❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Alleos

É unha banda deseñada que parte dun análise sobre a grave situación mundial. Varios traballadores en situacións críticas diferentes, tras o ERE da súa empresa, dan un xiro radical á sua vida apostando por crear unha forma de vivir totalmente diferente á que estaban afeitos.

Idoia de Luxán Vázquez

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
56
Aportaciones
1.578€
De 4.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Alleos é un cómic de creación propia que parte de análises sobre como está a funcionar o mundo e sobre o comportamento das masas sociais e dos diferentes individuos, segundo a crudeza das circunstancias.

Relata como varias persoas, en situacións críticas diferentes, dan un xiro radical á súa vida apostando por algo sorprendentemente diferente ao que estaban afeitos... Paralelamente xorde a historia dun cidadán encerrado no seu entorno cotián, cada vez máis superficial e antinatural. Un cómic de ciencia ficción cun estilo gráfico que fai énfase na expresividade.

Esta obra ten bastante en común co 15M e cos movementos sociais contra a "crise". Curiosamente, foi parida no 2009, previamente ao movemento. De feito, ao facer este proxecto, a autora viviu moitas experiencias emocionantes e novidosas, no proceso de documentación (voluntariado no Encontro da Rede Ibérica de Ecoaldeas, cursos de bioconstrucción, permacultura, finanzas éticas...). Realmente non é só un proxecto, senón unha experiencia vital de abrir as portas ao coñecemento dunha sociedade paralela, descoñecida para a maioría. De feito, o que moitos ven coma unha utopía, resulta ser real e estarse levando a cabo.

FORMATO

A4 a toda cor, 64 páxinas impresas con tintas vexetais en papel reciclado libre de cloro. Encadernación rústica ao fío.

VERKAMI

Verkami é a mellor opción para que este proxecto sexa coherente consigo mesmo. A mellor forma de presentalo era ofrecéndovolo directamente aos propios lectores e mecenas. Se sobran exemplares, serán vendidos directamente dende a páxina web da autora: www.idoiadeluxan.com

Os ingresos van destiñados únicamente á distribución e ao envío da obra. De chegar a uns ingresos superiores aos necesarios para editar a obra en galego, irán destiñados á súa edición nos outros idiomas da península. Procúrase unha edición ecolóxica, acorde co proxecto e coa ética da autora, de respeto á naturaleza como profesional de artes gráficas.

O proxecto xa está finalizado, só queda a edición e distribución do mesmo.

O tempo que se tarde en enviar as recompensas será o que leve imprimir os exemplares e realizar as diferentes ofrendas, así como o tempo de envío.

Este proyecto provocou un xiro na vida da autora. Quen sabe se o provocará nalguns dos lectores...

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Idoia de Luxán Vázquez

    Idoia de Luxán Vázquez
    Autor/a

    más de 11 años

    Bo día, Montse,

    Efectivamente, o prazo da páxina de Verkami xa rematou sen éxito, polo que xa non se chegan a cobrar as aportacións feitas e a páxina desaparecerá.

    Non obstante, decidín publicalo de descarga libre en pdf, estilo permacultura. Quen queira aportar algo, poderá aportar o que queira e se non ten un can, tampouco quedará sen ler a bd, xa que a poderá descargar gratis.

    Inda non puiden publicar o enlace, pero se me deas un correo, avísote tan pronto estea para que o poidas descargar, paréceche?

    Moitas grazas,

    Unha aperta

    Idoia

  • Montse Llorente

    Montse Llorente

    más de 11 años

    Boas, eu acabo de enterarme. Gustaríame facer unha aportación, pero vexo que xa rematou o prazo. O proxecto non sigue adiante? Saúdos

Volver a todas las actualizaciones

#01 / Alleos e a situación actual.

Actualmente é un bo momento para iniciar camiños semellantes aos das personaxes de Alleos. Vivimos nun momento no que a humildade, a boa convivencia, a cooperación e a solidaridare son cruciais para a mellora da nosa situación. Traballar por un presente e futuro alternativamente válidos da os seus froitos e é moi gratificante. Coñecedes a permacultura? e o troco ou os bancos de tempo? e as letras de cambio? e as ILPs e a dación en pago? recoméndovos investigar un pouco e sacar as vosas propias conclucións... feliz camiño!

1 comentario

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

  • Idoia de Luxán Vázquez

    Idoia de Luxán Vázquez
    Autor/a

    más de 11 años

    Xentiña, quedan 15 días e 2886€ para chegar ao obxectivo. Cada aportación suma e axuda a achegarse, animádevos, vai ser, seguramente, a única oportunidade que teñades de ter un exemplar impreso!! Moitas grazas

#02 / As personaxes de Alleos

As desmotivacións polo sistema que abrangue a vida urbana actual afectan a moitas persoas. Moverse en bici en cidades onde todo o mundo emprega o coche ata para percorrer dúas rúas, non sempre é ben visto por todos. Atopar alimentos sen tratamentos perigosos para a nosa saúde, sentirse satisfeito como profesional médico dentro dun mecanismo de saúde que se basea demasiado na industria farmacéutica ou coidar dos nosos familiares maiores, sen recursos, son algúns problemas, lamentablemente, comúns para moitas persoas. Tamén o son para as personaxes de Alleos.

Foi todo un reto, enfrentarse a un guión enfocado dende o punto de vista dun grupo social. Como o foi imaxinar as cidades do futuro e os seus habitantes, analizando por onde iban os tiros no 2009.

Canto poder ten unha soa persoa para facer reflexionar ás demais? canto hai de utopía nun caso coma ise e canto hai de utopía en continuar na situación tan crúa que vivimos? o veredes adentrándovos na trama da banda deseñada.

leer más

#01 / Alleos e a situación actual.

Actualmente é un bo momento para iniciar camiños semellantes aos das personaxes de Alleos. Vivimos nun momento no que a humildade, a boa convivencia, a cooperación e a solidaridare son cruciais para a mellora da nosa situación. Traballar por un presente e futuro alternativamente válidos da os seus froitos e é moi gratificante. Coñecedes a permacultura? e o troco ou os bancos de tempo? e as letras de cambio? e as ILPs e a dación en pago? recoméndovos investigar un pouco e sacar as vosas propias conclucións... feliz camiño!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies