PROPÓSITO
Este proxecto trata de salientar o traballo das mulleres galegas no ámbito artìstico. Para iso, realizaranse concertos nos que se interpretarán cancións para piano e voz.
Realizamos cancións únicas sobre poemas de mulleres galegas, con música composta especialmente para destacar as emocións de cada poema.
PREPARACIÓN
Poemas
Seleccionamos poemas de mulleres galegas, como Xela Arias, Rosalía de Castro, Olga Novo ou Yolanda Castaño.
Música orixinal
“Serlavela”, artista con orixes galegos, creou unha música única para dar voz a cada poema. Transformando o texto do poema en canción, cun acompañamento de piano que fai posible a expresión daquelas emocións ás que non chegan as palabras. Deste xeito, cada poema convértese nunha experiencia diferente.
Interpretación musical
Elena Zapata (piano) e Aymara (soprano) interpretarán as cancións creadas, ademáis de explicar brevemente o contexto de cada escritora.
Obtén recompensas exclusivas
Cada persoa que apoie o proxecto, recibirá distintas recompensas:
Acceso en exclusiva ao vídeo das cancións con subtítulos, para ler o texto dos poemas ao escoitar a música. Obtendo o vídeo antes do concerto, poderás disfrutar máis da experiencia en directo.
Entradas para os concertos, en formato íntimo, nos que escoitarás as cancións en directo, e aprenderás máis sobre a vida das mulleres que escribiron os poemas.
Bolsas de tela pintadas a man cun fragmento dun dos poemas escollidos, e un deseño orixinal.
Quén somos
Musicalízate, a entidade que organiza este proxecto, é unha Asociación Cultural que busca achegar a música a persoas de distintos contextos, a través de concertos, obradoiros ou clases de música.
Elena Zapata, socia fundadora de Musicalízate, é a creadora deste proxecto. O seu obxectivo é dar a coñecer a riqueza da cultura galega creada por mulleres.
Tamén é a creadora da música para os poemas, baixo o seu nome artístico, "Serlavela".
A interpretación musical das cancións será realizada pola cantante Aymara, acompañada ao piano por Elena.
O recaudado con este proxecto destinarase á realización do mesmo, incluindo materiais para a publicidade e as recompensas, realización e edición de vídeo, ensaios e concertos. Ademáis contribuirás a que Musicalízate poida seguir a realizar proxectos similares no ámbito musical.
Calendario previsto
Ó acceso aos vídeos das canciones estará dispoñible a partires do 15 de maio de 2024.
A entrega das bolsas pintadas a man, se realizará nos conciertos.
As datas para os conciertos son:
IES ORTEGA Y GASSET DE MADRID: 14 de xuño de 2024, 19h.
CENTRO GALLEGO DE MADRID: 22 de setembro de 2024, a las 12h.
CASA DE CULTURA DE SEIXO (PONTEVEDRA): Agosto 2024 (data por confirmar).
CASA DE GALICIA EN MADRID: data por confirmar.
+ info
Podes seguirnos nas redes sociais:
SERLAVELA (composicións musicais)
Canal de Youtube Serlavela
Instagram Serlavela
MUSICALÍZATE (entidade organizadora do proxecto)
Instagram Musicalízate
Facebook Musicalízate
2 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
MUSICALÍZATE
Author
Moitas grazas! Seguimos ata o final insistindo
luscofuscogz
Ola! Gustoume moito participar neste voso proxecto porque poucas veces hai iniciativas así de musicar poemas de escritor@s galeg@s. Anímovos a non perder a ilusión e, aínda que falten nove días para concluír o proxecto, precisades difundilo nas redes, mandar mensaxes de teléfono, no colexio/instituto,... Ánimo!!!