❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Mulleres, música e poesía galega

Conciertos únicos sobre poemas de mulleres galegas con música composta especialmente para resaltar as emocións de cada poema.

MUSICALÍZATE

A project of

Category

Created in

0
seconds
5
Pledges
285€
From 1.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

PROPÓSITO

Este proxecto trata de salientar o traballo das mulleres galegas no ámbito artìstico. Para iso, realizaranse concertos nos que se interpretarán cancións para piano e voz.

A sensibilidade artística da cultura galega
A sensibilidade artística da cultura galega

Realizamos cancións únicas sobre poemas de mulleres galegas, con música composta especialmente para destacar as emocións de cada poema.

PREPARACIÓN

Poemas

Seleccionamos poemas de mulleres galegas, como Xela Arias, Rosalía de Castro, Olga Novo ou Yolanda Castaño.

Música orixinal

“Serlavela”, artista con orixes galegos, creou unha música única para dar voz a cada poema. Transformando o texto do poema en canción, cun acompañamento de piano que fai posible a expresión daquelas emocións ás que non chegan as palabras. Deste xeito, cada poema convértese nunha experiencia diferente.

Transformando o poema en canción
Transformando o poema en canción

Interpretación musical

Elena Zapata (piano) e Aymara (soprano) interpretarán as cancións creadas, ademáis de explicar brevemente o contexto de cada escritora.

Interpretación das cancións
Interpretación das cancións

Obtén recompensas exclusivas

Cada persoa que apoie o proxecto, recibirá distintas recompensas:

  • Acceso en exclusiva ao vídeo das cancións con subtítulos, para ler o texto dos poemas ao escoitar a música. Obtendo o vídeo antes do concerto, poderás disfrutar máis da experiencia en directo.

  • Entradas para os concertos, en formato íntimo, nos que escoitarás as cancións en directo, e aprenderás máis sobre a vida das mulleres que escribiron os poemas.

  • Bolsas de tela pintadas a man cun fragmento dun dos poemas escollidos, e un deseño orixinal.

Quén somos

Musicalízate, a entidade que organiza este proxecto, é unha Asociación Cultural que busca achegar a música a persoas de distintos contextos, a través de concertos, obradoiros ou clases de música.

Concerto organizado por Musicalízate
Concerto organizado por Musicalízate

Elena Zapata, socia fundadora de Musicalízate, é a creadora deste proxecto. O seu obxectivo é dar a coñecer a riqueza da cultura galega creada por mulleres.

Tamén é a creadora da música para os poemas, baixo o seu nome artístico, "Serlavela".

A interpretación musical das cancións será realizada pola cantante Aymara, acompañada ao piano por Elena.

Socia fundadora de Musicalízate
Socia fundadora de Musicalízate

O recaudado con este proxecto destinarase á realización do mesmo, incluindo materiais para a publicidade e as recompensas, realización e edición de vídeo, ensaios e concertos. Ademáis contribuirás a que Musicalízate poida seguir a realizar proxectos similares no ámbito musical.

Calendario previsto

Ó acceso aos vídeos das canciones estará dispoñible a partires do 15 de maio de 2024.

A entrega das bolsas pintadas a man, se realizará nos conciertos.

As datas para os conciertos son:

  • IES ORTEGA Y GASSET DE MADRID: 14 de xuño de 2024, 19h.

  • CENTRO GALLEGO DE MADRID: 22 de setembro de 2024, a las 12h.

  • CASA DE CULTURA DE SEIXO (PONTEVEDRA): Agosto 2024 (data por confirmar).

  • CASA DE GALICIA EN MADRID: data por confirmar.

+ info

Podes seguirnos nas redes sociais:

SERLAVELA (composicións musicais)
Canal de Youtube Serlavela
Instagram Serlavela

MUSICALÍZATE (entidade organizadora do proxecto)
Instagram Musicalízate
Facebook Musicalízate

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • MUSICALÍZATE

    MUSICALÍZATE
    Author

    23 days

    Moitas grazas! Seguimos ata o final insistindo

  • luscofuscogz

    luscofuscogz

    26 days

    Ola! Gustoume moito participar neste voso proxecto porque poucas veces hai iniciativas así de musicar poemas de escritor@s galeg@s. Anímovos a non perder a ilusión e, aínda que falten nove días para concluír o proxecto, precisades difundilo nas redes, mandar mensaxes de teléfono, no colexio/instituto,... Ánimo!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy