❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

GUIA DEFINITIVA DOS MAMÍFEROS DA GALIZA

30 especies de mamíferos, descritas, ilustradas e comentadas como nunca antes foran descritas, ilustradas ou comentadas.

SORIANOURENSANA DE LIBROS

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
256
Aportaciones
7.869€
De 6.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Ola de novo!!

Somos Pancho Lapeña e Nacho Munilla e aqui estamos encantados de atoparvos en Verkami coa cuarta das nosas Guías Definitivas. Desta volta adicada aos animais cubertos de pelo, os mamíferos.

Unha guía ideal tanto para aquelas persoas que non coñecen mamífero ningún (se é que isto fose posible) como para aquelas que os coñecen todos (se é que isto fose realmente posible).

A Guía definitiva dos mamíferos da Galiza é unha obra de divulgación total, da que poden gozar tanto as crianzas coma os adultos, tanto os espíritos románticos como os sistemáticos.

O obxectivo desta Guía

Queremos que as nosas lectoras e lectores se fagan unha idea (boa) de como é a fauna de mamíferos da Galiza. Isto supón dar a coñecer aos mamíferos ignorados, aqueles nos que ninguén repara. E porque gostamos dos desafíos, das causas perdidas e de levar a contraria, a Guía reivindica aos animais perseguidos e deostados: aos roedores, aos morcegos, ao xabarín, ao lobo...

Por que esta Guía?

Esta guía quere ser unha homenaxe ás persoas que estudan os animais de portas para fóra. No campo, no monte, na selva, no mar. Unha homenaxe a unha caste, unha liñaxe que disque está a desaparecer por causa dos avances tecnolóxicos destes últimos tempos. Unha homenaxe logo aos últimos moicanes da zooloxía de campo e moi especialmente ao noso amigo Rafael Romero "Chiño".

Dille unha lontra a outra lontra: Disque a tecnoloxía está a acabar coa zooloxía de campo de toda a vida!
Dille unha lontra a outra lontra: Disque a tecnoloxía está a acabar coa zooloxía de campo de toda a vida!

Os contidos

Esta guía describe 30 animais mamíferos dos campos e montes da Galiza e recolle algúns dos poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. Cada mamífero leva:

  • a descrición da súa feitura e da súa ecoloxía

  • un feixe de símbolos

  • unha ilustración marabillosa a páxina completa

  • un poema ou canción linda

  • un conto metade real metade fantástico

Aqui un poema dos que veñen na Guía. Se adiviñas o animal tes dereito a participar no sorteo de 3 lotes de Guías Definitivas (Aves + Peixes + Anfibios & Réptiles + Mamíferos).
Aqui un poema dos que veñen na Guía. Se adiviñas o animal tes dereito a participar no sorteo de 3 lotes de Guías Definitivas (Aves + Peixes + Anfibios & Réptiles + Mamíferos).

Quen somos

Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros.

Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación das paisaxes nas que os mamíferos viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a docencia da filosofía. Pancho é un agudísimo observador da natureza, Nacho deféndese mellor na elaboración teórica.

Do destino das vosas achegas

Concretamente, o proxecto consiste na edición de 1000 exemplares dun fermoso libro ilustrado de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) impreso en papel offset reciclado e con cubertas duras de 17 x 24 cm.

As vosas achegas vanse invertir logo en tres partidas.
- Partida grande: Imprenta = 5500 euros;
- Partida mediana: Maquetación = 750 euros;
- Partida pequena: Outros menesteres = 250 euros;

A suma das anteriores partidas debería dar os 6500 euros que marcan o noso obxectivo.

Calendario previsto

Nestes momentos a edición está practicamente rematada coas labores de maquetación a cargo de Masako Hattori. Contamos logo con mandar o libro ao prelo a finais de novembro. Despois haberá que contar con 2-3 semanas de imprenta. Se todo vai ben a xente recibirá o seu libro persoal, único e intransferible xusto ao pechar a campaña.

Reparto das recompensas

Enviaremos as recompensas por correo en sobres con camisa de burgullas. Chegaravos unha notificación a casa para que pasedes a recoller a vosa recompensa pola Oficina de Correos.

+ Info

Dado que non formamos parte de rede social dixital ningunha non temos perfil que vos amosar. Nalgún momento pensamos en abrir un perfil en Facebook mais polo que temos escoitado agora mola máis unha que lle din Instagrammar.

Se vos presta facervos unha idea boa das nosas habilidades editoriais por favor visitade as páxinas dos nosos anteriores proxectos verkamitas: a Guia definitiva das aves da Galiza; a de Peixes e máis a de Anfibios e Réptiles.

as nosas outras guias
as nosas outras guias

podes conseguilas aquí

Varios dos deseños de Pancho pódense contemplar aquí. Nacho desenvolve a súa actividade profesional baixo o paraugas de Munilla Biodiversidade

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

14 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Yolanda

    Yolanda

    4 meses

    Enhorabuena por este maravilloso libro.

  • nufero

    nufero

    5 meses

    :-)

  • Fátima

    Fátima

    5 meses

    plim plim plim salta l´esqu....

  • Juan Antonio Martín

    Juan Antonio Martín

    5 meses

    Ánimo 👏👏👏

  • Fani & Fuco

    Fani & Fuco

    5 meses

    Grazas por seguir con outro proxecto ilusionante

  • GabiDraculina

    GabiDraculina

    5 meses

    Que ganiñas! Grazas polo verkami!

  • GabiDraculina

    GabiDraculina

    5 meses

    Que ganiñas! Grazas polo verkami!

  • GabiDraculina

    GabiDraculina

    5 meses

    Que ganiñas! Grazas polo verkami!

  • Thais Núñez

    Thais Núñez

    5 meses

    Xenialidades! Grazas! 💚

  • Daniel Regueiro

    Daniel Regueiro

    5 meses

    Obrigado. As tres primeiras son fermosísimas.

#09 / RESULTADOS DO SORTEO DUN LOTE DE GUÍAS DEFINITIVAS

Despois dun sorteo feito cun xenerador de números aleatorios entre as 53 mecenas que deron coa resposta correcta á adiviña (esquío) prácenos informar que resultaron agrazadas cun lote de guías as seguintes persoas:

Ana Porto

Rita Pesqueira

Silvia Pinha

Para todas elas os nosos parabéns e unha prímula

#08 / AS LAMINAS VAN DE CAMIÑO

As láminas saíron hoxe da Oficina de Correos de Compostela. Xa veredes que ben quedaron.

Nós marchamos de Entroido á montaña ourensá, á volta faremos o sorteo do lote de Guías entre as 54 persoas que deron coa solución á adiviña.

#07 / AGORA SI QUE SI

Prácenos infinito anunciarvos que os libros xa están nas mans de Correos!!

Estade atentas que han chegar os avisos axiña.

aqui os libros empaquetados e clasificados
aqui os libros empaquetados e clasificados

e aqui entrando na furgoneta
e aqui entrando na furgoneta

Esta finde intentaremos empaquetar as láminas para que poidan saír a semana que ven.

E despois o sorteo!!

Moitas grazas pola vosa paciencia.

#06 / ATRANCOS NOS ENVÍOS

Temos que pedirvos desculpas porque estamos a atopar dificultades para xuntar tempo e facer os envíos (asinar e numerar as guías, meter nos sobres, poñer os enderezos...).

Sentímolo moito. Prometemos apurar máis

aqui unha carriza a agardar pola súa guía
aqui unha carriza a agardar pola súa guía

#04 / COMEZA A DISTRIBUCIÓN DE LIBROS E LÁMINAS

Benquerida banda de mecenas!

Chegou o momento do reparto. Xa que logo, recibiredes axiña un formulario remitido por Verkami no que subir os vosos datos de envío e facturación. Indicade por favor se precisades ou non factura.

Facemos os envíos por Correos. Normalmente chega un aviso para que vos pasedes pola Oficina de Correos a recoller o envío. Tede en conta que libros e láminas van por separado.

Ficamos obrigadísimos polo voso apoio nesta aventura nosa de ilustrar e describir a biodiversidade da Galiza.

moitas grazas mecenas!!
moitas grazas mecenas!!

#03 / COMO PARTICIPAR NO SORTEO

Na páxina de presentación da campaña atoparedes unha adiviña manuscrita. Entre aquelas persoas que dean coa solución da adiviña (e nolo fagan saber) sortearemos 3 lotes de Guías Definitivas (Aves + Peixes + Anfibios & Réptiles + Mamíferos).

Quen queira participar so ten que mandar un e-mail a [email protected]

Por favor utilizade o mesmo e-mail co que fixestes a vosa aportación á campaña.

Apertas agarimosas!

#02 / LIBROS CHEGADOS E OBXECTIVO CONSEGUIDO

Estamos felices:

Os libros son chegados e o obxectivo conseguido.

Obrigadísimos pola vosa axuda.

Non sei que faríamos sen vos.

En canto remate a campaña comezaremos a distribuír os libros.

Moi feliz 2024 e mamíferos para tod@s!!

Aquí unha guía recén saída do forno
Aquí unha guía recén saída do forno

#01 / A PIQUES, A PIQUES

Estamos a piques a piques. A piques de chegares ao noso obxectivo e a piques de entrar en imprenta. E todo grazas a vos. Sodes unha marabillosa banda de mecenas!!

últimas probas antes de entrar no prelo
últimas probas antes de entrar no prelo

Aínda tedes tempo de pensar a solución da adiviña para entrar no sorteo de dous lotes de guías definitivas.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies