O obxectivo desta campaña é financiar parte da edición —tanto física como en e-book— de Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas, un libro coral sobre activismo gordo, con enfoque en Galiza. A obra procura romper os estereotipos e prexuízos contra as persoas gordas, denunciar as violencias ás cales son sometidas, ao tempo que empodera e contribúe á creación de comunidade e sentimento de pertenza coa reivindicación alegre.
O libro está coordinado por Andrea Nunes (poeta) e Leticia Citoula (activista) e nel participan un total de 19 autorías con creacións que van da poesía á narración autobiográfica, pasando pola ficción, a colaxe, a música ou o ensaio breve. En concreto, participan:
Adriana Guede. Escritora
Ailén Kendelman e Areta Bolado, da compañía de teatro A Panadaría. Actrices.
Alba Cobo. Escritora e facilitadora de prácticas de descanso e gozo para mulleres.
Andre Bosque. Activista interseccional en diversidade corporal, sexual e de xénero.
Andrea Nunes. Poeta e activista política.
Andrea Rico Adega (Mané). Pedagoga, educadora social e membro do grupo musical Sacha na horta.
Angelly Ferreiro Silva. Educadora social de profesión e activista antirracista de corazón.
Antonella Rodríguez Acosta. Gorda, migrante e transfeminista.
Aranxa Vicens. Artista multidisciplinar e activista pola deconstrución do binarismo de xénero e a decolonialidade.
Iván Folgueira Pérez. Profesor de secundaria.
Leticia Citoula. Activista e educadora social.
Lucía Aldao. Música e poeta.
Magda Piñeyro. Escritora e asesora sobre gordofobia, xénero e diversidade corporal.
María von Touceda. Crítica de arte e escritora.
Mercè Nebot Ventura. Activista gorda e transfeminista.
Vanesa de Sousa García.
Vanessa Glemsel. Poeta e actriz.
Violeta Maroto Romero. Artista multidisciplinar e poeta.
Este será o primeiro libro contra a gordofobia escrito en galego, levando ao papel un movemento vivo nas redes sociais e no tecido asociativo. Imprimiranse 500 exemplares e farase unha versión e-book. Ademais, a publicación será realizada con criterios de ecoedición e sustentabilidade para minimizar o impacto medioambiental.
Por que deberías participar xa?
Participando no crowdfunding durante os 10 primeiros días (antes do 10 de febreiro), entras no sorteo dun pack de libros de autorías desta antoloxía:
Mapa da estría de Andrea Nunes
Anatomía de Violen Maroto
Más puñaladas da el hambre de Adriana Guede
Stop gordofobia y las panzas subversas de Magda Piñeyro
10 gritos contra la gordofobia de Magda Piñeyro
Consegue recompensas exclusivas
En xeral, se participas neste Verkami desde con 3€, fas posible a publicación dun libro pioneiro. Porén, como esta publicación nace da comunidade e as redes, este crowdfunding funciona de xeito algo diferente.
Por unha parte, están as recompensas principais, que toparás nesta páxina.
Unha vez seleccionada algunha desas recompensas, podes acceder aos complementos. Alí podes engadir chapas, sinaturas, bolsas, láminas, comidas, rutas, conversas, fanzines, roupa...
Tranqui, que xa cho explicamos nós!
As recompensas principais que ofrecemos son:
O teu nome nos agradecementos do libro > 3 €
O e-book > 9 €
Unha merenda literaria con Andrea Nunes > 15 €
O libro físico > 18 €
Un almorzo en Casa Castro para 2 persoas > 25 €
Obradoiros de baile e movemento gozoso, de escrita gorda e fanzines, e de xestión de conflitos > 25 €
Unha sesión de asesoramento de imaxe e creación de *outfits* con Vanessa Glemsel > 60 €
Cea, concerto, durmida e libro na Arca da Noe > 170 €
Paquete de 10 libros + presentación no teu espazo > 250€
Unha vez seleccionada algunha das recompensas principais, podes engadir algún dos complementos que ofrecemos:
O teu nome nos agradecementos do libro > 3 €
Chapa exclusiva > 3 €
Audio/vídeo de Ailén e Areta cantando para ti > 5 €
Audio/vídeo do Éric Dopazo cantando para ti > 5 €
Sinatura da/s túa/s autoría/s favorita/s > 5 €
Bote de mel > 8 €
E-book extra > 9 €
Bolsa de tea “Y se armó la gorda” > 10 €
Conversa antinormativa con Iván Folgueira > 10 €
Ruta guiada pola Compostela de Emilia Pardo Bazán, organizada por Maos (mínimo 5 persoas – máximo 30, 2 sesións) > 10 €
Camisola de Piratas sen parche > 15 €
Bolsa de Mercedes Peón asinada por ela > 12 €
Libro físico extra > 18 €
Camisola + fanzine de lemas gordos de Tamborililás > 20 €
Aulas de boxeo feminista en Avalon Kai con Cristy Tojo > 25 €
Camisola + carpeta de PAVA asinadas > 25 €
Camisola de Árbore azul XL > 25 €
Partitura e letra manuscrita e asinada dun fragmento de “Bachata gorda” > 25 €
Bolsa feita a man > 30 €
Espazo na zona de acampada no Agrocuir > 30 €
Lote de broche e brincos de Marabillarte > 30 €
Fotografía asinada de Xiana Quintas > 35 €
Láminas de Cestola na Cachola, Dacal, Joseba MP e Séchu Sende > 35 €
Cazadora pintada a man de Vanesa de Sousa > 60 €
Peza de roupa de Ugia Pedreira > 100 €
Por sustentabilidade e para garantir a recepción nas mellores condicións, tentaremos repartir as recompensas nos actos de presentación do libro a partir de abril. Tamén abrimos a posibilidade de recollelas na sede de Catro Ventos en Santiago de Compostela ou acordarmos outros puntos de recollida.
Quen somos
Detrás deste crowdfunding está Catro Ventos Editora, selo editorial de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega. Publicamos tanto ensaio como creación literaria e aceptamos orixinais en calquera das normativas. Interésanos aquilo que move, cuestiona e abre preguntas. As disidencias, as identidades LGBTIQA+, as voces novas e aquelas que non sempre encontraron espazos. Ademais, entendemos a edición como acompañamento. Queremos coidar dos procesos e das persoas que escriben. E cun compromiso pola sustentabilididade: tentamos que os nosos produtos teñan o menor impacto ecolóxico posíbel e que todas as fases da produción sexan realizadas en Galiza.
A que destinaremos as achegas
O crowdfunding é a única vía de financiamento e a editora pomos o noso traballo ao servizo do proxecto como unha forma, tamén, de activismo. O gasto principal é pagar a imprenta, ao cal se suman os gastos de envío, os gastos da campaña en Verkami e a xestión de pagamentos e impostos; por iso o importe mínimo para este proxecto son 3000 €. Gustaríanos poder remunerar o traballo de cada unha das autorías e realizar un evento de presentación. Por iso pensamos nun importe de 5000 € como ideal.
Calendario previsto
O proceso de creación do libro está xa avanzado. Unha vez escrito, realizado o traballo de composición do orixinal (con revisión editorial) e a primeira corrección de lingua, estimamos que as seguintes accións a realizar e os seus tempos son os seguintes:
Deseño e maquetación: febreiro
Corrección sobre maqueta: primeira quincena de marzo
Envío á imprenta e revisión de ferros: segunda quincena de marzo e primeira quincena de abril
Distribución: primeira quincena de abril
Presentación en Santiago de Compostela: 10 de abril
+ Info
Podes seguir o proxecto e coñecer máis sobre o proceso de publicación nas nosas redes:
Instagram: @catroventos
Tiktok: @catroventos.gal
Bluesky: @catroventos.gal
Facebook: Catro Ventos
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Mara Villar
O mellor libro das mellores autoras!!!! Que ganas de telo entre as mans!!!!
Gloria Pousa Rodriguez
Desexo que consigades todo o que tedes previsto.
Xoana V
Forza coa campaña! Agardamos con moita gana 🥰🫂