❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas

Libro coral sobre activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza

Catro Ventos

A project of

Category

Created in

Santiago de Compostela
182%
25
days
194
Pledges
5.458€
From 3.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O obxectivo desta campaña é financiar parte da edición —tanto física como en e-book— de Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas, un libro coral sobre activismo gordo, con enfoque en Galiza. A obra procura romper os estereotipos e prexuízos contra as persoas gordas, denunciar as violencias ás cales son sometidas, ao tempo que empodera e contribúe á creación de comunidade e sentimento de pertenza coa reivindicación alegre.

O libro está coordinado por Andrea Nunes (poeta) e Leticia Citoula (activista) e nel participan un total de 19 autorías con creacións que van da poesía á narración autobiográfica, pasando pola ficción, a colaxe, a música ou o ensaio breve. En concreto, participan:

  • Adriana Guede. Escritora

  • Ailén Kendelman e Areta Bolado, da compañía de teatro A Panadaría. Actrices.

  • Alba Cobo. Escritora e facilitadora de prácticas de descanso e gozo para mulleres.

  • Andre Bosque. Activista interseccional en diversidade corporal, sexual e de xénero.

  • Andrea Nunes. Poeta e activista política.

  • Andrea Rico Adega (Mané). Pedagoga, educadora social e membro do grupo musical Sacha na horta.

  • Angelly Ferreiro Silva. Educadora social de profesión e activista antirracista de corazón.

  • Antonella Rodríguez Acosta. Gorda, migrante e transfeminista.

  • Aranxa Vicens. Artista multidisciplinar e activista pola deconstrución do binarismo de xénero e a decolonialidade.

  • Iván Folgueira Pérez. Profesor de secundaria.

  • Leticia Citoula. Activista e educadora social.

  • Lucía Aldao. Música e poeta.

  • Magda Piñeyro. Escritora e asesora sobre gordofobia, xénero e diversidade corporal.

  • María von Touceda. Crítica de arte e escritora.

  • Mercè Nebot Ventura. Activista gorda e transfeminista.

  • Vanesa de Sousa García.

  • Vanessa Glemsel. Poeta e actriz.

  • Violeta Maroto Romero. Artista multidisciplinar e poeta.

Este será o primeiro libro contra a gordofobia escrito en galego, levando ao papel un movemento vivo nas redes sociais e no tecido asociativo. Imprimiranse 500 exemplares e farase unha versión e-book. Ademais, a publicación será realizada con criterios de ecoedición e sustentabilidade para minimizar o impacto medioambiental.

Por que deberías participar xa?

Participando no crowdfunding durante os 10 primeiros días (antes do 10 de febreiro), entras no sorteo dun pack de libros de autorías desta antoloxía:

  • Mapa da estría de Andrea Nunes

  • Amatomía de Violen Maroto

  • Más puñaladas da el hambre de Adriana Guede

  • Stop gordofobia y las panzas subversas de Magda Piñeyro

  • 10 gritos contra la gordofobia de Magda Piñeyro

Consegue recompensas exclusivas

En xeral, se participas neste Verkami desde con 3€, fas posible a publicación dun libro pioneiro. Porén, como esta publicación nace da comunidade e as redes, este crowdfunding funciona de xeito algo diferente.

  • Por unha parte, están as recompensas principais, que toparás nesta páxina.

  • Unha vez seleccionada algunha desas recompensas, podes acceder aos complementos. Alí podes engadir chapas, sinaturas, bolsas, láminas, comidas, rutas, conversas, fanzines, roupa...

Tranqui, que xa cho explicamos nós!

As recompensas principais que ofrecemos son:

  • O teu nome nos agradecementos do libro > 3 €

  • O e-book > 9 €

  • Unha merenda literaria con Andrea Nunes > 15 €

  • O libro físico > 18 €

  • Un almorzo en Casa Castro para 2 persoas > 25 €

  • Obradoiros de baile e movemento gozoso, de escrita gorda e fanzines, e de xestión de conflitos > 25 €

  • Unha sesión de asesoramento de imaxe e creación de *outfits* con Vanessa Glemsel > 60 €

  • Cea, concerto, durmida e libro na Arca da Noe > 170 €

  • Paquete de 10 libros + presentación no teu espazo > 250€

Unha vez seleccionada algunha das recompensas principais, podes engadir algún dos complementos que ofrecemos:

  • O teu nome nos agradecementos do libro > 3 €

  • Chapa exclusiva > 3 €

  • Audio/vídeo de Ailén e Areta cantando para ti > 5 €

  • Audio/vídeo do Éric Dopazo cantando para ti > 5 €

  • Sinatura da/s túa/s autoría/s favorita/s > 5 €

  • Bote de mel > 8 €

  • E-book extra > 9 €

  • Bolsa de tea “Y se armó la gorda” > 10 €

  • Conversa antinormativa con Iván Folgueira > 10 €

  • Ruta guiada pola Compostela de Emilia Pardo Bazán, organizada por Maos (mínimo 5 persoas – máximo 30, 2 sesións) > 10 €

  • Camisola de Piratas sen parche > 15 €

  • Bolsa de Mercedes Peón asinada por ela > 12 €

  • Libro físico extra > 18 €

  • Camisola + fanzine de lemas gordos de Tamborililás > 20 €

  • Aulas de boxeo feminista en Avalon Kai con Cristy Tojo > 25 €

  • Camisola + carpeta de PAVA asinadas > 25 €

  • Camisola de Árbore azul XL > 25 €

  • Partitura e letra manuscrita e asinada dun fragmento de “Bachata gorda” > 25 €

  • Bolsa feita a man > 30 €

  • Espazo na zona de acampada no Agrocuir > 30 €

  • Lote de broche e brincos de Marabillarte > 30 €

  • Fotografía asinada de Xiana Quintas > 35 €

  • Láminas de Cestola na Cachola, Dacal, Joseba MP e Séchu Sende > 35 €

  • Cazadora pintada a man de Vanesa de Sousa > 60 €

  • Peza de roupa de Ugia Pedreira > 100 €

Por sustentabilidade e para garantir a recepción nas mellores condicións, tentaremos repartir as recompensas nos actos de presentación do libro a partir de abril. Tamén abrimos a posibilidade de recollelas na sede de Catro Ventos en Santiago de Compostela ou acordarmos outros puntos de recollida.

Quen somos

Detrás deste crowdfunding está Catro Ventos Editora, selo editorial de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega. Publicamos tanto ensaio como creación literaria e aceptamos orixinais en calquera das normativas. Interésanos aquilo que move, cuestiona e abre preguntas. As disidencias, as identidades LGBTIQA+, as voces novas e aquelas que non sempre encontraron espazos. Ademais, entendemos a edición como acompañamento. Queremos coidar dos procesos e das persoas que escriben. E cun compromiso pola sustentabilididade: tentamos que os nosos produtos teñan o menor impacto ecolóxico posíbel e que todas as fases da produción sexan realizadas en Galiza.

A que destinaremos as achegas

O crowdfunding é a única vía de financiamento e a editora pomos o noso traballo ao servizo do proxecto como unha forma, tamén, de activismo. O gasto principal é pagar a imprenta, ao cal se suman os gastos de envío, os gastos da campaña en Verkami e a xestión de pagamentos e impostos; por iso o importe mínimo para este proxecto son 3000 €. Gustaríanos poder remunerar o traballo de cada unha das autorías e realizar un evento de presentación. Por iso pensamos nun importe de 5000 € como ideal.

Calendario previsto

O proceso de creación do libro está xa avanzado. Unha vez escrito, realizado o traballo de composición do orixinal (con revisión editorial) e a primeira corrección de lingua, estimamos que as seguintes accións a realizar e os seus tempos son os seguintes:

  • Deseño e maquetación: febreiro

  • Corrección sobre maqueta: primeira quincena de marzo

  • Envío á imprenta e revisión de ferros: segunda quincena de marzo e primeira quincena de abril

  • Distribución: primeira quincena de abril

  • Presentación en Santiago de Compostela: 10 de abril

+ Info

Podes seguir o proxecto e coñecer máis sobre o proceso de publicación nas nosas redes:

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

14 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • A

  • Neus HK

    Neus Hernández

    10 days

    Mi aportación es pequeña y no hablo gallego (todavía), pero el mensaje y la lucha llegan igual. Ojalá este libro vea la luz pronto y llegue muy lejos. ¡Adelante con el proyecto! ✊✨

  • Cris

    Cris

    13 days

    Ánimo coa campaña!!! Entre todas sempre é mellor!!

  • Ainoa Prado Romero

    Ainoa Prado Romero

    13 days

    Que ganas de lelo, soa marabilloso!

  • Óscar SC

    Óscar SC

    14 days

    Xa teño ganas de ter o libro nas mans!

  • Vegabreu

    Vegabreu

    14 days

    💜💜💜💜

  • Raquel Senra

    Raquel Senra

    14 days

    Viva! 💜

  • Feliciano Valcarcel Portela

    Feliciano Valcarcel Portela

    14 days

    Lumeeeeeee!

  • Jon Amil

    Jon Amil

    15 days

    Já me tarda poder ler o livro! 💙

  • Jessica Iglesias Vila

    Jessica Iglesias Vila

    15 days

    A seguir!!!apertiñas

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy