❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Böj - Hora Zulú

A banda de folk atlántico Böj precisa a vosa colaboración neste crowfunding para facer realidade un disco cargado de novos temas de calidade

Böj Folk Atlántico

A project of

Category

Created in

Ferrol
0
seconds
149
Pledges
4.938€
From 3.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

SOBRE ESTE PROXECTO

A banda galega de folk atlántico BÖJ edita o seu novo traballo de estudio, para o cal lanzamos esta campaña de crowfunding para que nos axudedes a sufragar os custos derivados da gravación e a distribución, a cambio disfrutaredes deste traballo e recompensas adicionais, xuntxs podemos facelo realidade.

INFORMACIÓN XERAL

Este disco foi gravado dun xeito que asemella máis a un traballo de directo, xa que todos os músicos gravaron cada pista tocando de maneira conxunta, o que conforma unha experiencia musical máis orgánica, o cal e unha das características principais nas músicas de raíz, pero sen lugar a dúbidas o que realmente converte unha experiencia musical nun ente catártico e plenamente satisfactorio é o apoio e o empuxe do público.

Por esta razón tamén esta clase apoio en forma de cofinanciación faise primordial para que a banda traballe para poder ofrecer un produto máis consciente e mellorado, aportando o mellor do conxunto das bastas experiencias e saberes musicais dos seus integrantes ademais do seu compromiso por facer unha música plenamente expresiva e de calidade.

FORTALEZAS E DIFERENCIALES

A edición do traballo ofrecerase en forma física en formato CD e tamén en formato dixital. Contará con 9 pistas nas que se ofrecerá un percorrido musical que vai dende sons puramente tradicionais galegos ata composicións propias inspiradas no rico e amplo conxunto de melodías e ritmos propios das músicas tradicionais de nacións atlánticas como a asturiana, irlandesa ou a escocesa, engadindo ademais aportes sonoros máis propios de músicas como o jazz ou electrónica, de xeito de se respecten sempre os aspectos primordiais e distintivos destas músicas afianzados dende fai séculos, e á vez realizando un enriquecemento con sons vangardistas.

Ademais algunhas das pistas contarán coa colaboración de artistas de recoñecido talento e prestixio como: María Jorge, Óscar Fernández, , Cibrán Seixo, Luis Peixoto, Matthew Ward e Anxo Lorenzo.

AS RECOMPENSAS

Como non podería ser doutra maneira, queremos agradecer a vosa aportación con estas recompensas.

En forma de música: Por suposto o noso novo traballo "Hora Zulú", incluido en todas as recompensas. Tamén esta disponible para quen o desexe o noso anterior traballo "Lúa" para completar o noso pack de música.

En forma de merchandising: como complementos adicionais ofrecemos camisetas e tote bags que podes adquirir xuntas ou por separado.

Escolle a que máis te guste: Podes conseguir o noso novo traballo "Hora Zulú" uícamente, en formato físico ou dixital ou tamén podes combinalo co resto dos nosos produtos de música e merchandising. Elixe o pack que máis te guste e máis se adapte ás túas necesidades!!

máis info no apartado de recompensas.

Estarémoste enormemente agradecidos.

QUENES SOMOS?

Actualmente a banda está formada por 4 membros:

O multiisntrumentista Ricardo Mouiriño ás gaitas, frautas e whistles, que compaxina a súa experiencia e coñecementos na música folk e tradicional con proxectos de reggae e música xamaicana tanto en solitario como noutras formacións como vocalista, baterista e produtor.

Aos whistles e bouzouki está Fausto Escrigas que combina o seu amplo coñecemento e técnica nestes instrumentos no eido das músicas atlánticas có rol de saxofonista en numerosas formacións que abarcan dende estilos como o jazz, reggae ou o klezmer ata funk ou rock.

Rubén Gómez é o guitarrista da banda, instrumento no que é un grande especialista no estilo folk, participando noutras formacións e impartindo clases e seminarios, ademais de ser un talentoso gaiteiro.

No bodhran está Pablo Vergara, un dos intérpretes máis destacados neste instrumento tanto a nivel galego como no estado español, impartindo numerosos cursos e obradoiros e participando en múltiples proxectos con artistas de recoñecido prestixio.

Durante a súa traxectoria a banda tocou en numerosas salas por toda a xeografía galega e a do resto do estado español e formou parte do cartaz de festivais como: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Cáceres Irish Fleadh, Festival Intercético de Sendim (Portugal), Festival Rubrifolkum (Sant Boi, Barcelona), Festival 2 Mares (Valencia), Festival Internacional de la Cornamusa “Cornamusam” (Olot, Girona), Festival Intercéltico O Son do Pazo (Mos, Pontevedra), Festival Reina Loba (Os Blancos, Ourense), Folkez Blai (Ermua, Vizcaya), Festival Minho Reggae Splash (Goián, Pontevedra) entre outros.

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS

En Böj confiamos na autoprodución como forma de traballo, no cal pomos todo o noso esforzo e cariño, ao igual que os grandes profesionais nos que confiamos para dar forma a este disco tanto dende o plano técnico como nos deseños e fotografias.

Ese mesmo esforzo e cariño que recibimos de vos en forma de apoio económico empregarémolo para sufragar dignamente os gastos derivados do traballo destes grandes profesionais que fixeron realidade este disco.

As vosas achegas destinaranse a:

-Gravación, misturas e mastering.

-Fabricación, copias e soporte dixital.

-Deseños e fotografía.

-Merchandising.

CALENDARIO PREVISTO

Unha vez rematada esta campaña e recibidos os produtos de fábrica, tanto as copias dos discos como os produtos de merchandising comezaremos a distribución e os envios de cara aos meses de marzo e abril, nos cales iredes recibindo as vosas recompensas.

+ INFO

Seguídenos nas nosas redes para ter mís información sobre os nosos concertos, as nosas publicaciones e novas relacionadas con esta campaña.

Insire aquí as ligazóns relevantes para a campaña:

https://www.instagram.com/boj.musica

https://www.facebook.com/Bojfolk

https://www.youtube.com/@bojfolk4911

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

23 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Gonzalo Llao Díaz

    Gonzalo Llao Díaz

    5 months

    Vamos amigosssssss!!!!

  • Robert

    Robert

    5 months

    Viva la vida con musica Folk y larga vida a BOJ

  • Maco Sanchez Blanco

    Maco Sanchez Blanco

    5 months

    Desde México os apoyamos. Abrazos

  • Dani Blanco

    Dani Blanco

    6 months

    Sempre admirei o seu talento e a súa paixón pola música. Estou feliz de poder achegar e formar parte deste soño. ¡Estou seguro de que o que vén será espectacular!

  • medyjavi

    medyjavi

    6 months

    Ánimo rapaces!!! Desexando escoitar o voso proxecto.Unha aperta .Javi e Medi

  • Kaos Killgrave

    Kaos Killgrave

    6 months

    Moita sorte coa campaña! Sodes uns cracks!

  • Cati B.

    Cati B.

    6 months

    Mucha suerte en esta nueva aventura! David y Cati ❤️

  • Pablo

    Pablo

    6 months

    Noraboa polo novo traballo. De Olalla e Pablo.

  • Carlos

    Carlos

    6 months

    Tengo muchas ganas de Verkami seta de böj y poder lucirla entre mis amiguetes !! Diantres!! No puedo esperar!!

  • Carlos

    Carlos

    6 months

    Pondré este disco en la recepción del hotel en donde trabajo: Hotel Fenel

#08 / PROBLEMAS COS ENVÍOS??

Ola de novo mecenas!

Diríximonos a vos para ver se recibíchedes correctamente os paquetes coas vosas recompensas.

En caso de que ainda non vos chegaran, facédenos sabelo e resolveremos o problema en canto poidamos.

Disculpade as molestias e grazas de novo mecenas.

read more

#07 / ENVÍOS REALIZADOS

Bo día mecenas

Informamos de que os envíos dos paquetes coas vosas recompensas foron xa realizados. Así que estade atent@s estes vindeiros días!

Se vedes que hai algún problema con respecto ao contido, o estado ou o tempo de chegada, non dubidedes en poñervos en contacto con nós e trataremos de solventar o problema o antes posible.

graciñas de novo mecenas

read more

#06 / XA ESTÁ AQUÍ HORA ZULÚ!

Querid@s mecenas

Por fin chegou "Hora Zulú" en edición física! así que mañá mesmo comezaremos cos envios das vosas merecidas recompensas! Unha vez máis queremos darvos a grazas pola paciencia.

Graciñas de novo mecenas!

read more

#05 / NOVAS DO MES DE MAIO

NOVAS DO MES DE MAIO

Querid@s mecenas:

Xa queda moi pouco, os CDs están en fábrica e ademais teredes disponible o disco para escoitar en plataformas dixitais o vindeiro 31 de maio. Os mecenas que elixiran a recompensa de descarga dixital ese nismo día recibirán un enlace para descargar o disco.

Os discos en formato físico chegarán a semana que empeza co luns 2 de xunio, e en canto os teñamos realizaremos os envios de todas as recompensas.

GRAZAS DE NOVO MECENAS.

read more

#04 / NOVAS DO MES DE ABRIL

Bo día querid@s mcecenas, como podedes ver, pasiño a pasiño imos avanzando. Por unha banda xa temos preparado ese contido adicional que puidemos facer grazas a vós e por outra xa temos os produtos de merchan listos e preparados. Só nos queda dar os últimos retoques de mistura e mastering ao disco en mandalo á fábrica. Grazas de novo mecenas.

read more

#03 / NOVAS DO MES DE MARZO

Ola queridísim@s mcecenas! temos novas para vos este mes de marzo:

Ainda que a entrega das recompensas e CDs estaba estimada para este mes, na banda decidimos o seguinte: grazas a que a suma das vosas aportacións superou amplamanete o que tíñamos previsto, imos engadir novo material en forma de música que aportará un extra de calidade, polo que o prazo de entrega vaise extender ata o vindeiro mes de abril pero creédenos, pagará a pena.

GRACIÑAS A TOD@S, MECENAS

read more

#02 / NOVAS SOBRE AS RECOMPENSAS!!

Bo día querídísim@s mecenas, informamos de que moi pronto estarán preparados os nosos produtos de merchandising!! se aínda non crubíchedes o formulario dádelle caña para organizar o antes posible os envios.

Tallas de camiseta adicionais

Informamos tamén de que engadimos as tallas S e XXL en camisetas para que poidades elixir.

E que pasa se xa elexiches a túa talla e queres cambiar? Pois ningún problema. Indiacao nos comentarios e faremos que se cumpra.

Se tedes cálquera dúbida relacionada con este asunto indicadeo na caixa de comentarios.

GRACIÑAS DE NOVO MECENAS

read more

#01 / GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS

Dende Böj queremos darvos as grazas a tod@s polas vosas aportacións.

Este proxecto que fixemos con tanto traballo e amor vai poder ver a luz e é grazas a tod@s vos.

Agora que xa está pechado o prazo de aportacións chega o seguinte paso, lede con atención as instrucións de como recibir as recompensas.

Mecenas de descarga dixital

No momento de estar a descarga disponible recibiredes un email co enlace de descarga.

Mecenas de entrega en man

No momento no que os discos estean disponibles para a recollida, recibiredes un email coa localización do punto de recollida.

Mecenas de envio postal

Recibiredes un email onde poderedes indicar a dirección onde queredes que vos chegue a vosa recompensa e tamén para que especifiquedes a vosa talla de camiseta no caso de incluila na vosa recompensa.

Estade atent@s ás nosas redes

Calquera novidade

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy