• Casa Tomada

    Casa Tomada
    Author

    about 12 years

    Ola, Manu,

    Grazas por te interesares no proxecto. Contéstoche por partes a ver se che podo solucionar a túa inquietude.

    1. Penso que a páxina de Verkami non é o lugar axeitado para que aparezan os nosos nomes e apelidos. Máis que nada por unha cuestión de espazo, porque non somos poucas as persoas implicadas.

    2. Ten en conta que estamos presentes tamén en máis redes e espazos. No noso facebook, por exemplo, www.facebook.com/casatomadacultural, podes seguir moitas novidades, incluídos vídeos onde progresivamente imos ir saíndo as persoas que formamos parte deste proxecto. Estes vídeos tamén os imos ir subindo á páxina web www.casatomada.org e ao propio blogue que Verkami pon á nosa disposición www.verkami.com/projects/5363-rehabilitacion-da-casa-tomada-espazo-social-de-intervencion-artistica/blog

    Pouco a pouco todo o mundo poderá ir visualizando quen está detrás e diante desa iniciativa. Non tería sentido ocultalo, loxicamente.

    1. A pesar de que todos e todas temos as nosas ocupacións, encontramos momentos para irmos traballar na rehabilitación. Hoxe, por exemplo, hai xente por alí traballando, igual que houbo onte. Como entenderás, non temos un horario fixo, mais se nos contactas antes ou se te pasas por alí algún día (máis aínda sendo veciño), sobre todo cara á fin de semana, é probábel que nos encontres na nave. A pesar de que sempre que imos aló é para traballarmos ou para nos xuntarmos e falar de planificación e demais, estaremos encantad@s de buscar un anaco de tempo para comentar contigo calquera cousa que precisares.

    2. Este mesmo sábado imos participar na I Feira de Economía Social da Coruña, que se vai desenvolver na praza de Pontevedra durante todo o día. Aí terás, ti e quen quixer, outra posibilidade de saber algo máis deste proxecto. Pásate e coñécenos un pouco mellor!

    Espero que resolvese as túas dúbidas.

    Grazas máis unha vez polo teu interese. Unha aperta!

    David

  • Manu Mayo

    Manu Mayo

    about 12 years

    Creo que é importante poñer nome a arquitectas, electricistas, deseñadores gráficos, contábeis, cineastas, profesores, creativos audiovisuais, músicos... que participan. Son veciño e quixera participar do proxecto pero gustariame ver os seus rostros.