SOBRE ESTE PROXECTO
A banda galega de folk atlántico BÖJ edita o seu novo traballo de estudio, para o cal lanzamos esta campaña de crowfunding para que nos axudedes a sufragar os custos derivados da gravación e a distribución, a cambio disfrutaredes deste traballo e recompensas adicionais, xuntxs podemos facelo realidade.
INFORMACIÓN XERAL
Este disco foi gravado dun xeito que asemella máis a un traballo de directo, xa que todos os músicos gravaron cada pista tocando de maneira conxunta, o que conforma unha experiencia musical máis orgánica, o cal e unha das características principais nas músicas de raíz, pero sen lugar a dúbidas o que realmente converte unha experiencia musical nun ente catártico e plenamente satisfactorio é o apoio e o empuxe do público.
Por esta razón tamén esta clase apoio en forma de cofinanciación faise primordial para que a banda traballe para poder ofrecer un produto máis consciente e mellorado, aportando o mellor do conxunto das bastas experiencias e saberes musicais dos seus integrantes ademais do seu compromiso por facer unha música plenamente expresiva e de calidade.
FORTALEZAS E DIFERENCIALES
A edición do traballo ofrecerase en forma física en formato CD e tamén en formato dixital. Contará con 9 pistas nas que se ofrecerá un percorrido musical que vai dende sons puramente tradicionais galegos ata composicións propias inspiradas no rico e amplo conxunto de melodías e ritmos propios das músicas tradicionais de nacións atlánticas como a asturiana, irlandesa ou a escocesa, engadindo ademais aportes sonoros máis propios de músicas como o jazz ou electrónica, de xeito de se respecten sempre os aspectos primordiais e distintivos destas músicas afianzados dende fai séculos, e á vez realizando un enriquecemento con sons vangardistas.
Ademais algunhas das pistas contarán coa colaboración de artistas de recoñecido talento e prestixio como: María Jorge, Óscar Fernández, , Cibrán Seixo, Luis Peixoto, Matthew Ward e Anxo Lorenzo.
AS RECOMPENSAS
Como non podería ser doutra maneira, queremos agradecer a vosa aportación con estas recompensas.
En forma de música: Por suposto o noso novo traballo "Hora Zulú", incluido en todas as recompensas. Tamén esta disponible para quen o desexe o noso anterior traballo "Lúa" para completar o noso pack de música.
En forma de merchandising: como complementos adicionais ofrecemos camisetas e tote bags que podes adquirir xuntas ou por separado.
Escolle a que máis te guste: Podes conseguir o noso novo traballo "Hora Zulú" uícamente, en formato físico ou dixital ou tamén podes combinalo co resto dos nosos produtos de música e merchandising. Elixe o pack que máis te guste e máis se adapte ás túas necesidades!!
máis info no apartado de recompensas.
Estarémoste enormemente agradecidos.
QUENES SOMOS?
Actualmente a banda está formada por 4 membros:
O multiisntrumentista Ricardo Mouiriño ás gaitas, frautas e whistles, que compaxina a súa experiencia e coñecementos na música folk e tradicional con proxectos de reggae e música xamaicana tanto en solitario como noutras formacións como vocalista, baterista e produtor.
Aos whistles e bouzouki está Fausto Escrigas que combina o seu amplo coñecemento e técnica nestes instrumentos no eido das músicas atlánticas có rol de saxofonista en numerosas formacións que abarcan dende estilos como o jazz, reggae ou o klezmer ata funk ou rock.
Rubén Gómez é o guitarrista da banda, instrumento no que é un grande especialista no estilo folk, participando noutras formacións e impartindo clases e seminarios, ademais de ser un talentoso gaiteiro.
No bodhran está Pablo Vergara, un dos intérpretes máis destacados neste instrumento tanto a nivel galego como no estado español, impartindo numerosos cursos e obradoiros e participando en múltiples proxectos con artistas de recoñecido prestixio.
Durante a súa traxectoria a banda tocou en numerosas salas por toda a xeografía galega e a do resto do estado español e formou parte do cartaz de festivais como: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Cáceres Irish Fleadh, Festival Intercético de Sendim (Portugal), Festival Rubrifolkum (Sant Boi, Barcelona), Festival 2 Mares (Valencia), Festival Internacional de la Cornamusa “Cornamusam” (Olot, Girona), Festival Intercéltico O Son do Pazo (Mos, Pontevedra), Festival Reina Loba (Os Blancos, Ourense), Folkez Blai (Ermua, Vizcaya), Festival Minho Reggae Splash (Goián, Pontevedra) entre outros.
A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
En Böj confiamos na autoprodución como forma de traballo, no cal pomos todo o noso esforzo e cariño, ao igual que os grandes profesionais nos que confiamos para dar forma a este disco tanto dende o plano técnico como nos deseños e fotografias.
Ese mesmo esforzo e cariño que recibimos de vos en forma de apoio económico empregarémolo para sufragar dignamente os gastos derivados do traballo destes grandes profesionais que fixeron realidade este disco.
As vosas achegas destinaranse a:
-Gravación, misturas e mastering.
-Fabricación, copias e soporte dixital.
-Deseños e fotografía.
-Merchandising.
CALENDARIO PREVISTO
Unha vez rematada esta campaña e recibidos os produtos de fábrica, tanto as copias dos discos como os produtos de merchandising comezaremos a distribución e os envios de cara aos meses de marzo e abril, nos cales iredes recibindo as vosas recompensas.
+ INFO
Seguídenos nas nosas redes para ter mís información sobre os nosos concertos, as nosas publicaciones e novas relacionadas con esta campaña.
Insire aquí as ligazóns relevantes para a campaña:
https://www.instagram.com/boj.musica
https://www.facebook.com/Bojfolk
22 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Robert
Viva la vida con musica Folk y larga vida a BOJ
Maco Sanchez Blanco
Desde México os apoyamos. Abrazos
Dani Blanco
Sempre admirei o seu talento e a súa paixón pola música. Estou feliz de poder achegar e formar parte deste soño. ¡Estou seguro de que o que vén será espectacular!
medyjavi
Ánimo rapaces!!! Desexando escoitar o voso proxecto.Unha aperta .Javi e Medi
Kaos Killgrave
Moita sorte coa campaña! Sodes uns cracks!
Cati B.
Mucha suerte en esta nueva aventura! David y Cati ❤️
Pablo
Noraboa polo novo traballo. De Olalla e Pablo.
Carlos
Tengo muchas ganas de Verkami seta de böj y poder lucirla entre mis amiguetes !! Diantres!! No puedo esperar!!
Carlos
Pondré este disco en la recepción del hotel en donde trabajo: Hotel Fenel
Anxo Seco
Lumeee!!!