❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

As Mulleres dos Fíos

Un documental sobre a deseñadora Lolita Aguín e todas as mulleres que, traballando ao seu lado, trouxeron a moda á vila mariñeira de O Grove

Xarda Cooperativa

A project of

Created in

O Grove
0
seconds
100
Pledges
4.000€
From 4.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Sobre o proxecto

Cantos e cantas de nós desexaríamos coñecer máis sobre a historia das mulleres das nosas vilas? Cantas sentimos que a parte feminina do noso legado está incompleta? Cantas pensamos que existe un baleiro que nos toca encher ás xeracións que vimos despois?

Ese desexo é o que move a creación do documental "As Mulleres dos Fíos". Un filme no que se quere homenaxear a Lolita Aguín (unha pioneira do deseño de roupa falecida en decembro de 2023) e a todas as mulleres que traballaron xunto con ela para poñer ao Grove no mapa da moda. Un mapa que tivo como primeira parada a aventura de costura entre amigas, “Pamaló”, no ano 1969; despois o “taller” -sede da senlleira marca meca Creaciones Lor- e, por último, a creación de “Lolita Aguín, S.A.”.

Lolita Aguín, unha pioneira da moda en O Grove.
Lolita Aguín, unha pioneira da moda en O Grove.

Unha revolución que foi posible grazas ao traballo en equipo de moitas mulleres da vila.
Unha revolución que foi posible grazas ao traballo en equipo de moitas mulleres da vila.

A importancia da nosa intrahistoria

Esta homenaxe proponse como un documental (que formará parte dun evento maior o día 15 de marzo, con pase de modelos coa roupa creada por estas mulleres, unha posible charla na que falarán da súa experiencia e unha exposición pola historia da moda de O Grove) no que se fale do labor destas mulleres. Un labor que as levou a promover un cambio na vila de O Grove que acabaría traendo a industria da moda ata ela.

Pero o documental servirá tamén como un paseo polo pasado da vila de O Grove a través de numeroso material de arquivo do que dispoñemos en foto e vídeo.

Traballando na fábrica.
Traballando na fábrica.

Por que é importante esta historia?

É fundamental contar historias como esta para que se comprenda que, con moi pouco e traballando en equipo, se pode cambiar o rumbo dun lugar. A maiores, non podemos esquecer a importancia que tivo a muller galega na historia da nosa terra, e como se tende a obviar ou a ignorar o papel que elas tiveron nesta.

Sobre as recompensas

Sen importar a recompensa que escollas, o teu nome aparecerá nos agradecementos do documental, así como nun fotocall na entrada do auditorio de O Grove o día do evento. Tamén, terás a entrada gratis ese mesmo día para poder acceder á homenaxe que inclúe, ademais do visionado do documental, un pase de modelos da roupa deseñada na empresa de Lolita Aguín, unha posible charla coas mulleres que formaron parte deste proxecto e unha exposición con fotografías históricas, e os cadros e roupa desta deseñadora.

Ademais, tamén terás a oportunidade de recibir láminas exclusivas de Lolita Aguín (que tamén era pintora) e que só se poderán conseguir participando nesta campaña. As láminas poderán ser recollidas o día do evento, momento no que tamén se poderán escoller entre varios deseños (en caso de non poder asistir ao evento, enviaremos as láminas por correo).

Exemplo de láminas.
Exemplo de láminas.

As persoas participantes poden recibir a maiores un fanzine con fotografías exclusivas e a historia da moda na vila de O Grove.

Por último, preparamos recompensas para colectivos coa que lles levaremos a exposición da roupa, fotografía e cadros, así como o documental, a onde nos digan.

Quen somos

Xarda, S. Coop. Galega é unha cooperativa de comunicación, formada por Elena Martín (O Grove, 1989) e Pablo Santiago (Pontedeume, 1989), que leva desde 2020 facendo reportaxes e documentais con temática centrada sobre todo no ámbito do rural e, máis concretamente, nas mulleres do rural. De feito, para Xarda o empoderamento feminino e a reivindicación das mulleres galegas coma o noso maior patrimonio inmaterial, foron sempre dúas das bases sobre a que xiran moitos dos seus traballos.

A que destinaremos as vosas achegas.

Levamos moito tempo con esta idea na cabeza e o que procuramos conseguir, grazas ás vosas achegas, e poder levalo ao cabo por fin.

Os cartos investiranse ao 100% na produción do documental e en cubrir os gastos derivados desta campaña de micromecenazgo.

En canto aos gastos do documental, usaremos o obtido no coidado das testemuñas que poñan voz a esta historia, nas xornadas de gravación e de mergullo nas ducias de vídeos e imaxes que temos sobre O Grove, a fábrica de roupa, Lolita Aguín e o resto de mulleres; e, sobre todo, nas máis de 20 xornadas de edición que calculamos nos levará a montaxe final do documental.

No caso da campaña, utilizaremos os cartos para imprimir e enviar as láminas, na produción e impresión do fanzine, nas entradas ao evento e en calquera outro gasto que poida xurdir.

Calendario previsto

O documental presentarase o 15 de marzo de 2025 nun evento máis amplo no que non só se estreará o documental, senón que tamén haberá un desfile de modelos coa roupa deseñada por Lolita Aguín coa axuda de todo resto de mulleres; unha exposición de fotografías históricas, roupa e cadros; e unha posible charla na que as Mulleres dos Fíos falarán sobre a súa experiencia como creadoras de moda.

Todo o traballo realizarase, polo tanto, entre agora e marzo de 2025 (o traballo farase igual, pero se conseguimos ter unha campaña exitosa, implicará non perder cartos na produción do mesmo).

As recompensas poden recollerse no propio evento. Se algunha das persoas mecenas non puidera achegarse ata O Grove ese día, enviarémoslle a recompensa por correo a partir do 15 de marzo de 2025.

+ Info

Se queres máis información, ou tes algunha dúbida, podes entrar nas nosas redes sociais:

No noso Instagram: @xarda_cooperativa; e no Instagram que abrimos para informar concretamente sobre o documental: @asmulleresddosfios_documental.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

7 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • almenar25

    almenar25

    5 months

    Me va a resultar imposible asistir al acto de presentación. Mi enhorabuena por el proyecto. Mi correo personal es [email protected] Un abrazo. Antonio Escolar Pujolar

  • Parabéns polo proxecto, Elena e Pablo! Somos quen somos grazas ao que construíron as nosas avoas e avós.

  • Francisco Meis

    Francisco Meis

    5 months

    Adiante!!! Magnífica iniciativa!!!

  • Laura Varela

    Laura Varela

    5 months

    Canto amor vexo neste proxecto, con moitas ganas de ver o resultado final! :)

  • Sonsoles Lores

    Sonsoles Lores

    5 months

    Merecido recoñecemento a tía Lolita e a todas as mulleres que tecendo fíos construiron unha parte da historia do Grove.

  • Maite

    Maite

    5 months

    Bonito proyecto!!

  • Agodav

    Agodav

    5 months

    Moi boa iniciativa!

Go back to all the updates

#02 / Recompensas e visionado online

Ola mecenas!

Non pensedes que esquecemos as vosas recompensas nin o enlace do visionado online do documental.

Tivemos un pequeno contratempo que estará solventado a finais desta semana e xa poderedes ver "As Mulleres dos Fíos" na vosa casa :).

E as vosas recompensas físicas están en camiño!

Grazas de novo por colaborar coas Mulleres dos Fios e unha aperta enorme!

2 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

  • Sagrapenapintor

    Sagrapenapintor

    3 months

    O primeiro parabéns por ese traballo.

    Non vos preocupedes, mellor recompensa que a velada que pasamos vendo o docu e o desfile, na vosa compañía, xa imposible.

    Pero sí volveremos a velo❤️

  • Francisco Meis

    Francisco Meis

    3 months

    Moitísimas grazas por todo! Voltaremos a visionar o documental! Encantoume!

#02 / Recompensas e visionado online

Ola mecenas!

Non pensedes que esquecemos as vosas recompensas nin o enlace do visionado online do documental.

Tivemos un pequeno contratempo que estará solventado a finais desta semana e xa poderedes ver "As Mulleres dos Fíos" na vosa casa :).

E as vosas recompensas físicas están en camiño!

Grazas de novo por colaborar coas Mulleres dos Fios e unha aperta enorme!

read more

#01 / Obxectivo conseguido!!

🎉🧵OBXECTIVO CONSEGUIDO!

Moitas grazas a todas as persoas que aportastes, compartistes, seguistes e falastes deste proxecto! Sen vós, "As Mulleres dos Fíos" non estaría en camiño de converterse nunha realidade.

Xa estamos traballando arreo para rematar todo a tempo. Para aquelas persoas que contribuístes con recompensa, nuns días recibiredes un email con instrucións sobre como proceder para recibir todo de xeito correcto.

Lembrade que nos vemos o día 15 de marzo!

Unha aperta moi forte e grazas de novo! 💜

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy