Que pasaría se a persoa á que sempre admiraches se puxera en contacto contigo? Que farías para coñecela? Canto custa un litro de endorfinas?
3240 podería ser unha película de Wong Kar-Wai, a matrícula dun coche, o código ducha caixa de seguridade... Pero é o título dunha peza para xente que cre no amor e nas boas historias, para amantes do teatro, do rock'n'roll e... de Nick Cave.
Non vou desvelar todo aquí pero propóñoche un xogo de pistas... Convírtete en mecenas: sé como a familia Médici ou a Sforza, faille a competencia a Amancio Ortega e forma parte activa da familia de 3240. Deste xeito obterás información, recompensas exclusivas e pasarás un bo rato.
A estrea será o 10 de febreiro de 2023 ás 20h00 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo así que temos que nos mover axiña para alcanzar o obxectivo. O que se recaude irá para a mellora das condicións dos traballos de vestiario, animación, iluminación e atrezo, o aluguer de espazos de ensaio, aloxamento do equipo e a adquisición das recompensas.
Ti, coa túa aportación e/ou aportacións (que non poñemos límite ningún), estás contribuindo a evitar a precariedade e a producir arte. Seguro que estes argumentos xa che convenceron para colaborar pero máis motivos atoparás en canto lle botes una ollada ás recompensas; cada unha leva o título dunha canción de Cave e os Bad Seeds. :)
Preséntoche ao equipo de 3240 que está presente e detrás da escena. Se sumáramos a experiencia das e dos integrantes poderíamos chegar a acariñar as estrelas ou a empurrar o ceo. Faltaría poñer a foto de Nick pero vou reservar a sorpresa...
Para que che fagas unha idea da líña de trabajo que seguimos e do tipo de peza que podes obter se te convirtes nun anxo mecenas ofrézoche esta mostra da escenografía na que está a traballar José Ramón Bas, inspirada na trapecista de "O ceo sobre Berlín" (Wim Wenders, 1987). Cada vez que a vexo méteme ganas de cantar "From her to eternity"...
3240 viaxará pola acústica íntima e ecléctica de pianos, guitarras eléctricas, percusión e as voces dos protagonistas, creando espazos virtuais nun diálogo entre os instrumentos e o texto. Tempos lentos, cheos de reverberación, os ruidos dos vellos discos de vinilo e melodías sinxelas e oníricas, cancións a dúo, cunha clara influencia da música de Nick Cave & The Bad Seeds e un discurso post-rock para favorecer as atmósferas. Xa che deixarei escoltar algunha mostra máis adiante se te portas ben. ;) Polo de agora só che direi que Jesús Andrés Tejada segue baixo o meigallo de Nico Cuevas e as Malas Sementes avanzando con éxito na composición da banda sonora de 3240 e que mooola moito.
No cartaz do espectáculo, deseñado por María Corral de [TheCo.es] , xa se pode intuir de maneira sutil que Nick Cave estará presente na peza pero ata qué punto? Mira tamén a proposta de iluminación do noso Stagger Lee, Javier Quintana, para que vexas por onde van ir os tiros. Bang! Bang!
Para interaccionar co equipo, obter máis información sobre o proxecto e desfrutar das sorpresas que dirán... síguenos, así como xs fans seguen ás/os artistas ou eu sigo a Nick Cave e os Bad Seeds.
INSTAGRAM:
@lavukusic
@deuve.distribucion
43 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Deborah Vukusic
Autor/a
Si, a obra é en galego, Trilino. 😊
Trilino Fuertes Cachaldora
É en Galego a obra?
Israel Nava
¡Deseando verte en acción! Ahí va mi apoyo. Un abrazo enorme, como siempre.
Ligia
Os deseo mucho éxito!
Deborah Vukusic
Autor/a
15€ que aporta Carmen Francisco
Deborah Vukusic
Autor/a
10€ que aporta Mario Rodeiro
Deborah Vukusic
Autor/a
10€ que aporta la bella Susi Barros
Deborah Vukusic
Autor/a
Esta aportación de 100€ corresponde a Agustín Leirós (10), 15 (Carmela Suárez Cigarrán) 25 (Arturo Corratalá) y 50 (Milosrad) que hicieron bizum pero no lo activaron en la página. A ell@s, GRACIAS!!!❤️
Deborah Vukusic
Autor/a
Prezada SanMartín, grazas polo teu apoio. Viva a música, viva o teatro, viva Eugenia linda! ❤️
Eugenia Sanmartín
Vivaaaa Vukusic