Nestes últimos anos, as asociacións de profesionais da ilustración como AGPI agrupadas en FADIP, colectivos de artistas, creadoras de banda deseñada, escolas de deseño e ilustración, colegas de distintos lugares e as compañeiras de Arte es Ética informámonos, indagado e investigado sobre a IA xenerativa e as consecuencias que o seu uso carrexa. Colectivamente fixemos pedagoxía alí onde foi necesario, denunciando as súas prácticas extractivistas, a vulneración de dereitos de autoría e a contaminación e saqueo de recursos naturais que necesita para o seu lucrativo negocio.

Por iso cremos conveniente materializar a loita e a pedagoxía máis aló dos contidos dixitais, os mails que mandamos, os post en RRSS ou as charlas que damos. Queremos sacalo á rúa, levalo posto ou poder dalo de man en man. Facer loita analóxica, tanxible, contra a IA xenerativa.

Para iso queremos publicar varios produtos ilustrados divulgativos: Unha camiseta ilustrada por Leandro para manifestar o noso rexeitamento ao uso da IA xenerativa, un fanzine divulgativo deseñado por Laura Caneira, Iria Ribadomar (Deica), Rebeca Perdivel, Laura Romero y Augusto Metztli explicando os motivos para non usar IA xenerativa, un caderno, marcapáxinas, adhesivos, postais deseñadas de xeito colectivo por asociadas de AGPI, e prints A4 das seguintes autorías: Nuria Díaz, Sandra Lodi, Santy Gutiérrez e Alberto Guitián.
Importante: Unha vez rematada a campaña, poñerémonos en contacto contigo para que nos especifiques a talla da camiseta. Grazas!


SOBRE O TÍTULO QUE ELEXIMOS
Decidimos titulalo como “Castelao non ou farIA” recorrendo a uns dos autores máis emblemáticos, combativos e reflexivos de Galicia, facendo un exercicio de imaxinación e preguntándonos que pensaría da IA xenerativa.

Aquí podes ver o fanzine, é unha A3 encartado en A6.
DESEÑAMOS UN SELO DE LIBRE DESCARGA
Falando sobre o tema, pensamos que era importante facer un selo para que a xente que así o queira, poida descargalo e incluílo nos seus produtos ilustrados e deseños, para garantir que aquilo se fixo sen IA xenerativa. Selo dispoñible nesta ligazón ou aquí abaixo.

A QUE DESTINAREMOS O DIÑEIRO
A imprimir as camisetas, os fanzines, o caderno, as láminas, adhesivos, postais, marcapáxinas, aos envíos e impostos e a seguir loitando contra a IA xenerativa.
PRAZO DE ENTREGA DAS RECOMPENSAS
De dous a tres meses despois de concluír a campaña de Verkami, pretendemos ter todo listo para o Viñetas desde O Atlántico 2026, e entregar en man o máis que se poida na nosa caseta, e despois por correo postal o que quede pendente.
PODES SEGUIR O TRABALLO QUE FACEMOS NAS NOSAS RRSS E WEB
En facebook, en instagram, en X, en Bluesky e na nosa web

SOBRE AGPI
A Asociación Galega de Profesionais dá Ilustración agrupa desde o ano 2000 ilustradores e ilustradoras profesionais. Actualmente AGPI aglutina máis de 116 persoas socias de distintas xeracións e de todas as áreas de creación visual aplicada. AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP), integrada actualmente polas asociacións de Cataluña, Galicia, Madrid, País Vasco e Comunitat Valenciana. Á súa vez, FADIP é parte do European Illustrators Federation (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa.
“A única IA xenerativa ética é a que NON SE USA”
Grazas polo teu apoio
Agradecementos especiais:
Á banda Zënzar por deixarnos utiliza "Toma vé" para o noso vídeo.
A xs socixs de AGPI por deixarnos as súas ilustracións combativas: Nuria Díaz, Sandra Lodi, Santy Gutiérrez e Alberto Guitián.
E para rematar a Leandro pola ilustración para a camiseta contra a IA xenerativa.
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Paula Cheshire
A topísimo!!
Rebeca Varela Bernardo
veña non perdades a esperanza, xuntas podemos plantar cara á IA e poñer en valor o traballo humano! :)