❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

LAVANDEIRAS DE SAN SIMÓN. Fútbol gaélico feminino.

Fai posible a existencia dun club de FÚTBOL GAÉLICO FEMININO en Vigo!

Category

Created in

Vigo
0
seconds
150
Pledges
3.181€
From 2.900€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

LAVANDEIRAS DE SAN SIMÓN é un novo equipo de fútbol gaélico feminino formado por mulleres de Vigo e a súa contorna.

Nós
Nós

O futbol gaélico é un deporte minoritario en Galiza, polo que cada equipo e cada xogadora conta.

Necesitamos a túa axuda para a nosa supervivencia!

Lavandeiras de San Simón. Novembro 2024
Lavandeiras de San Simón. Novembro 2024

Queremos ser un lugar para a saúde: Queremos construír un espazo de lecer, de convivencia e de coidados.

Na sociedade actual da hiperprodutividade e o individualismo cremos que é a través da convivencia, da unión colectiva e da construción de comunidade onde se poden atopar espazos de abeiro.

Consegue recompensas exclusivas:

Dende que comezamos con esta campaña pensamos nas recompensas con moito agarimo. Queríamos que, dalgunha maneira, estivesen vencelladas ao noso deporte, á historia detrás do noso nome e á nosa cultura.

Colaboran con nós empresas de economía social, que impulsan o desenvolvemento social e a redistribución do valor engadido.

Agardamos que as gocedes!

Ademais de participar en todos os obxectivos de campaña debloqueados... segue lendo ;)

A lavandeira de San Simón

Eva Mejuto
Eva Mejuto

Escrito por Eva Mejuto, escritora galega, A lavandeira de San Simón é o libro que conta a historia que inspirou o noso nome:

Queremos facer memoria e honrar as mulleres disidentes e solidarias que durante a Guerra Civil se expuxeron para servir de alento e acougo aos milleiros de presos do franquismo que se viron despoxados de liberdade na Illa de San Simón por defender ideas progresistas: as lavandeiras.

Lavandeiras de San Simón
Lavandeiras de San Simón

A que destinaremos as vosas achegas.

O Concello de Vigo concedeunos o uso de instalacións públicas un día á semana, pero temos que pagar unha instalación privada para completar os adestramentos.

O 100% do recadado irá destinado a:

  • Pagar unha instalación privada: 1 día á semana.

  • Pagar as recompensas.

Obxectivos a desbloquear! Fagamos a festa!

Segundo vaiamos acadando os seguintes obxectivos de recadación iremos facendo unha celebración: SORTEO!

Que é o fútbol gaélico?

É unha variante do fútbol xogada principalmente en Irlanda. En Galiza e no feminino, xógase en equipos de 9 xogadoras nun campo rectangular, con porterías en forma de H a ambos os dous lados.

As xogadoras avanzan polo campo levando o balón nas súas mans e pasando o balón entre as compañeiras de equipo coas mans ou cos pés.

O obxectivo principal é anotar o maior número de puntos, marcando goles (3 puntos) ou lanzando o balón por enriba do longueiro (1 punto).

O fútbol gaélico conta ademais cuns valores únicos dentro do mundo do deporte: é un deporte amateur por definición e promove a cultura do “terceiro tempo”, primando a camaradería entre rivais.

+ Info

FAQ

  • Que son os obxectivos a desbloquear?

    Co fin de facer a campaña máis entretida e que non sexa aportar e esquecer, quixemos facer festa no camiño.

    As persoas que colaborades con nós ides participando nos sorteos que estean activos no momento da vosa achega.

    Por exemplo:

    • Obxectivo 600€: ao chegar a esa cantidade, todas as mecenas ata entón entrades no sorteo dunha pizza a domicilio.

    • Obxectivo 1500€: ao chegar a esa cantidade, todas as mecenas ata entón participades no sorteo dunha excursión á Illa de San Simón para dúas persoas, con Eva Mejuto como guía e relatora.

    E así co resto de sorteos!

    Grazas

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

12 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Pablo Durán

    Pablo Durán

    7 months

    A polo 2025 coas Lavandeiras!

  • Lavandeiras de San Simón

    Lavandeiras de San Simón
    Author

    7 months

    Gracias!!!! A ver si o logramos!!!

  • Fani & Fuco

    Fani & Fuco

    7 months

    Forza Lavandeiras!!

  • Ruth Otero

    Ruth Otero

    8 months

    Go Lavandeiras!

  • Lavandeiras de San Simón

    Lavandeiras de San Simón
    Author

    8 months

    Eskerrik asko!!! ✊🏻

  • Josune

    Josune

    8 months

    Aupa Lavandeirak!!!

  • Diego Bf

    Diego Bf

    8 months

    Moitísimo ánimo e que vivan as Lavandeiras!!

  • Txukidc

    Txukidc

    8 months

    Força! ✊🏾

  • Lavandeiras de San Simón

    Lavandeiras de San Simón
    Author

    8 months

    Grazas compañeiras!

  • Daniel Ermo

    Daniel Ermo

    8 months

    Avane a todas!

#01 / Moitas grazas

Hoxe acadamos o obxectivo!!!

Infinitas grazas a todas as persoas que nos axudastes a que este proxecto poida seguir adiante. É o mellor agasallo de Nadal que puidemos ter.

Grazas

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy