❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Os teus ollos bonitos están crecendo

Unha curta sobre tódalas mulleres que aprenderon a verse a través dos ollos que as miran

Os teus ollos bonitos

A project of

Category

Created in

Culleredo
0
seconds
33
Pledges
1.380€
From 1.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:


✨ Grazas a todas as achegas acadamos os 1000 €, o noso primeiro obxectivo en Verkami! Agora imos a por 1700 €, para achegarnos a cubrir a remuneración da equipa artística e técnica. Se acadamos esta nova meta, todas as persoas mecenas recibirán un making of exclusivo da curta. Seguide acompañándonos e compartide a campaña para que máis xente coñeza o proxecto. ✨

Os teus ollos bonitos están crecendo é unha curta sobre como a presión estética pode marcar a vida dunha adolescente e as feridas que perduran ata a idade adulta. A historia de Helena, contada en dúas etapas vitais, convida a reflexionar sobre como nos miramos e como nos miran. Queremos contala en galego, con coidado e verdade. Axúdanos a facer realidade esta historia que importa ✨

Helena, unha adolescente de 13 anos, idolatra á súa nai Rosa e ve nela un espello no que mirarse. Pero todo cambia no día da súa última revisión pediátrica. Un comentario da médica sobre o seu peso altera para sempre a súa percepción de sí mesma. A partir dese momento, a súa ollada cara ao espello fractúrase, e a súa relación co corpo convértese nun terreo de batalla silencioso. O que comeza como unha inquedanza convértese nunha obsesión, e sen decatarse, entra nunha espiral de condutas perigosas que a acompañarán ata a idade adulta.

Trece anos despois, os roles invirtense. Helena, xa adulta, coida da súa nai enferma. No reencontro, as feridas do pasado volven abrirse, obrigándoa a enfrontarse á súa propia historia. Entre o peso da culpa e a necesidade de reconstruírse, atopa unha resposta: aprender a mirarse de novo, máis alá das esixencias, máis aló do que sempre lle ensinaron. Porque ás veces, abrir os ollos é o primeiro paso para comezar a vivir

Somos Lydia Prada e Mimí Ferreiro, as directoras de Os teus ollos bonitos están crecendo. Lydia é creadora do proxecto, coguionista e directora escénica; Mimí vén do mundo da fotografía, aportando un enfoque máis técnico. Este encontro nace da vontade compartida de poñer imaxe, palabra e corpo a experiencias que marcan, e que moitas veces fican silenciadas.

A curta afonda no impacto que teñen os estándares estéticos na saúde mental e na forma na que a mirada allea condiciona o modo de vernos. Non falamos só de trastornos da conduta alimentaria, senón de todo o que os precede: comentarios, comparacións, espellos, silencios.

A historia estrutúrase en dúas liñas temporais que dialogan entre si: por unha banda, vemos a Helena adolescente, no momento en que comeza a interiorizar esa presión estética; por outra, atopamos a Helena adulta, que debe mirar cara atrás mentres coida da súa nai enferma. Este contraste permítenos explorar como se herdan certos discursos e como o pasado continúa presente no corpo, na mente e nas relacións.

Quixemos facer esta historia porque nos interpela, porque a sentimos preto e porque en Galicia apenas existen referentes audiovisuais que aborden esta realidade desde unha mirada propia, coidada e non estigmatizante. Contala na nosa lingua é, tamén, un xeito de resistencia.

Deixamos unha pequena biografía de cada unha:

Creadora e intérprete graduada en Arte Dramática na especialidade de interpretación textual pola ESAD de Galicia. Actualmente, forma parte do elenco da compañía emerxente lucense de teatro Bengala Teatro Físico. Ademais, a súa formación como Técnica Superior en Igualdade de Xénero dálle unha perspectiva crítica e comprometida que impregna os seus proxectos. No ámbito audiovisual, traballa en webseries como Ecos dun verán, finalista do Premio a proxecto de webserie do Carballo Interplay 2024, 1/2cre (Mediocre), de Iván Alonso (John Balan Fest), e a segunda tempada de Rent-a-pal, de Irene Pin para A Galega. Así como en Nómades, producida por Mala Herba Produccións e cofinanciada por AGADIC. Coprotagoniza e crea o curto Sempre estou aí, finalista no Film Festival 9/16 (2024). E en 2024 recibe o Premio a Mellor Actriz 2024 da Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Ela é estudante de Iluminación, Captación e Tratamento da Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña con formación previa en planificación de producións audiovisuais (RTVE) e fotografía. Participou en diversos proxectos, como a webserie Ecos dun Verán (2024), desempeñando labores de foto fixa, making of e axudantía de produción; e na curtametraxe Sempre estou aí (2024), nominada a mellor curta 9/16 no 9/16 FilmFest, como axudante de producción e foto fixa. Participou recentemente como axundante de fotografía para editoriais da escola FormArte.

Detrás de Os teus ollos bonitos están crecendo hai un equipo técnico entregado e moi talentoso. A través desta historia íntima, xuntámonos persoas de distintos ámbitos co desexo común de contar desde a honestidade e o coidado.

O elenco de Os teus ollos bonitos están crecendo está formado por actrices que poñen corpo e voz a dúas etapas dunha mesma vida. Contamos cunha selección de intérpretes que, dende a honestidade e a entrega, conseguirán transmitir a complexidade do que non sempre se di en voz alta.

Para darvos as grazas polo voso amor, cariño e acollida temos preapradas varias recompensas:

  • Agradecemento nos créditos. Sairás nos créditos da curta como mostra do noso agradecemento. Se aportas unha cantidade máis alta, destacarémoste como Mecenas.

  • Póster dixital. Enviarémosche un póster bonito e simbólico da curta en formato descargable, ideal para imprimir ou gardar de lembranza.

  • Playlist en Spotify. Compartiremos contigo unha lista de cancións que forman parte do universo emocional da curta. A banda sonora está creada por Kanfurneira, e esta playlist complétase con temas que nos acompañaron durante o proceso creativo.

  • Fotos exclusivas da rodaxe. Accederás a imaxes inéditas e espontáneas que recollen o ambiente, as emocións e os pequenos momentos vividos durante o rodaxe.

  • Pack de 3 pegatinas. Levarás tres pegatinas con deseños exclusivos feitos con moito cariño, para decorar o que queiras e levar un anaco da curta contigo.

  • Enlace privado de visionado. Poderás ver a curta antes de que se faga pública, grazas a un enlace exclusivo para mecenas.

  • Invitacións para unha proxección privada. Segundo a recompensa que escollas, terás acceso a 2 ou 4 entradas para unha proxección especial da curta. Un momento bonito para compartires con quen ti queiras e coñecer parte do equipo.

  • Pendentes de fabricación galega. Un detalle especial: pendentes feitos artesanalmente en Galicia, pensados para levar posta a esencia do proxecto. Anunciaremos en breves, a través de Instagram, a persoa colaboradora nesta recompensa.

Actualmente atopámonos en fase de preprodución, que se está estendendo durante os meses de xuño, xullo e agosto, tempo no que traballamos na planificación xeral da curta.

A rodaxe está previsto do 1 ao 7 de setembro, e terá lugar en distintas localizacións de Culleredo e A Coruña.

Despois comezará a etapa de posprodución, que irá de setembro ata febreiro. Neste tempo realizaremos a montaxe, a edición de son, o etalonado e a incorporación da banda sonora orixinal.Finalmente, en marzo, enviaremos todas as recompensas ás persoas mecenas que apoiedes este proxecto a través de Verkami. Así mesmo, en marzo tamén sera a proxección privada da curta, idealmente nalgún local de Culleredo. Concretaremos data e lugar máis adiante.

Todo o orzamento recadado en Verkami destinarase integramente a remunerar ao equipo artístico e técnico que fai posible esta curtametraxe. Só se restarán o 10% que será para os costes de producción, como envíos ou materiais necesarios para as recompensas , e o porcentaxe do recadado que se leva a platarforma Verkami (aproximadamente un 8.5%).

Estamos convencidas de que o traballo creativo merece ser recoñecido e dignificado, mesmo en proxectos de baixo orzamento como este. Por iso, cada achega é un paso cara a un cinema máis xusto e sostible.

Ademais, estamos a buscar outras fontes de financiamento complementarias, mediante colaboracións con entidades públicas e privadas. Se estas saen adiante, compartiremos a información nas nosas redes sociais.

Podes seguirnos no noso día a día a través de Instagram en @osteusollosbonitos e contactar connosco no correo [email protected].

Moi pronto abriremos tamén unha conta de TikTok, onde iremos subindo pequenos resumos de cada día de rodaxe para que coñezades os entresixos do proxecto desde dentro 😜.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

6 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • CATERING MARICHI

    CATERING MARICHI

    7 months

    Persoas coma vos son as que fan posibles os soños dos demais. Moita merda 😍😍

  • Ro

    Ro

    8 months

    Ánimo, bravas!

  • Pilibarbeito

    Pilibarbeito

    8 months

    Mucha suerte Lidia,. Te lo mereces, una luchadora!!!

  • Os teus ollos bonitos

    Os teus ollos bonitos
    Author

    8 months

    A topeeeee

  • Diego

    Diego

    8 months

    Moita merda💪💪

  • Mayka López

    Mayka López

    8 months

    Muchas suerte! 💜

#01 / ✨ CONSEGUIMOS O PRIMEIRO OBXECTIVO! ✨

Grazas á túa aportación chegamos aos 1000 €, a primeira meta que nos marcamos para facer realidade Os teus ollos bonitos están crecendo. Non podemos estar máis agradecidas pola confianza e polo apoio recibido estes días. Cada achega, cada mensaxe e cada post compartido fixo posible acadar este primeiro obxectivo.

Agora imos a polo seguinte: 1700 €. Con esta cantidade nos achegaremos moito máis a cubrir a remuneración da equipa artística e técnica, que xa sabes que é unha dos nosos valores principais.

Síguenos acompañando nesta viaxe e, se podes, comparte a campaña para que máis persoas coñezan o proxecto. Se acadamos esta segunda meta, recibirás un making of exclusivo da rodaxe da curta!

Mil grazas de novo por facelo posible.

Isto non fixo máis que comezar

Lydia e Mimí

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy