SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada. Interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo. Dirixido por Rocío Romero e con Álex Sobrino no espazo escénico (iluminación, audiovisuais e son), sendo a escenografía e o vestiario ideados pola propia compañía.
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Convértete en mecenas: forma parte da familia deste espectáculo, unha aposta atrevida pero necesaria, porque todas as sexualidades teñen cabida en tódolos espazos, tamén no rural.
CALENDARIO PREVISTO E DESTINO DAS APORTACIÓNS:
A preestrea terá lugar o sábado 22 de abril en Santiago de Compostela, así que temos que cabalgar con premura para alcanzar o obxectivo. O recaudado destinarase á dirección, deseño de luz e son, escenografía e mellora das condicións para os traballos de vestiario e atrezo, o aluguer dos espazos de ensaio e para a adquisición das recompensas.
Para a estrea aínda están por determinar a data e o lugar, pero será no mes de maio.
Ti, coa túa aportación, estás contribuíndo a evitar a precariedade e a producir arte. Se non te chegara con estes argumentos botalle un ollo ás recompensas! Cada unha delas leva un nome relacionado co mundo da Rapa da Bestas.
EQUIPO DE BROKEBACK SABUCEDO:
INTÉRPRETES:
SANTIAGO TELMO (Sanxenxo, 1977)
Actor, animador, transformista e traballador social. Diplomado en Traballo Social na USC. Formouse no teatro universitario en grupos como "EIS" e "Ápeiron". No teatro profesional traballou en compañías como Cachuzo Teatro ou Femme Fatale. Participou en proxectos audiovisuais como "Las altas presiones" de Ángel Santos e "13 Badaladas" de Xavier Villaverde. Participou en programas da TVG como "Gran Hotel","Pratos combinados","Rías Baixas","O Gran Camiño","Máxima audiencia". . . Actualmente forma parte da compañía Sal do Teatro e exerce como Traballador Social no Concello de Ribadumia (Pontevedra).
BORJA SALGADO (Santiago de Compostela, 1987)
Fundador de Sal do Teatro. Actor, animador, monitor, produtor e pedagogo teatral. Licenciado en Interpretación Textual na ESAD de Galicia. Organizador da Mostra de Teatro Breve, ESCENOIA. Participou en diversos proxectos audiovisuais como: "Jacinto" de Javi Camino, a campaña publicitaria de Seguros ABANCA 2022/23, "Un asunto privado" para Amazon e programas da TVG: "A lei de Santos","Air Galicia", "Arre Demo". . .Dende o 2015 exerce como pedagogo teatral en diversos centros e institucións. Actualmente forma parte do espectáculo "A danza dos paxaros" de Cancunquinqué/Urdime así como de diversos espectáculos teatrais infantís e noutras produccións de Sal do Teatro.
DIRECCIÓN:
ROCÍO ROMERO (Pontevedra, 1982)
Formase en distintas escolas de teatro, a Artística de Vigo, Santart (Compostela) e na ESAD de Galicia en Interpretación Textual. Formase tamén en disciplinas como clown, commedia dell arte, interpretación para a cámara, cabaré e biomecánica entre outras disciplinas. Na actualidade cofunde e coproduce a Cía. Juanito & Filomena. A súa vocación de actriz compaxínaa coa docencia teatral. É profesora e teatro e cofundadora de Estudo Bonobo (Pontevedra), unha escola de artes con aspiracións revolucionarias, onde tamén é directora da Cía. Bonobo Teatro.
ESPAZO ESCÉNICO:
ÁLEX SOBRINO (Ourense, 1980)
Creador multidisciplinar especializado no eido teatral e os seus derivados, licenciado pola ESAD de Galicia e formado en iluminación e captación de imaxe. Fotógrafo gañador de premios como “Agua de Mondariz por el mundo” ou o “Premio EAV” co gallo do día da Muller Traballadora. Técnico da Sala Ingrávida e da cía Xerpo e actor nos tempos libres.
DRAMATURXIA (XUNTO CON SANTIAGO TELMO):
CARLOS LOSADA (Cambados, 1966)
Director e dramaturgo, axudante de dirección con Roberto Vidal Bolaño para o CDG. Cofundador da Compañía Cachuzo. Gañador e finalista de varios concursos literarios entre eles o Premio Barriga Verde, Premio Abrente de textos teatrais, Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (finalista) e Premio Manuel María de literatura dramática infantil.
TEMA DO VÍDEO: "O TREN" MOUCHO
Para interaccionar coa equipa, obter máis información sobre o proxecto e coñecer os avances e novidades... síguenos, como os/as aloitadores/as seguen ás bestas. . .
30 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
saldoteatro
Author
Grazas Sandra!
Alexandra
Deseando ver esta propuesta tan interesante 😊
Alexandra
Deseando ver esta propuesta tan interesante 😊
saldoteatro
Author
Grazas Diana! ♥️
Diana Mendoza Cruz
Rómpete una pierna!! ;p
saldoteatro
Author
Grazas Raquel!
Raquel
Moita sorte!!! :)
saldoteatro
Author
Moitas grazas Mónica!
ALBA TROITEIRO
Grazas Mónica!
Mónica Chacón
Aportación Lucas