❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

A Nena á que non deixaban ser feliz

É un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector. Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como o Principiño ou Momo. Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso conseguen levarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz á situación actual

Created in

Vigo
0
seconds
89
Pledges
3.350€
From 3.200€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ
É o novo libro de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz, autores de “O cullarapo Croque”, que constituíu a primeira iniciativa de libro en galego a través de VERKAMI. Tivo unha marabillosa acollida entre lectores e crítica, sendo un dos libros máis vendidos en lingua galega na fería do libro de Vigo 2012.

"A nena á que non deixaban ser feliz" é un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector.

Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como: o principiño, Momo ou George Orwel.

Os autores do libro, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen transportarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz sobre a situación actual cunha escrita apropiada para tod@s e recomendada a partir dos sete anos.

O libro terá un formato 17,7x 25 cm, impreso a 4/4 tintas en papel estucado abuesado de 150 grs. A encadernación será en cartoné ao cromo impreso a 4/0 tintas en papel estucado 150 grs, plastificado mate a 1/c.

"A nena á que non deixaban ser feliz" será o número 14 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011, e que xa ten doce números na rúa: 1.- De Castro. 2.- Pegadas. Que reúne trinta e sete voces galaico-portuguesas. 3.- O día que morreu Steve Mc Queen. 4.- Desobediencia. 5.- O cullarapo Croque 6.- Azul ultramarino 7.- 7º andar. 8.- Letras de Amor e Guerra. 9.- Atlas de Chaguán 10.- Melíflua Moradía 11.- Castas 12.- Vattene.

QUEN SON OS AUTORES?

Ambos decidiron non incluír datos sobre a súa traxectoria, xa que nada os pode definir mellor que os seus versos e as súas ilustracións.

Miguel Ángel Alonso Diz
"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)

“*Quen son eu?

Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho

esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda

durmidos.

Só iso...

un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade*”.

Luz Beloso
“*Luz camiña nos soños,

constrúe paisaxes

onde habitan

aqueles segundos

nos que inda había esperanza*”.

Ilustración de Luz Beloso: “O forxador de versos”

QUE É A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR?

A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva.
É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega.

O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.

Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. No ano 2007 sae á rúa o primeiro libro colectivo de poesía baixo o título de “A Porta Verde do Sétimo Andar” no que participan nove voces poéticas. "Sétimo andar, poesía alén" (2010) era o segundo libro colectivo, cando A Porta Verde cumpría 5 anos de andaina poética. Nel participan outras nove voces poéticas das que repiten só tres nomes do primeiro libro: Miguel Ángel Alonso Diz, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.

Tivo un éxito sorprendente, considerado por Fervenzas Literarias o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010.

A todo isto debemos sumar os xa mencionados cadernos Q de Vian.

MÁS INFORMACIÓN

Blog de Miguel Ángel Alonso "forxador de versos"

Blog de Luz Beloso

Blog da Porta Verde

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Carta Gráfica

    Carta Gráfica

    over 11 years

    Buenas tardes

    Soy Juan José Franco de Carta Gráfica, dedicada a la impresión de libros y posicionamiento en redes sociales , blogs, tiendas online…….

    Nos ofrecemos para presupuestar futuros proyectos.

    Un saludo,

    www.imprentacartagrafica.com

#10 / XA A TEMOS NA CASA!!

A próxima semana xa recibiredes nos vosos fogares a vosa nena.

Grazas pola vosa paciencia!

Queremos reiterar o noso agradecemento. Sen vosoutros todo isto sería imposible.

read more

#08 / A NOSA NENA CON ROSALÍA

Ola a tod@s!

A fase de correccións, maquetado e demais está totalmente rematada.

Xa queda menos para ter a nosa filla entre os nosos dedos.

Deixamos aquí a modo de agasallo unha ilustración de Luz Beloso.

Sabela coa nosa querida Rosalía.

Bicos a moreas!!

read more

#07 / Agradecemento

Grazas a tod@s por confiar en nós!

Estamos traballando nos últimos detalles da nosa filla.

Na foto: Miguel Ángel, Luz Beloso e Carlos.

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy