O Festival Entrepontes volve á carga en 2026! O que naceu no 2023 como un soño da Asociación Cultural Fillos do Chaira, é hoxe unha realidade consolidada e unha cita marcada na axenda de Rábade e de toda Galicia.
O noso obxectivo segue intacto: achegar a cultura de vangarda ao medio rural e demostrar que unha vila pequena pode albergar un evento de referencia, innovador e, sobre todo, totalmente de balde.
Nesta Cuarta Edición non só celebramos a música, celebramos a resistencia cultural dende a proximidade, mantendo os piares que nos definen:
Cultura Accesible e Gratuíta: Cremos nun festival sen barreiras económicas.
Vangarda no Rural: Seguimos apostando pola mestura de bandas de proximidade con propostas emerxentes e innovadoras.
Espazo Interxeracional: O Entrepontes é para todos. Dende obradoiros para os cativos ata concertos que fan bailar aos máis maiores, creando un punto de encontro real para a comunidade.
Compromiso e Igualdade: Mantemos a perspectiva de xénero como eixo central, garantindo unha presenza feminina potente e protagonista no noso cartel.
O Entrepontes non é só un festival, é a demostración de que o rural está vivo. Axúdanos a que a música siga soando entre as nosas pontes!

Cartaz da IV Edición

Recompensas da IV Edición
Leva contigo a esencia do Entrepontes 2026 con esta colección exclusiva de recompensas: a cunca personalizada do Entrepontes para os brindis colectivos, a innovadora mochila-pareo que se transforma nun instante, a camiseta oficial coa nosa píntega máis elegante e as gafas de sol para non perder detalle baixo o sol de Rábade.
Ao facerte con calquera destas recompensas, non só levas un recordo exclusivo, senón que estás axudando a que o festival siga sendo gratuíto e se manteña no tempo.


Poñéndolle cara e corazón ao festival: este é parte do equipo da edición 2025.

Grazas polo apoio e por unirte á nosa tolemia cultural!
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.