientras tanto, te agradecemos que difundas el proyecto todo lo que puedas. En cuanto necesitemos una mano la pediremos. Quedan cosas todavía por hacer!
    Un abrazo

    David

  • Rocío

    Rocío

    about 6 years

    Buenas tardes, me llamo Rocío, soy una madrileña afincada en Sada. Vuestro proyecto es lo que desde que llegué pensé que hacía falta aquí, tiene muy buena pinta!me encantaría visitaros y colaborar con vosotros.
    Enhorabuena por esta iniciativa!!

#03 / Calidade

s.f.
1. Cada un dos trazos que constitúen a maneira de ser de algo ou de alguén, caracterizándoo fronte a outros, e que no caso das persoas tenden a ser positivos.
2. Propiedade ou maneira de ser dunha cousa pola que ten ou pola que se lle dá determinado valor.

Levamos moito tempo traballando 'en ellou', que diría o señor aquel raro. Moitas horas investidas na confortabilidade do espazo, na mudanza das súas dificultades en oportunidades. Unha reconversión case de prestidixitador, amábel e salvaxe a un tempo. Ás veces a casa non se deixa domar doadamente, mais é cuestión de paciencia.

Temos as ferramentas axeitadas para facer crecer o xerme dunha nova Casa nunha terra esgrevia, coa severidade dos reloxos sempre enriba de nós.

Luces, cámara...

#02 / Resiliencia

(Inglés resilience) s. f.
1. [Física] Propiedade dun corpo de recuperar a súa forma orixinal logo de sufrir choque ou deformación.
2. [Figurado] Capacidade de superar, de recuperarse de adversidades.

Ás veces, durante o arduo proceso de rehabilitación e comunicación do proxecto, as cousas non saen todo o ben que quereriamos. Ás veces, temos que reformular sobre a marcha decisións, accións, estratexias... Mais isto para nós é unha oportunidade, nunca un obstáculo. É a forma máis simple de lidar coas adversidades, véndoas como algo natural. Ningunha 'praza' se tomou en 8 días, non si?

(Inglés resilience) s. f.
1. [Física] Propiedad de un cuerpo de recuperar su forma original después de sufrir choque o deformación.
2. [Figurado] Capacidad de superar, de recuperarse de adversidades.

A veces, durante el arduo… read more

#01 / Sintonía

fig. Harmonía ou concordancia entre persoas ou entre os elementos dun conxunto.

Onte comezamos a sintonizar moi 'seriamente' coas necesidades do espazo e con todo o que nos evoca. Con certeza, o traballo é máis pracenteiro cando se pode construír sobre algo que xa está vivo, que ofrece alternativas de seu.

Non temos que inventar nada. Xa está todo inventado. A nosa maior responsabilidade é apreciarmos o bo que ten o que pode estar moi ben. Sen máis.

Axúdasnos a imaxinalo?

5€
6 left (of 30)

SOCI@ ESPECIAL
Abono de 1 mes con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Agradecemento especial na nosa web

10€
14 left (of 35)

O 'ENCHUFAO'
Abono de 2 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Agradecemento especial na nosa web

15€
15 left (of 40)

AXENTE SECRET@
Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + 2 camisolas fabulosas + Agradecemento especial na nosa web

20€
1 left (of 35)

MÁIS QUE AMIG@S
Abono de 3 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 Camisola excepcional + Agradecemento na web

25€
25 left (of 30)

MECENAS DAS ARTES
Agradecemento na nosa web + DVD especial: resumo das actividades e espectáculos sobranceiros dos primeiros 6 meses de vida da Casa Tomada + 1 camiseta supersónica
(Só para o Estado español)

40€
16 left (of 20)

"THE GODFATHER"
Invitación para dúas persoas a unha das nosas veladas de Cea & Espectáculo + 2 camisolas inimitábeis + Agradecemento especial na web

79€
9 left (of 10)

OFERTA MR T·OMADA!
Un agasallo moi tolo + Abono de 1 ano con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola rompedora + Un
agradecemento moi especial na nosa web + Un déjà vu cortesía da Casa
Só até o 11/06/2013 ou fin de insistencias!

100€
2 backers

EXCLUSIVO PARA ARTISTAS
Axudámoste a organizar o teu obradoiro, evento ou intervención artística na Casa Tomada e encargámonos de lle dar a promo que merece

200€
0 backers

A FESTA RACHADA
Organizamos a túa festa ou aniversario, o día que ti queiras, e poñémosche o DJ... e a torta! + Unhas fotos do evento por un fotógrafo moi profesional + 1 ano de abono con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola multidimensional

300€
1 backer

O VIDEOCLIP
Gravamos e editamos un 'showcase' (3 ou 4 temas) do teu grupo a dúas cámaras, son pro e reportaxe fotográfica na nosa Casa + 1 agasallo personalizado moi fóra de control

30€
25 patrons (sold out)

ESTÁS EN TODAS!
Abono de 3 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + 2 camisolas divertidísimas + Agradecemento especial na web

50€
20 patrons (sold out)

O ESPECIAL DA CASA
Abono de 6 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 2 camisolas súper estilosas + Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + Agradecemento especial na nosa web

80€
10 patrons (sold out)

ATÉ A COCIÑA!
Un agasallo moi tolo + Abono de 1 ano con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola rompedora + Un agradecemento moi especial na nosa web

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.