❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Incerteza

Cando comeza o ciclo de lavado de prendas sintéticas, a porta queda bloqueada e a solución e resultado pode ser o esperado ou non.

elerre

A project of

Category

Created in

Lugo
0
seconds
77
Pledges
1.964€
From 1.800€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Fai posible a edición e publicación en galego da banda deseñada Incerteza, ideada e debuxada polo elerre.

Graciñas polo apoio!

Incerteza
Incerteza

O que ía ser unha historia curta para 16 páxinas, foise alongando ata chegar a este punto. Esquecín poñer o programa de lavado rápido.

Historia.

Incerteza é a historia dun operario de fábrica e unha prostituta, que descoñecendo o resultado dos seus actos para escapar dos seus infernos, converten o cuarto do bordel nunha caixa de Schrödinger da que poden saír vivos ou non.

Os diferentes escenarios abrirán distintos camiños...

Sofía e Amaro
Sofía e Amaro

O libro.

Incerteza será un libro dunhas 150 páxinas, a cor, con tapa rústica e cunhas dimensións de 19 x 24 cm. Aínda que non teño certeza de todo isto, a evolución do proxecto pode mudar para mellorar estas cousas.

A túa compra anticipada a través desta páxina fará posible sacar a diante unha banda deseñada en galego.

Simplemente correndo a voz deste Verkami (https://vkm.is/incerteza) entre coñecidos e amigos, compartindo nas túas redes sociais, xa estarás colaborando moito. Pero se queres contribuír algo máis, poderás adquirir interesantes paquetes: Camisetas, láminas, ilustracións ou un lote de Incertezas!

Paquetes opcionais.

Para acompañar ao libro editado poderás seleccionar distintos paquetes con elementos relacionados coa banda deseñada Incerteza.

4 Láminas de viñetas contidas na propia banda deseñada, cun tamaño A4 en papel estucado de 280 gr.

Láminas viñetas A4
Láminas viñetas A4

Ilustración orixinal dunha lavadora do inferno, en tamaño A4 e papel de acuarela de 180 gr. Técnica mixta.

Ilustración orixinal lavadora do inferno.
Ilustración orixinal lavadora do inferno.

Camiseta branca con ilustración do inferno D2, viñeta contida na banda deseñada.

Camiseta branca Inferno D2
Camiseta branca Inferno D2

Camiseta negra coa portada de incerteza.

Camiseta negra Portada
Camiseta negra Portada

Quen son.

Pois un tipo que debuxa lavadoras. Que vos vou a explicar.

A onde iran os cartos.

O presuposto desta campaña é o mínimo para sufragar os gastos de impresión, edición, maquetaxe e envíos, todo cos seus correspondentes impostos. Non hai beneficio para o autor só acadando o 100%. Así que, anímovos a que empurredes e non sexa en balde o traballo.

Calendario previsto.

A fume de carozo e sen mirar datas axeitadas. Se a campaña vai ben pois dou orde de atacar aos que teñen as armas de impresión masiva. É dicir, se non hai atrancos pois conto ter todo para metade de decembro.

Moitas grazas polo voso apoio!

Instagram
Facebook

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Lorena Sinmuros

    Lorena Sinmuros

    over 1 year

    Colabora

#02 / En camiño

Feliz ano a todas e todos!!

Despois de todos os atrancos correspondentes as datas do nadal. Agora si, está todo en camiño nas mans dos de correos.

Unha aperta e moitas grazas.

read more

#01 / Incerteza é realidade.

Graciñas por empurrar!

Moitas grazas a todas por apoiar a realización desta iniciativa de banda deseñada en galego.

Xa está arrancada a produción física de todas as recompensas. Estoulle a meter presión á caldeira para que vaia todo a fume de carozo e poidades gozar pronto do voso lote.

En breve enviarei un formulario no que teredes que cubrir os datos que preciso para facervos chegar o voso paquete.

Unha aperta e deica...

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy