¿QUE É?
Única Función consiste na realización dun concerto benéfico no que participan músicos de diferentes niveis que se xuntan e preparan os temas do concerto. A nosa principal caracterísitca é a ausencia de grupos musicais xa formados, para crear novos vínculos entre os participantes.
O proxecto conta, ademais, con outros participantes: equipo técnico, gravación e post-producción, ambientación e organización.
O 16 de Febreiro de 2013 celebraremos a sexta edición do Concerto Benéfico Única Función. Durante as seis pasadas convocatorias enchemos a Sala de Concertos (aforo de 572 persoas).
OBXECTIVOS
Ofrecemos unha experiencia de colaboración entre mozos nun proxecto de carácter solidario, fomentando a implicación, a colaboración, o traballo en equipo e a música como alternativa saudable de lecer.
Apoiamos un proxecto solidario de cara á mocidade.
Facemos posible que mozos e mozas afeccionados á música participen no seu primeiro concerto diante dun público amplo e entren en contacto con outros músicos/as de maior experiencia.
FINANCIACIÓN
As aportacións dos mecenas irán dirixidas a sufragar o coste de levar a cabo o proxecto:
Aluguer de Equipo de Son (Microfonía e Amplificadores)
Aluguer de Equipo de Gravación
Publicidade e Marketing
Edición CD/DVD
A Entidade Xuvenil Abertal soporta os gastos de xestión (teléfono, fotocopias), así como o aluguer de locais de ensaio e o aluguer da Sala-Teatro para o Concerto.
AS RECOMPENSAS
Chapas Conmemorativas
Carteis do Concerto
Invitacións para o Concerto
Mencións de agradecemento e aparición nos créditos do DVD
DVDs "Única Función 2013"
Camisetas "Única Función"
Aparición como Colaborador/Patrocinador nos medios e nos comunicados do proxecto
LIGAZÓNS
Para más información sobre Única Función:
A web de Única Función
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.