A Bandada
Sempre gustáronme moito as bandadas de paxaros e como voan todos xuntos facendo piruetas no ceo.
Sempre pensei tamén que voar era a maior forma de expresión da liberdade.
Para mín unha bandada significa familia, confianza, apoio e amor, unha familia de paxaros diferentes entre eles pero que voan libres e unidos.

A miña cabeza sempre foi un batiburrillo de cousas, chea de ideas e gustos moi distintos e quería crear un espazo onde vaciar un pouquiño a mente, crear un lugar de reunión para xente inqueda e creativa. Un espazo vivo que crecese con nos onde poder expresarnos como queiramos. Un lugar dende o que voar libres pero sempre unidos. Ahí é onde nace a idea da Bandada, unha tenda nido.

Unha tenda nido
A Bandada nace da inquedanza de ter un espazo onde poder expresarme, onde poder reunir a moitas persoas artesás e darlles visibilidade. Crear un comercio local consciente, que apoia e axuda a xente emprendedora. Darlle vida a cidade e non deixar que as tendas pequeniñas desaparezan. Onde facer barrio, xuntarse cos veciñxs, falar, coñecer, acompañar e sobre todo rir.

¿Por qué A Bandada?
Gustabame a idea de representar o proxecto como unha bandada de paxaros. Todos da mesma especie pero diferentes entre si e que aínda así se acompañan, se apoian e voan xuntos como unha gran familia. Pareciame unha bonita manera de expresar que aínda que sexamos ou pensemos diferente podemos crear algo bonito xuntos.
O proxecto
Levo uns meses coa idea na cabeza. Primeiro era so unha idea e pouco a pouco vaise facendo real.
Xa temos logo, unha ilustración fermosa que fixo Holi Mona e que será a imaxa da Bandada, xa temos un montón de marcas artesás e de deseño orixinal confirmadas e xa temos o local que será o niño da Bandada. Xa avanzamos un montón.
Agora so falta un último empurrón para poder comenzar, aforrar un pouquichiño máis para deixar todo listo antes da apertura que será en outubro de este ano.
Mecenas con Verkami
Non quería utilizar a plataforma so como un crowfunding para donacións, se non como un lugar onde facer una preventa de cousiñas relacionadas coa Bandada que axudaranme a financiar o inicio do proxecto. Eu quería que cada aportación tivese a súa recompensa e pareceume unha boa plataforma para facelo

Recompensas
Hai diferentes articulos cos que axudarme a financiar o inicio do vo da Bandada. Todas relacionadas co proxecto.
Pendentes, sudaoiros, chapas, camis, totes.. coa imaxe da Bandada e totes e marcapáxiñas con frases miñas realacionadas con paxariños.
Ademáis todas as persoas que decidades ser mecenas levaredesvos unha lámina excluvisa da imaxe da Bandada firmada pola súa ilustradora Holi Mona e o voso nome quedará grabado nunha plaquiña de fundadores que estará colgada na tendiña.

Tamén, como forma de agradecemento, se chegamos o total do obxetivo da campaña farei un sorteo dunha cestiña sorpresa chea de productos das diferentes marcas que estarán na Bandada valorada en 100€
-Todas as recompensas teñen o envío nacional incluído (se quixeras envío internacional podedes consultar comigo sen problema) aínda que tamén podedes pasar a recollelo na tendiña.
-As recompensas fabricaranse baixo demanda, as tallas poderanse escoller ó facer o pedido. Se non chegamos o obxetivo da campaña todos os mecenas recibiredes de volta o diñeiro e non se faran os produtos.
-As fotos das recompensas son orientativas, o producto final pode variar un pouco.
Quén son

Chámome Iris, teño 30 anos e son de Ferrol. Unha amante dos animais e da natureza. Dende toda a vida sinto unha conexión especial co arte, sobre
todo coa música, a literatura e a fotografía. Dende moi pequena vendía calquera cousa que se me ocurría como debuxos e pulseiras e sempre me gustou a idea de ter una tendiña propia onde ser libre para expresar os meus gustos e as miñas ideas, onde poder explotar a creatividade e explorar outras ramas e ideas.
Teño unha marca de pendentes creativos realizados en metacrilato e madeira.
Encantanme as cousas orixinais e cheas de cor e moitas veces creo que son unha nena disfrazada de adulta.
Fai un ano tiven que cerrar a tendiña que abrira con moita ilusión da miña marca de xoiería onde tamén traballaba con outras marcas de manera colaboratiba, foi unha etapa complicada pero agora apeteceme de novo lanzarme a esta aventura de emprender.
Teño moita axuda da miña familia e amigos e estou super agradecida por eso.
Estou preparada para voar.
¿Queredes acompañarme?
A que destinaremos as vosas achegas?
Todo irá destinado ós gastos iniciales do proxecto: fianza do local, licencias, altas de suministros e mobles.
Algunhas desas inversións (como a fianza do local) xa están feitas cos meus aforros, pero as vosas aportacións axudaranme a facer de novo petiño para poder deixar todas as licencias e a decoración da tenda listas.
Calendario previsto
O proxecto xa está en marcha. Estamos en proceso de altas de suministros, licencias e decoración.
A idea é abrir a principios de outubro.
Todas as recompensas faranse o terminar a campaña e empezaran a entregarse despóis da apertura.
Onde nos podes atopar?
Podedes ver como avanza o proxecto nas redes sociais da Bandada.
E próximamente (despóis da apertura) tamén poderedes mercar online a través da nosa páxina web.
Queremos que aínda que esteades lonxe podades sentirvos parte da Bandada.
Segue o proxecto tamén no noso Instagram
Tamén estamos en Tiktok
0 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.