❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Festival Entrepontes (IV edición)

O Entrepontes é un evento musical senlleiro que achega a cultura ao medio rural, contribuíndo ao desenvolvemento local. Vémonos en Rábade!

Categoría

Creado en

Rábade
10%
40
días
2
Aportaciones
150€
De 1.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

O Festival Entrepontes volve á carga en 2026! O que naceu no 2023 como un soño da Asociación Cultural Fillos do Chaira, é hoxe unha realidade consolidada e unha cita marcada na axenda de Rábade e de toda Galicia.

O noso obxectivo segue intacto: achegar a cultura de vangarda ao medio rural e demostrar que unha vila pequena pode albergar un evento de referencia, innovador e, sobre todo, totalmente de balde.

Nesta Cuarta Edición non só celebramos a música, celebramos a resistencia cultural dende a proximidade, mantendo os piares que nos definen:

  • Cultura Accesible e Gratuíta: Cremos nun festival sen barreiras económicas.

  • Vangarda no Rural: Seguimos apostando pola mestura de bandas de proximidade con propostas emerxentes e innovadoras.

  • Espazo Interxeracional: O Entrepontes é para todos. Dende obradoiros para os cativos ata concertos que fan bailar aos máis maiores, creando un punto de encontro real para a comunidade.

  • Compromiso e Igualdade: Mantemos a perspectiva de xénero como eixo central, garantindo unha presenza feminina potente e protagonista no noso cartel.

O Entrepontes non é só un festival, é a demostración de que o rural está vivo. Axúdanos a que a música siga soando entre as nosas pontes!

Imaxes da pasada edición
Imaxes da pasada edición

Cartaz da IV Edición

Recompensas da IV Edición

Leva contigo a esencia do Entrepontes 2026 con esta colección exclusiva de recompensas: a cunca personalizada do Entrepontes para os brindis colectivos, a innovadora mochila-pareo que se transforma nun instante, a camiseta oficial coa nosa píntega máis elegante e as gafas de sol para non perder detalle baixo o sol de Rábade.

Ao facerte con calquera destas recompensas, non só levas un recordo exclusivo, senón que estás axudando a que o festival siga sendo gratuíto e se manteña no tempo.

Poñéndolle cara e corazón ao festival: este é parte do equipo da edición 2025.

Grazas polo apoio e por unirte á nosa tolemia cultural!

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies