❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Cordadas: trasnadas, treboadas e homes mortos camiño do cumio!

Queres convertirte nunha intrépida alpinista ou escalador? Axúdame a lanzar Cordadas, un xogo de cartas de escalada e alpinismo!

Muki

A project of

Category

Created in

0
seconds
249
Pledges
6.534€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Axúdame a lanzar a primeira edición do xogo de cartas CORDADAS!

Imaxina que es unha intrépida alpinista ou escalador que forma parte dunha famosa cordada, tes un contrato cun importante patrocinador que só poderás cobrar se cumpres un obxectivo: chegar ao cumio levando todo o material que precises para completar a túa vía, pero... coidado! O resto das xogadoras tamén queren acadar fama mundial e chegar os primeiros, polo que atoparás múltiples obstáculos no teu camiño.

Cordadas é un xogo de cartas de 2 a 6 xogadores en edición bilingüe, galego e castelán, cheo de trasnadas, homes mortos e fenómenos meteorolóxicos adversos que se interporán entre ti e o cumio.

O xogo consta de 79 cartas divididas en diferentes tipos: cartas de materiais, trasnadas, cartas de axuda, cartas home morto e cartas de meteoroloxía adversa. Ademais de 6 cartas de vía que se reparten ao principio da partida e decidirán o tipo de material que cada xogadora deberá reunir.

Que vía terás que subir?
Que vía terás que subir?

O obxectivo do xogo é conseguir poñer sobre a mesa 6 cartas de materiais relacionadas coa vía que che tocou así, hai cartas de materiais vermellas que se corresponden a Escalada Clásica, cartas de cor azul que se corresponden a Alpinismo, cartas de cor amarela que se corresponden a Escalada Deportiva e cartas de materiais comúns que valen para os tres tipos de vías:

Cartas de materiais
Cartas de materiais

O resto dos xogadores intentarán evitar que as súas contrincantes gañen o xogo por medio de cartas de trasnadas e cartas de meteoroloxía adversa:

Cartas de trasnadas
Cartas de trasnadas

Cartas de meteoroloxía adversa
Cartas de meteoroloxía adversa

Pero no medio do teu camiño cara o cumio atopas o cadáver doutra montañeira, carta home morto, que saqueas para aproveitar o material útil e así arranxar material danado ou protexerte dunha trasnada:

Cartas Home Morto
Cartas Home Morto

Ademais, poderás usar diferentes cartas de axuda que dan vantaxes ás xogadoras que as saquen á mesa:

Cartas de axuda
Cartas de axuda

Unha vez que unha das xogadoras consegue 6 materiais útiles para a súa vía, o xogo detense e comeza o reconto final. O xogador que sume máis puntos será o gañador!

Aínda que a temática do xogo é a escalada e o alpinismo, non é necesario coñecer os materiais dos diferentes tipos de vía para poder xogar xa que as cartas se basean nun código de cores.

Aquí tes as instrucións completas por se tes curiosidade!

Chámome María aínda que todos me coñecen coma Muki, hai un tempo decidín unir dúas das miñas afeccións favoritas: a montaña e os xogos, e desenvolver un xogo relacionado coa escalada e o alpinismo. O resultado foi Cordadas! A idea orixinal, os debuxos e deseños son todos meus.

A idea xurdiu un día tomando un café cuns amigos antes de ir escalar en Baleira, en Lugo. Orixinalmente, o xogo ía ser un xogo de mesa con taboleiro, fichas, dados e cartas, que non descarto facer nun futuro. Pero facendo unha travesía por Picos dinme conta de que eu na mochila só metía unha baralla de cartas polo que decidín adaptar o xogo só a cartas.

Esta son eu...
Esta son eu...

Entre as recompensas do crowdfunding atoparedes, ademais do xogo, camisetas e adhesivos de vinilo exclusivas do lanzamento do xogo, así como descontos para tendas e opción km0 sen gastos de envío se vives na zona de Lugo cidade, A Pobra do Brollón ou Monforte.

As aportacións destinaranse principalmente a lanzar a primeira tirada de Cordadas, ao seu envío e promoción.

Unha vez que remate a campaña de crowdfunding, podedes contar con ter as recompensas nas vosas casas en 2 meses e medio, tempo que preciso para que saian os xogos da imprenta, xestionar o resto das recompensas e os envíos.

Pois, logo, segue a conta de @muki_xogos en Instagram ou bota unha ollada aos vídeos publicados na canle de Muki_Xogos de Youtube

FAQ

  • Como indico a talla da camiseta?

    Unha vez que remate o crowdfunding, enviarei un formulario aos mecenas no que pedirei a talla da camiseta, entre outra información que vou precisar para realizar o envío.

  • Como sabes a dirección do envío?

    Unha vez que finalice o crowdfunding, todos os mecenas recibirán un correo cun formulario onde solicitarei os datos que me farán falla para o envío.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

16 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Didac Pardell Sangrà

    Didac Pardell Sangrà

    over 1 year

    Cartes i escalada, yuju!!!

  • elba

    elba

    over 1 year

    A por todas!! Pedrinho e Elba

  • Nieves

    Nieves

    over 1 year

    Con ganas de jugar!!!

  • Goregoretty

    Goregoretty

    over 1 year

    Sorte Muki!!!

  • anana

    anana

    over 1 year

    Que chula la idea!

  • Que ganas tengo de jugar con ellas. Saludos y gracias

  • Mª del Mar Fernández

    Mª del Mar Fernández

    over 1 year

    Que vaia ben, Muki!! Xa me iredes contando!!

  • Miguel Ángel Grau

    Miguel Ángel Grau

    over 1 year

    Que buena pinta tien, no podía dejar pasar la oportunidá de conseguilo

  • Sandra Moreira

    Sandra Moreira

    over 1 year

    Que ben o vamos pasar xogando!!!!

  • Fernando Seco

    Fernando Seco

    over 1 year

    Ya estas cerca de la cumbre. Suerte

Go back to all the updates

#03 / Camisetas listas!!

Ola, queridas mecenas!

Un email rápido para vos contar que as camisetas de Home Morto xa están listas, que vos parecen?

Ademais xa queda menos para recibir o voso pack con Cordadas! Conto con poder facer os envíos a principios de Xuño.

Unha aperta,

Muki

--***--

¡Hola, queridas mecenas!

Un email rápido para contaros que las camisetas de Hombre Muerto ya están listas, ¿qué os parecen?

Además, ya queda menos para que recibáis vuestro pack con Cordadas! Cuento con poder hacer los envíos a principios de junio.

Un abrazo,

Muki

2 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

  • Francisco Piñeiro

    Francisco Piñeiro

    about 1 year

    Esperando con impaciencia

  • Marta

    Marta

    about 1 year

    MARAVILLA! Eu quero uma. Graciñas!

#05 / Nova web | Nova web

Bos días, Mecenas!

Unha vez rematada a campaña de crowdfunding, estreamos nova web de Muki Xogos onde podedes atopar información sobre o xogo e as tendas onde se pode mercar, tanto as tendas físicas como en liña!

www.mukixogos.com

Moitas grazas polo apoio, sen vós nada disto sería posible!

Unha aperta,

Muki

--**__

Buenos días, Mecenas!

Una vez terminada la campaña de crowdfunding estrenamos nueva web de Muki Xogos donde podéis encontrar información sobre el juego y las tiendas dónde se puede comprar, tanto las tiendas físicas como en línea!

www.mukixogos.com

Muchas gracias por el apoyo, sin vosotras nada de esto sería posible!

Unha aperta,

Muki

#04 / Xa están aquí! | ¡Ya están aquí!

Queridas mecenas!

Xa está aquí!! A primeira tirada de Cordadas!! Todos os que solicitáchedes o envío por correo, recibiredes o voso pack nuns días na direción que indicáchedes no formulario.

Se solicitaches un pack km0, recibirás un aviso en canto estén os xogos listos para recoller nos lugares indicados.

Moitas grazas a todos!!

Unha aperta,

Muki

--**--

¡Queridas mecenas!

¡¡Ya está aquí!! ¡¡La primera tirada de Cordadas!! Todos los que solicitasteis el envío por correo, recibiréis vuestro pack en unos días en la dirección que indicasteis en el formulario.

Los que solicitastéis packs km0, recibiréis un aviso en cuanto estén los juegos listos para recoger en los lugares indicados.

¡¡Muchas gracias a todos!!

Un abrazo,

Muki

#03 / Camisetas listas!!

Ola, queridas mecenas!

Un email rápido para vos contar que as camisetas de Home Morto xa están listas, que vos parecen?

Ademais xa queda menos para recibir o voso pack con Cordadas! Conto con poder facer os envíos a principios de Xuño.

Unha aperta,

Muki

--***--

¡Hola, queridas mecenas!

Un email rápido para contaros que las camisetas de Hombre Muerto ya están listas, ¿qué os parecen?

Además, ya queda menos para que recibáis vuestro pack con Cordadas! Cuento con poder hacer los envíos a principios de junio.

Un abrazo,

Muki

#02 / Pegatinas listas!

Bos días, queridas mecenas!

Aos poucos, xa comezan a estar listas as recompensas. Esta semana recollín as pegatinas de Cordadas. Espero que vos gusten!

Mantereivos informados das novidades!

Unha aperta,

Muki

--**--

¡Buenos días, queridas mecenas!

Poco a poco ya empiezan a estar listas las recomensas. Esta semana recogí las pegatinas de Cordadas. ¡Espero que os gusten!

¡Os mantendré informados de las novedades!

Un abrazo,

Muki

#01 / Moitísimas grazas!! | ¡¡Muchísimas gracias!!

Queridas mecenas!

Moitísimas grazas polo voso apoio, grazas á vosa axuda será posible sacar adiante o proxecto de Cordadas.

En breve recibiredes un formulario no que solicitarei a información que preciso para facer o envío das recompensas que recibiredes sobre o mes de Xuño.

Estade atentos aos vosos correos e ao Instagram @muki_xogos onde irei actualizando a información sobre o proxecto.

Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa confianza no proxecto!

Unha aperta,

Muki

--***--

¡Queridas mecenas!

Muchísimas gracias por vuestro apoyo, gracias a vuestra ayuda será posible sacar adelante el proyecto de Cordadas.

En breve recibiréis un formulario en el que os solicitaré la información que necesito para hacer el envío de las recompensas que recibiréis sobre el mes de junio.

Estad atentos a vuestros correos y al Instagram @muki_xogos donde iré actualizando la información sobre el proyecto.

Una vez más, ¡muchísimas gracias por vuestra confianza en el proyecto!

Un abrazo,

Muki

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy