❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Nó-las dúas

"Nó-las dúas" é unha correspondencia fílmica entre dúas amigas, composta por dez cartas e dividida en cinco capítulos.

No-las duas

A project of

Category

Created in

Santiago de Compostela
0
seconds
16
Pledges
275€
From 270€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Nó-las dúas: O proxecto

Nó-las dúas é unha correspondencia fílmica a través da cal dúas amigas conversan sobre o paso do tempo, a beleza e a memoria. Unha curtametraxe sobre as vivencias de dúas universitarias en Santiago de Compostela, que pretende destacar os parques e zonas verdes da cidade coa súa imaxe visual.

Sobre as recompensas

Dada a importancia da escritura e a fotografía no noso proxecto, preparamos para vós as seguintes recompensas:

Unha carta de agradecemento e invitación a estrea da curtametraxe que terá lugar na primeira semana de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Uns adhesivos co logo de Nó-las dúas para que poñas na túa libreta, no portátil...

Unhas postais e uns marcapáxinas deseñados a partir de fotografías feitas por nós mesmas.

E tamén poderás recibir o póster oficial do proxecto deseñado por nós!

Se queres participar neste proxecto só tes que darlle ao botón de aportar da dereita e seleccionar o pack que máis che guste.

Unha vez te rexistres a través da túa conta de Google ou Facebook, Verkami solicitará os teus datos bancarios e de contacto.

Non te preocupes, porque Verkami non realizará ningún tipo de cargo na túa tarxeta ata que a campaña finalice.

Animámoste a que aportes e apoies o noso proxecto!

Quen somos

Somos Iria e Candela, dúas estudantes de Comunicación Audiovisual apaixoadas polo mundo do cinema. Traballamos xuntas en varias rodaxes, como na da curtametraxe A despedida para o Fas Muvis do OUFF.

Ademais, temos experiencia traballando na televisión e en produtoras de cine de Galicia.

Nó-las dúas é o noso Traballo de Fin de Grao e por iso precisamos da túa axuda para facelo realidade!

A que destinaremos as vosas achegas

Unha parte do presuposto estará destinado á adquisición do material necesario para levar a cabo a exposición de fotografía sostible.

Tamén empregaremos o diñeiro para asumir os gastos de soportes de almacenamento de arquivos para a posprodución e a promoción e difusión da obra en diferentes cirucuitos culturais, como por exemplo festivais.

Calendario previsto

A posprodución e desenvolvemento da exposición de foto terá lugar durante os meses de maio e xuño.

Prepararemos as vosas recompensas e as recibiredes no mes de XULLO!

+ Info

Podedes seguirnos no noso Instagram @no.las.duas e no noso perfil de TikTok no.las.duas para coñecer máis o proxecto e as súas novidades!

Ademais, podedes aproveitar e comentarnos calquera dúbida que vos xurda respecto ao Verkami!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • María Rego

    María Rego

    about 1 year

    está quedando chulisimo chicas <3

  • mayte gandara

    mayte gandara

    about 1 year

    Mucha suerte con vuestro proyecto!!

Go back to all the updates

#01 / EVENTO NÓ-LAS DÚAS

Ola!

Estamos moi felices de contarvos que o evento de Nó-las dúas foi todo un éxito, e iso en parte débese as vosas aportacións.

Asistiron sobre 35 persoas, as cales puideron disfrutar da proxección da peza e a exposición de fotografía.

Agora, esperamos que a curta circule por varios festivais e conseguir novos espazos para que o evento se volva celebrar.

Grazas!

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#02 / DIFUSIÓN DE NÓ-LAS DÚAS

Ola!

Esperamos que estedes desfrutando do verán. Moitos e moitas de vós xa tedes as vosas recompensas, e a outros pronto vos chegarán!

Nó-las dúas xa está inscrita a un par de festivais de Galicia, esperemos que pronto poidamos traer boas novas!

read more

#01 / EVENTO NÓ-LAS DÚAS

Ola!

Estamos moi felices de contarvos que o evento de Nó-las dúas foi todo un éxito, e iso en parte débese as vosas aportacións.

Asistiron sobre 35 persoas, as cales puideron disfrutar da proxección da peza e a exposición de fotografía.

Agora, esperamos que a curta circule por varios festivais e conseguir novos espazos para que o evento se volva celebrar.

Grazas!

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy