❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Un mural pola folga do 75: a acción de Muruzábal e Bolaños

🎨✊ Honramos a folga do 75 cun mural de Yoseba MP! Axúdanos a lembrar a loita obreira e a historia das Pontes. #MuralFolga75

Categoría

Creado en

As Pontes
0
segundos
43
Achegas
2.755€
De 1.650€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Na noite do 25 de agosto de 1975, os sindicalistas José Luis Muruzábal Arlegui e Miguel Domínguez Bolaños subiron á cheminea da central térmica das Pontes, remantado a súa construcción, en protesta polo estancamento do conflito que afectaba os traballadores das empresas auxiliares tras o despedimento de 1.250 persoas.

A prensa, na súa edición do día 27, recollía a situación coa seguinte análise: «A actividade laboral está paralizada, négase a apertura dunha negociación ou a resposta á plataforma reivindicativa que lles foi presentada e posteriormente considerada ilegal; hai silencio sobre o futuro dos despedidos e un ambiente tenso entre os traballadores».

José Luis Muruzábal, militante do Partido do Traballo e membro das Comisións Obreiras na clandestinidade, viaxara desde Navarra a Galicia para apoiar a loita obreira.

A protesta tamén expresaba solidariedade cos 3.500 folguistas que reclamaban mellores condicións laborais e máis seguridade, tras a morte de 26 operarios durante a construción da central.

A acción prolongouse durante 36 horas, durante as cales fixeron sinais aos xornalistas que cubrían o suceso. Ao descender, foron detidos, soltados e posteriormente arrestados de novo en Ferrol, sendo sancionados cunha multa de 100.000 pesetas.

Ao declararse insolventes, cumpriron un mes de cárcere. O obxectivo que pretendían era servir de chivo expiatorio, salvando o resto dos miles de compañeiros folguistas e acadar así as reivindicacións.

Símbolo da loita obreira

Esta protesta converteuse nun símbolo da loita obreira contra a represión franquista e a precariedade laboral da época.

A piques de cumprirse 50 anos desta acción, a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes quere lembrar esta protesta, que permanece na memoria colectiva dos veciños como un símbolo da loita obreira, e reivindicar a importancia sociocultural da cheminea mediante a creación dun mural artístico.

O autor do mural

A obra será realizada por Yoseba Muruzábal (Yoseba MP), un dos expoñentes da pintura galega contemporánea e fillo dun dos protagonistas da acción.

O autor do mural, Yoseba MP, recoñece a forte carga simbólica deste proxecto, polo que non cobrará, e impulsarase unha campaña de crowdfunding para financiar os custos dos materiais e da manutención. A grúa será aportada polo Concello das Pontes.

Execución do mural

A execución do mural está prevista para a segunda quincena de abril, na rotonda da Rúa Sergio Rivera Cao coa Avenida de Galicia, no pobo das Pontes. A súa inauguración celebrarase cun acto especial o SÁBADO 10 DE MAIO no CINE ALOVI, coa participación de varios protagonistas da acción.

Un mural reivindicará la protesta de dos sindicalistas en lo alto de la chimenea de As Pontes, en 1975. La Voz de Galicia

El vínculo navarro de la simbólica chimenea de As Pontes en Galicia. Entrevista a Yoseba MP y Pepe Guerreiro en Radio Euskadi

Pintar a mi padre subido a la chimenea es muy especial y totalmente inesperado. Entrevista a Yoseba MP en El Progreso.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

10 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Miño Guerreiro

    Miño Guerreiro

    un ano

    "Amigos de Navarra" que han aportado cien euros cada uno. J.M. Sarasibar, Lourdes Zabaleta, J. M. Compains, Esther Compains, Ioseba Compains, Eneko Compains, Ana Recalde, Pablo Ibáñez, César Osanz, Patxi Urrutia, Ramón Urtasun, J A. Solano, Germán Eslava, Luis Rodrigo, Máximo Martinez, J.F. Landa.

  • mayerra

    mayerra

    máis de 1 ano

    Zorionak por el proyecto, y por la memoria de las personas, que contribuyeron, como tú padre, a logros de la clase trabajadora.

  • Paco Sebio

    Paco Sebio

    máis de 1 ano

    Luis Muruzábal un militante obreiro, que honrou ao sindicalismo de clase.

  • José Manuel Pazos Riveiro

    José Manuel Pazos Riveiro

    máis de 1 ano

    Para memoria de todas e todos os que deixaron vidas e afáns a prol de gacer un mundo máis solidario

  • Daniel Cando Cando

    Daniel Cando Cando

    máis de 1 ano

    Sempre coa memória de Muru e da loita obreira!

  • Xan da Torre

    Xan da Torre

    máis de 1 ano

    En apoyo de la memoria. Manuela.

  • Xan da Torre

    Xan da Torre

    máis de 1 ano

    Alí estivemos apoiando na base.

  • Xan da Torre

    Xan da Torre

    máis de 1 ano

    Alí estivemos recolzando na base.

  • cibernia

    cibernia

    máis de 1 ano

    Noraboa pola iniciativa 👏👏👏

  • Juan_BD

    Juan_BD

    máis de 1 ano

    Vamos!!

#01 / Comezo do mural e acto conmemorativo

**

As Pontes homenaxea a folga obreira do 75 cun mural histórico e un acto conmemorativo

**

As Pontes, 14 de maio de 2025.

A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes organiza o vindeiro sábado 31 de maio ás 19:00 h, no Cine Alovi, un acto de homenaxe á histórica folga de 1975 mediante a inauguración dun mural conmemorativo do artista galego Yoseba Muruzábal (Yoseba MP).

O mural executárase entre o 20 e o 30 de maio, na rotonda da rúa Sergio Rivera Cao coa avenida de Galicia, representa a audaz acción dos sindicalistas José Luis Muruzábal Arlegui e Miguel Ángel Domínguez Bolaños, quen en agosto de 1975 subiron á cheminea da central térmica das Pontes como forma de protesta polo despedimento de máis de 1.200 traballadores das empresas auxiliares. A súa permanencia de 36 horas a máis de 300 metros de altura converteuse nun emblema da loita obreira en tempos de represión franquista.

Este acto enmárcase tamén no contexto do proceso de declaración da

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies