O "QUE"
O Record Store Day é un día de celebración a nivel internacional, que ten lugar o terceiro sábado do mes de abril de cada ano, co propósito de celebrar a arte da música unindo aos fans, artistas e miles de tendas de discos independentes ao longo e ancho do planeta. Ese día, multitude de selos e artistas publican discos, singles e EP’s en edición limitada que son vendidos nas tendas participantes, onde tamén se adoitan organizar concertos deses mesmos artistas para conseguir así unha verdadeira festa da música.
Con esta premisa, Desconcierto Cultural pretende levar a cabo un ambicioso proxecto para celebrar o Record Store Day en Galicia ao grande: a edición dun vinilo en 10” con cinco cancións inéditas por parte doutras tantas bandas do panorama independente galego. Este EP distribuirase nas cinco tendas de discos participantes no proxecto, e en cada unha delas celebrarase un concerto dunha das bandas participantes.
O "CANTO"
O proxecto presupostouse en 1.800 €, necesarios para pagar a gravación e masterización dixital, a prensaxe dunha tirada mínima de 300 vinilos, o deseño, e as comisións de Verkami e Paypal. Si conseguísemos un financiamento máis elevado, ampliaríase a tirada ata un máximo de 555 unidades, e melloraríase a edición tanto do vinilo como do cartafol, con mellores acabados e materiais (cartafol con lombo, vinilo de cor, engraving, filme protector...).
Todos os que adquiran o vinilo (ou un Tote Bag) poderano recoller nunha das cinco tendas de discos participantes, durante o Record Store Day Galicia, onde ademais poderán gozar dun concerto que esa mesma mañá dará algún dos grupos seleccionados (tamén será posible recoller o disco calquera outro día despois do Record Store Day).
O "COMO"
Todos os que adquiran o vinilo (ou un Tote Bag) poderano recoller nunha das cinco tendas de discos participantes, durante o Record Store Day Galicia, onde ademais poderán gozar dun concerto que esa mesma mañá dará algún dos grupos seleccionados (tamén será posible recoller o disco calquera outro día despois do Record Store Day).
Estas son as tendas confirmadas ata a data:
+ Discos Noni's (A Coruña)
+ Peggy Records (Ourense)
+ Honky Tonk Discos (Vigo)
+ A Reixa (Santiago)
+ Miranda - Cultura para levar (Santiago)
A gravación dos cinco temas realizarase en Litium Records, en Pontevedra, e o deseño gráfico correrá a conta de Serxio Huelin.
O "QUEN"
E preguntaraste, quen son estes tíos que me están pedindo a pasta para o disco? Non irán saír correndo con ela? Pois ben, detrás do Record Store Day Galicia está Desconcierto Cultural, unha asociación cultural sen ánimo de lucro creada fai máis de dous anos pola xente detrás do webzine Desconcierto.com, e que durante ese período de tempo dedicámonos a organizar concertos e proxectos culturais de todo tipo, aínda que coa música como principal referente. O pasado ano desenvolvemos os ciclos Autorretratos, Placeres Ocultos e TerraZeando, así como a Romaría Pop e o Samain Rock. Tamén fomos os responsables de traer por primeira vez a Galicia ao grupo vasco Lisabö. Podedes ver unha memoria das actividades de Desconcerto Cultural ata o día de hoxe pinchando aquí.
O "QUEN MÁIS"
E os grupos? de quen serán as cancións que aparecerán no vinilo? Pois moi pronto o saberedes. Nos próximos días iremos desvelando unha a unha as bandas que darán forma ao EP, pero podémosvos adiantar que serán algunhas das mellores e máis emocionantes bandas emerxentes do panorama independente galego. Desde os nosos inicios, sempre apoiamos ás novas bandas galegas, e desde aquel afastado primeiro concerto que organizamos en outubro do 2010 no que participaba a coruñesa Jane Joyd, polos nosos escenarios pasaron Guerrera, Mullet, Disco Las Palmeras!, Orquesta Pánico, Mequetrefe, Los Televisores, Lendrone, Diadermin, Músculo!, Alex Casanova, The Winning Numbers, Holywater, Orquesta Esplendor, La Familia, Sr. Fluzo,Burgas Beat, Pastillas Mamut, Os Amigos dos Músicos e Trampoline. Tede por seguro que nesta nova aventura a calidade das bandas non baixará nadiña de nada, e quen sabe, quizá algunha das mencionadas salte do escenario ao soporte fonográfico!
E O "GRAZAS"
Moitas grazas polo voso apoio, con el conseguiremos facer do próximo 20 de abril un día para lembrar!
6 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Desconcierto Cultural
Autor/a
Dependerá del caso específico de cada tienda. Algunas tienen más problemas de espacio que otras. Normalmente por unos pocos días no debería haber problema, y si lo hubiese, ya buscaríamos otra forma de hacértelo llegar, tenemos socios por toda la geografía gallega!
rtopas
Si se escoge la opción del Tote Bag+vinilo (12€), se puede recoger otro día que no sea el record store day?
Desconcierto Cultural
Autor/a
Sin problema.
La recompensa del "test pressing" bien vale que te enviemos la edición final sin un sobrecoste. Vamos, que escoge la opción de 50€ y te enviamos también el vinilo después del Record Store Day.
pmau
Tengo la misma pregunta que Duczen, pero relacionada con la opcion de 50€. Tampoco estaré en Galicia y querría saber si se podría mandar todo en el mismo envio
Desconcierto Cultural
Autor/a
Faltaría más! En un rato creamos una recompensa nueva que incluya gastos de envío.
Duczen
¿Habría posibilidad de añadir gastos de envío para los pobrecicos que no vivimos en Galicia, ni cerca, y por desgracia no podemos darnos una vuelta por Galicia... de momento? :D