❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Afeminadas

Un fashion film de terror que retrata as feminidades disidentes.

Created in

Santiago de Compostela
0
seconds
27
Pledges
1.100€
From 600€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Afeminadas é un fashion film de 10 minutos que rompe os moldes sobre a expresión da feminidade das personas queer e das mulleres. Unha historia que lle dará un bo susto á heteronormatividade!

As tres scream queens protagonistas desta historia sáense do establecido, expresan a sua feminidade enfrontándose aos prexuízos e expectativas que intentan encorsetalas. Como boas defensoras da pluma e o glitter, a súa rebelión desencadea un conflito que as levará a enfrontarse a ataques inesperados.

Por suposto, a estética é clave. Elementos como a escenografía, maquillaxe e vestiario crean unha atmosfera única e perturbadora e impulsan a historia cara diante.

Inspirado nos grandes clásicos do cine de terror dos 70 e cun toque surrealista que deixarían a Kenneth Anger coa perruca no chan, Afeminadas é unha festa visual de ritmo, teatralidade, expresión corporal e hedonismo que vai sacudir as túas bragas. Prepárate para unha experiencia sensorial que che deixará pedindo bis, cariño!

Fotografía de Lucía Freire
Fotografía de Lucía Freire

Deseños de Antón Carral
Deseños de Antón Carral

Ligazón de visionado: Terás acceso exclusivo ao filme para que poidas desfrutar de Afeminadas desde a comodidade do teu sofá.

Agradecemento en créditos: O teu nome aparecerá nos créditos finais, recoñecendo o teu apoio esencial para facer este proxecto realidade.

Crédito de "mecenas": Non só estarás nos créditos, senón que tamén serás destacada como unha mecenas, subliñando o teu papel vital na nosa produción.

Playlist Spotify: Unha colección de cancións seleccionadas especialmente para acompañar a estética e a atmosfera de Afeminadas. Ideal para escoitar mentres te preparas para unha noite de glamour.

Pegatinas: Personaliza o teu espazo coas pegatinas cos deseños orixinais de Afeminadas.

Póster: Un póster exclusivo que reflicte a esencia da peza.

Dossier do proxecto: Un documento detallado que inclúe insights, bocetos e o proceso creativo detrás de Afeminadas. Perfecto para amantes do cine e do deseño.

Fotos exclusivas da rodaxe: Descubre os momentos máis íntimos e máxicos do set de rodaxe con estas fotos exclusivas que non verás en ningún outro lugar.

Ligazón á Banda Sonora Orixinal: Accede á música que dá vida e intensidade a cada escena de Afeminadas.

Tanga co deseño orixinal de Afeminadas: Unha prenda única e atrevida que che permitirá levar unha parte do filme contigo, literalmente!

Bby Tee co deseño orixinal de Afeminadas: Unha camiseta estilosa e cómoda, perfecta para mostrar o teu apoio ao proxecto con orgullo.

Anel de Tarti Tailored para lucir como unha estrella da talla das nosas protagonistas.

Catuxa Prieto

Estudante de último curso de Comunicación Audiovisual pola Universidade de Compostela e do Ciclo Superior de Produción Audiovisual e de Espectáculos pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña (2º ano).

Con experiencia en produción en eventos como O Son do Camiño, Atlantic Fest, Gozo Fest, e concertos de artistas como Guns & Roses e Black Eyed Peas. Especializada en produción, participei no I Foro da Industria Galega do Audiovisual e nos premios Mestre Mateo. Tamén fun auxiliar de produción na CRTVG en programas especiais e no Luar, entre outros.

Participei en varios proxectos audiovisuais e de fotografía, como o videoclip "Fotos" (Bruno Arias, 2023) da artista Andi como script, a serie de videos "Musicalízate coa OUSC" (2020) como editora de video, ou a sesión fotográfica da colección de moda "Trashy Kitties" (Carlos Barva, 2023) como maquilladora.

Carlos Barba

Estudante de último curso de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e graduado en Deseño de Moda por Pin Factory en Vigo.

Desde 2023, especialiceime no departamento de vestiario a través de diferentes proxectos audiovisuais, como xefe no videoclip "Fotos" (Bruno Arias, 2023) da artista Andi, codirixindo para o videoclip "Morena" (Alba Domínguez, 2023) do grupo musical De Ninghures e como axudante nas curtametraxes "La Casa De La Abuela" (Ashling Docampo, 2023) e "Boca De Asno" (Carlos Calvar, 2024).

Entre 2022 e 2023 creo a colección de moda "SWISHY" baixo o eido da escola Pin Factory (Vigo). En 2024, unha editorial da revista "Moevir Paris Magazine" emprega algunha das pezas para unha sesión fotográfica. Así mesmo, asumo a dirección creativa e o estilismo da sesión de moda "Trashy Kitties" (Carlos Barba, 2023).

Fotografía de Isaac González
Fotografía de Isaac González

Queremos coidar á nosa maravillosa equipa, así que destinaremos o recaudado ca vosa axuda a cubrir os gastos de desprazamentos e dietas durante a rodaxe. Porque mesmo as reinas necesitan combustible!

  • Rodaxe: 23, 24, 28 e 29 de Maio

  • Posprodución: Xuño - Setembro

  • Produción recompensas: Finais Xuño - Agosto

  • Entrega recompensas: Agosto - Setembro

Afeminadas non é só un fashion film, é unha declaración de intencións. Unha oportunidade para explorar a beleza da diversidade e abrazar a nosa feminidade. Un berro de liberdade e creatividade que necesita ser escoitado.

Se buscas unha historia que rompa moldes e unha estética que che deixe sen alento, únete a nós nesta celebración da feminidade disidente e axúdanos a levar Afeminadas á realidade!

Fotografía de Anxo Diéguez
Fotografía de Anxo Diéguez

Podes seguirnos en Instagram para estar atenta aos cotilleos de Afeminadas: @afeminadas.ffilm

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • SoWhat

    SoWhat

    about 1 year

    wapas todas

  • pedddrin

    pedddrin

    about 1 year

    💋💋💋💋

#03 / ACTUALIZACIÓN AFEMINADAS

Escribímosvos de novo, logo de varios meses, para actualizarvos acerca do estado de "Afeminadas".

Atopámonos nestes momentos na parte final da posprodución da fashion film, quedando só por finalizar os últimos detalles da BSO e da colorización.

Gustaríanos disculparnos con todas vós pola tardanza e falta de comunicacións acerca das recompensas. Tardamos moito máis do esperado nesta fase final, xa que tivemos que ir adaptándonos á dispoñibilidade do resto do equipo, e o traballo tívose que levar a cabo moi gradualmente.

Estamos a valorar a opción de facer a entrega do resto das recompensas antes de que rematemos a montaxe final de "Afeminadas", para que poidades ir tendo algo, e por si se puidese retrasar novamente a posprodución.

Con respecto a isto último, estamos abertas a feedback. Gustaríanos saber o que preferides e tomar unha decisión tendo en conta a vosa opinión ao respecto. Esperaremos as vosas respostas durante toda a semana que vén, e posteriormente tomaremos

read more

#02 / 🎀**QUERIDAS ALIADAS**🎀

Comunicámonos con todas vós para informarvos de que nos vemos na necesidade de ter que ampliar o prazo das entregas das recompensas do crowdfunding con respecto ao inicialmente estimado (finais de agosto - comezos de setembro).

Moitas grazas. Manterémosvos informadas! 

💋

read more

#01 / MOITAS GRAZAS A TODAS POR FACER POSIBLE “AFEMINADAS”!!

Estamos moi orgullosas de ter levado o proxecto ata aquí grazas a todas as vosas axudas. Sodes unhas aliadas de primeira! 🎀👏🏼

Agora mesmo atopámonos en plena fase de posprodución… e desexando poder compartir o resultado con vós o antes posible 👀

Esta semana porémonos en contacto con cada unha para poder coñecer algunhas das vosas preferencias en canto ás recompensas que vos ofrecemos segundo a aportación realizada.

Unha vez máis, MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración, confianza e aposta por “Afeminadas”! 💋💗

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy