❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Las Meninas de Canido . IV edición.

Intervención artística urbana en la que el propio barrio sirve de soporte para la creación.

Hermida

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Ferrol
0
segundos
140
Achegas
3.285€
De 3.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

COMO NACEN AS MENINAS DE CANIDO?

No ano 2008 comeza esta acción reivindicativa no barrio de Canido (Ferrol A Coruña). Empregando o propio barrio como soporte artístico, píntanse Meninas nas fachadas das casas abandonadas para tentar encher de cor tanta decadencia urbana. A esta iniciativa comezan a sumarse pintores durante tres edicións e actualmente unhas 180 pinturas crearon unha autentica pinacoteca nas paredes de Canido.

Esta acción conseguiu que o barrio sexa un referente cultural ao que diariamente acoden curiosos , turistas e colexios para admirar estas pinturas.

QUEN PARTICIPA?

Ao redor de 200 persoas do mundo da pintura, fotografía, baile, música e todo tipo de creación artística. Converten as rúas e prazas de Canido en lugares de arte, utilizando como "desculpa" o motivo das "Meninas". Converteuse nunha proposta de intervención artística global. Preparamos para o sábado 7 e domingo 8 de setembro do 2013 unha nova edición. Esperámoste!

QUEN PROMOVE?

Eduardo Hermida (Ferrol 1965) estuda na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso na Coruña especializándose en debuxo publicitario.

Despois de traballar como deseñador gráfico en diversas axencias de publicidade, cursa estudos de escaparatismo obtendo o título de profesor e comeza o seu labor de mestre en diversas cidades galegas traballando para a federación galega de comercio e a UXT. Durante un ano traballa como escaparatista no CORTE INGLÉS

No ano 1999 , regresa a Ferrol para dedicarse á pintura e establece o seu estudo no barrio de Canido onde crea unha escola para fomentar a pintura e o gosto pola arte entre os mozos do barrio.

Combina estas actividades coa música, a súa gran paixón , formando un dúo con Pepe Doré ( Os fabulosos fockink brothers ) realizando máis de 600 actuacións por toda España en teatros e locais de concertos gañándose unha recoñecida reputación entre os circuítos cómicos polo seu espectáculo cargado de ironía e humor.

Realizou unhas 150 exposicións de pintura en diversas galerías de Galicia e actualmente a súa obra céntrase entre a fotografía e a pintura tentando fundir estas dúas disciplinas dunha maneira moi gráfica influenciado polos seus estudos de deseño.

Ilustrou diversos libros infantís entre os que destaca PUNVER con textos de Yolanda Castaño que bateu marcas de vendas e foi seleccionado polo xornal EL PAIS para a súa colección " Un país de contos ".

Realizou murais para diferentes concellos da provincia destacando o realizado con 75 nenos nos baixos do concello ferrolán cunha lonxitude duns 100 metros.

A QUE DESTINAREMOS O DIÑEIRO

O diñeiro investirase na compra de materiais para os pintores, aluguer de equipos de son e audiovisuais.

CALENDARIO

Os días 7 e 8 de setembro do 2013

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

3 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Hermida

    Hermida
    Autor/a

    máis de 10 anos

    Hola Oscar , las recompensas las entregamos el propio día de las meninas en el 2013 . Cuánto era tu cantidad aportada ?

    Mi correo electrónico es : [email protected]

    Escríbeme a esa dirección y me pondré en contacto contigo . Esta de Verkami ya está cerrada desde hace tiempo.

    Gracias

  • Oscar Ladra Suarez

    Oscar Ladra Suarez

    máis de 10 anos

    Nunca llegue a recibir mis regalos, ¿podría solucionarse?

  • Ricardo Rilo

    Ricardo Rilo

    case 12 anos

    Hola amigo, soy un pintor de Ferrol, aunque vivo en Oleiros, me gustaria participar en esa fiesta de la pintura. puede ser?. Hasta pronto.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies